Saltar ao contido

Octavio Paz

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaOctavio Paz

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento31 de marzo de 1914 Editar o valor en Wikidata
Cidade de México Editar o valor en Wikidata
Morte19 de abril de 1998 Editar o valor en Wikidata (84 anos)
Cidade de México Editar o valor en Wikidata
Embaixador de México na India
1962 – 1968 Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
RelixiónAteísmo Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade de California, Berkeley
Colegio Williams (en) Traducir
Universidade Nacional Autónoma de México Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoPoesía, ensaio, Literatura do México (pt) Traducir e Mexican poetry (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónpoeta, tradutor, ensaísta, escritor, filósofo, letrista, diplomático, político Editar o valor en Wikidata
EmpregadorUniversidade de París
Universidade de Cambridge Editar o valor en Wikidata
Membro de
Xénero artísticoPoesía Editar o valor en Wikidata
MovementoModernismo e Surrealismo Editar o valor en Wikidata
Familia
CónxuxeMarie José Tramini (1964–1998)
Elena Garro (1937–1959) Editar o valor en Wikidata
Premios

Descrito pola fonteObálky knih, Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm0668583 BNE: XX1076624 Dialnet: 156463 Musicbrainz: 96461d9f-366f-4ab5-a36e-67b6a5d92d8f Discogs: 1936004 Find a Grave: 18879 Editar o valor en Wikidata

Octavio Paz Lozano (Octavio Paz.ogg pronunciación ), nado en Cidade de México o 31 de marzo de 1914 e finado no mesmo lugar o 19 de abril de 1998, foi un poeta, ensaísta e diplomático mexicano. Foi un dos poetas máis importantes do século XX, comparable pola súa influencia en Hispanoamérica a Juan Ramón Jiménez, Vicente Huidobro, César Vallejo ou Pablo Neruda. En 1990, recibiu o Premio Nobel de Literatura.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Octavio Paz Lozano naceu no medio da Revolución mexicana. Criado en Mixcóac, unha poboación próxima (e que agora forma parte da Cidade de México) pola súa nai, Josefina Lozano, unha muller relixiosa, así como por unha tía e o seu avó paterno, Ireneo Paz, un soldado retirado das forzas de Porfirio Díaz, intelectual liberal e novelista. O seu pai, tamén chamado Octavio Paz, traballaba como escribán e avogado para Emiliano Zapata, e estivo involucrado na reforma agraria que seguiu á revolución, pero estas actividades provocaron que se ausentase durante longos períodos da casa.

Paz foi influenciado desde pequeno pola literatura a través do seu avó que cubría tanto a literatura clásica como o modernismo mexicano. Descubriu aos poetas europeos Gerardo Diego, Juan Ramón Jiménez e Antonio Machado durante a década de 1920, que influenciaron grandemente os seus escritos máis temperáns. Publicou o seu primeiro poema xa como adolescente en 1931 de nome *Caballera ao cal engadiulle unha epígrafe do poeta francés Saint-John Perse. Dous anos despois, á idade de 19 anos, Paz publicou Luna Silvestre, unha colección de poemas. Para 1939, Paz era considerado o máis novo e prometedor poeta.

En 1937, Paz terminou os seus estudos universitarios e viaxou ao Iucatán en busca de traballo nunha escola próxima a Mérida. Aí comezou a traballar no seu poema Entre la piedra y la flor (1941, revisado en 1976), o cal describe a situación e a fe do campesiño mexicano como resultado dunha sociedade capitalista.

En 1937, Paz visita España durante a guerra civil española, mostrando a súa solidariedade cos Republicanos, a súa ideoloxía política influíu na súa obra, outorgándolle unha visión preocupada, e ata angustiada, respecto das condicións de vida que se daban no seu país natal e en España. Ao seu regreso a México, participa como cofundador nunha revista literaria chamada Taller en 1938, e escribe nela ata 1941. En 1943 recibe a Bolsa Guggenheim e comeza os seus estudos na Universidade de California, Berkeley nos Estados Unidos de América, e dous anos despois comeza a servir como diplomático Mexicano, traballando en Francia ata 1962. Durante a súa estancia, en 1950, escribe e publica El laberinto de la soledad, un innovador estudo dos pensamentos e a identidade Mexicana.

