Saltar ao contido

Rudolf Christoph Eucken

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaRudolf Christoph Eucken

Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(de) Rudolf Eucken Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento5 de xaneiro de 1846 Editar o valor en Wikidata
Aurich, Alemaña Editar o valor en Wikidata
Morte15 de setembro de 1926 Editar o valor en Wikidata (80 anos)
Jena, Alemaña Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaAurich Stadtfriedhof (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Rector of the University of Jena (en) Traducir
outubro de 1898 – abril de 1899
Rector of the University of Jena (en) Traducir
outubro de 1886 – abril de 1887
Rector of the University of Jena (en) Traducir
outubro de 1879 – abril de 1880 Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
EducaciónUniversidade de Gotinga
Universidade Humboldt de Berlín Editar o valor en Wikidata
Director de teseFriedrich Adolf Trendelenburg (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoFilosofía Editar o valor en Wikidata
Lugar de traballo Jena Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónfilósofo, profesor universitario, escritor, prosista Editar o valor en Wikidata
EmpregadorUniversidade de Jena
Universidade Harvard
Universidade de Basilea Editar o valor en Wikidata
Membro de
AlumnosMaria Bezobrazova (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Obra
DoutorandoMaria Bezobrazova (en) Traducir, Walter Mechler (en) Traducir, Adolf Meyer (en) Traducir e Eberhard Boerma (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Familia
CónxuxeIrene Eucken Editar o valor en Wikidata
FillosWalter Eucken Editar o valor en Wikidata
Premios
Sinatura Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteNordisk familjebok
Pequeno Dicionario Enciclopédico de Brockhaus e Efron
Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron Editar o valor en Wikidata
BNE: XX1182406 Discogs: 2816694 WikiTree: Eucken-1 Find a Grave: 171869108 Editar o valor en Wikidata

Rudolf Christoph Eucken, nado en Aurich o 5 de xaneiro de 1846 e finado en Jena o 15 de setembro de 1926, foi un filósofo alemán, premio Nobel de Literatura en 1908.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Estudou nas universidades de Gotinga e Berlín. Logo de traballar cinco anos como mestre nunha escola, en 1871 foi nomeado profesor de filosofía da Universidade de Basilea (Suíza), onde permaneceu ata 1874, ano en que foi nomeado profesor da Universidade de Jena (Alemaña), lugar no que permanecería ata a súa xubilación en 1920. En 1911 explicou filosofía en Inglaterra e entre 1912 e 1913 na Universidade Harvard.[Cómpre referencia]

Na súa doutrina mostrouse idealista: a alma do seu sistema foi a vida espiritual, cuxa manifestación absoluta é Dívos. O individuo alcanza a vida espiritual polo vencemento das forzas opoñentes do mal e revive o pasado no presente, tomando libremente daquel todo o que pode serlle útil na loita. Eucken chamou «activismo ético» a esta vida espiritual activa, non contemplativa.

Xunto con William James, Henri Bergson e outros pensadores do seu tempo, declarou a guerra ao «intelectualismo». A súa filosofía foi unha interpretación da vida como un todo, en que a relixión desempeña un papel predominante, aínda que nunca menosprezou o traballo intelectual e lóxico.

Foi un escritor prolífico. Entre as súas obras máis coñecidas atópanse:

  • Die Methode der Aristotelischen Forschung (1872) (O método da investigación aristotélica)
  • Die Lebensanschauungen der grosser Denker (1890) (O problema da vida humana visto polos grandes pensadores)
  • Der Kampf um einen geistigen Lebensinhalt (1896) (Loita polo contido espiritual da vida)
  • Der Wahrheitsgehalt der Religion (1901) (A verdade da relixión)
  • Grundlinien einer neuen Lebensanschauung (1907) (Liñas fundamentais dunha nova concepción da vida)
  • Der Sinn und Wert des Lebens (1908) (Sentido e valor da vida)
  • Geistesleben (1909) (A vida do espírito)
  • Können wir noch Christen sein? (1911) (Podemos ser cristiáns aínda?).
  • Present Day Ethics in their Relation to the Spiritual Life (1913) (A ética actual en relación coa vida espiritual)
  • Der Sozialismus und seine Lebensgestaltung (1920) (Socialismo: unha análise)