Bibliotheca Alexandrina
Bibliotheca Alexandrina | |
---|---|
Tipo | biblioteca nacional, edifício de biblioteca, museo de literatura e centro cultural |
Data de fundación | 16 de outubro de 2002 |
Director/a | Ismail Serageldin |
Localización | |
Enderezo | Al Azaritah WA Ash Shatebi |
En | Alexandría |
País | Exipto |
31°12′32″N 29°54′33″L / 31.208888888889, 29.909166666667 | |
Na rede | |
https://www.bibalex.org/ e https://www.bibalex.org/en/ | |
[ editar datos en Wikidata ] |
A Bibliotheca Alexandrina (en árabe: مكتبة الإسكندر; Maktabat al-Iskandarīyah) é unha gran biblioteca e centro cultural da cidade exipcia de Alexandría. A biblioteca foi fundada como un conmemoración e lembranza da antiga Biblioteca de Alexandría, e é tamén un intento de recuperar a antiga gloria da cidade como centro de estudo e erudición.
Historia
[editar | editar a fonte]No ano 1987 xurdiu un ambicioso proxecto cultural: construír unha nova biblioteca —a Bibliotheca Alexandrina— na cidade de Alexandría para recuperar así un enclave mítico da Antigüidade, patrimonio da Humanidade. Isto ocorría uns 1.600 anos despois da desaparición definitiva daquelas grandes coleccións do saber. Para levar a cabo semellante proxecto uníronse os esforzos económicos de diversos países europeos, americanos e árabes, máis o goberno de Exipto e a UNESCO. O orzamento naquel ano foi de 230 millóns de dólares. As obras comezaron o día 15 de maio de 1995 e remataron o 31 de decembro de 1996. Á súa inauguración acudiron tres raíñas: a de España, a de Suecia e a de Xordania, ademais dalgúns xefes de Estado.[1]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Bibliotheca Alexandrina Arquivado 11 de marzo de 2008 en Wayback Machine. (en inglés).
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Páxina web oficial da Bibliotheca Alexandrina Arquivado 11 de marzo de 2008 en Wayback Machine.
- Arquivo web da Bibliotheca Alexandrina (en inglés)
- Colección de fotografías do complexo (en inglés)