En 1987 élle outorgado o I Premio Internacional Menéndez Pelayo. En 1990 recibiu o Premio Nobel de Literatura.

Experimentación e inconformismo poden ser dúas das palabras que mellor definen o seu labor poético, pero é un poeta difícil de clasificar. Ningunha das etiquetas adxudicadas polos críticos encaixa coa súa poesía: poeta comprometido, nos seus comezos; máis tarde, poeta existencial; e, en ocasións, poeta con tinguiduras do surrealismo. Ningunha etiqueta cádralle e ningunha sóbralle. En realidade, trátase dun poeta que non botou raíces en ningún movemento porque sempre estivo alerta ante os cambios que se ían producindo no campo da poesía e sempre estivo experimentando, de modo que a súa poesía acabou por converterse en algo moi persoal e orixinal. Ademais, trátase dun poeta de gran lirismo cuxos versos conteñen imaxes de gran beleza. Logo da preocupación social, presente nos seus primeiros libros, pasou a tratar temas de raíz existencial, como a soidade e a incomunicación. Unha das obsesións máis frecuentes nos seus poemas é o desexo de fuxir do tempo, o que o levou á creación dunha poesía espacial cuxos poemas foron bautizados polo propio autor co nome de "topoemas" (de topos + poema). Isto é o que significa poesía espacial: poesía oposta á típica poesía temporal e discursiva. Trátase dunha poesía intelectual e minoritaria, case metafísica na que ademais de signos lingüísticos inclúense signos visuais. Nos topoemas, igual que ocorría na poesía dos movementos de vangarda, dáselle importancia ao poder suxestivo e expresivo das imaxes plásticas. Non cabe dúbida de que na última poesía de Octavio Paz hai bastante esoterismo, pero, á marxe diso, toda a súa poesía anterior destaca polo seu lirismo e polo sentido máxico que o autor dá ás palabras.

Desilusionado do comunismo

[editar | editar a fonte]

Orixinalmente Paz mostrou solidariedade coa causa republicana na guerra civil española, pero, como confesou na serie televisiva Conversacións con Octavio Paz, ao decatarse do asasinato dun dos seus camaradas cometido polo propio bando iniciou un proceso de desilusión. Ao publicar a súa visión crítica sobre Stalin en marzo de 1951, rompeu cos seus amigos de esquerdas.

Posteriormente, nas súas revistas Plural e Volta, Paz denunciou as violacións dos dereitos humanos dos réximes comunistas. Isto tróuxolle moita animosidade de parte da esquerda latinoamericana e algúns estudantes universitarios. No prólogo do tomo IX das súas obras completas, publicado en 1993, Paz declara:

En México, antes, fora visto con sospeita e receo; desde entón, a desconfianza empezou a transformarse en inimizade máis e máis aberta e intensa. Pero naqueles días década dos 1950 eu non me imaxinaba que os vituperios ían acompañarme anos e anos, ata agora (páxina 44)

A animosidade dalgúns esquerdistas mexicanos cara á visión política de Paz persistiu ata a súa morte en 1998, e aínda despois.

Obra poética

[editar | editar a fonte]

Baixo o título El fuego de cada día o propio Paz recolle unha significativa selección da súa obra poética.

Obra ensaística

[editar | editar a fonte]

Traducións

[editar | editar a fonte]
  • Versiones y diversiones Paz reuniu as súas traducións poéticas.
  • Sendas de Oku, de Matsuo Basho (1957).
  • Antología de Fernando Pessoa (1984).

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]