Karl Ziegler
Karl Waldemar Ziegler, nado o 26 de novembro de 1898 en Helsa (preto de Kassel) e finado o 11 de agosto de 1973 en Mülheim an der Ruhr, foi un químico e profesor universitario alemán galardoado co Premio Nobel de Química do ano 1963.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Estudou química e doutorouse en 1923 na Universidade de Marburg. Traballou como profesor universitario en Frankfurt e en Heidelberg, ata que en 1943 foi nomeado director de Investigacións sobre o carbono no prestixioso Instituto Max Planck, situado na cidade de Mülheim.
Tamén foi profesor no instituto RWTH de Aachen.
Investigacións científicas
[editar | editar a fonte]Iniciou as súas investigacións estudando as reaccións entre os compostos organometálicos, especialmente do litio, e o butadieno, e máis tarde descubriu que os compostos de aluminio comportábanse de xeito análogo co etileno. O resultado desta investigación previa foi a fabricación en 1953 de polietileno mediante un procedemento de baixa presión, segundo o cal o etileno forma longas cadeas de adición co catalizador de aluminio.
Ziegler gañou o premio Nobel de química en 1963 compartíndoo co italiano Giulio Natta, polos seus traballos na tecnoloxía dos polímeros de alta masa molecular.
Tamén traballou na química dos radicais químicos con carbono trivalente e na síntese de compostos policíclicos como a cantaridina.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Karl Ziegler ![]() |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Páxina web do Instituto Nobel, Premio Nobel de Química 1963 (en inglés)
- Biografía na páxina do Instituto Nobel 1963 (en inglés)
Predecesor: John Cowdery Kendrew e Max Ferdinand Perutz |
Premio Nobel de Química![]() 1963 compartido con Giulio Natta |
Sucesor: Dorothy Crowfoot |
- Premio Nobel de Química
- Químicos de Alemaña
- Nados en 1898
- Finados en 1973
- Nados en Hessen
- Alumnos da Universidade de Marburgo
- Profesores da Universidade de Marburgo
- Profesores da Universidade de Frankfurt
- Profesores da Universidade de Heidelberg
- Profesores da Universidade de Halle-Wittenberg
- Doutores honoris causa pola Universidade de Hannover
- Doutores honoris causa pola Universidade de Giessen
- Doutores honoris causa pola Universidade de Heidelberg
- Doutores honoris causa pola Universidade Técnica de Darmstadt
- Premios Nobel de Alemaña