Saltar ao contido

Walther Hermann Nernst

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaWalther Hermann Nernst

Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(de) Walther Nernst Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento25 de xuño de 1864 Editar o valor en Wikidata
Wąbrzeźno, Polonia (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Morte18 de novembro de 1941 Editar o valor en Wikidata (77 anos)
Bad Muskau (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaCemiterio municipal de Gotinga Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade de Würzburg (1886–)
Universidade de Graz (1886–)
Universidade Humboldt de Berlín (1885–)
Universidade de Zürich (1883–)
Universidade de Leipzig Editar o valor en Wikidata
Director de teseFriedrich Kohlrausch (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoFisicoquímica Editar o valor en Wikidata
Lugar de traballo Zürich
Heidelberg
Gotinga
Leipzig
Berlín
Graz
Múnic Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónquímico, físico, profesor universitario Editar o valor en Wikidata
EmpregadorUniversidade de Gotinga
Universidade Humboldt de Berlín
Physikalisch-Technische Bundesanstalt (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Membro de
Participou en
19111st Solvay Conference on Physics (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Obra
DoutorandoFrancis Simon (pt) Traducir, Karl Friedrich Bonhoeffer (pt) Traducir, Arnold Eucken (pt) Traducir, Fritz Lange (pt) Traducir, Robert von Lieben (mul) Traducir, Irving Langmuir, William Duane (pt) Traducir, Max Speter (en) Traducir, Kurt Wohl (en) Traducir, Hans Schimank (pt) Traducir, Hermann Schottky (en) Traducir, John Eggert (pt) Traducir, Friedrich Dolezalek (pt) Traducir e Frederick Lindemann (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Familia
CónxuxeEmma Lohmeyer Editar o valor en Wikidata
Premios

Descrito pola fonteNordisk familjebok
Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron
New Encyclopedic Dictionary (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Páxina webnernst.de Editar o valor en Wikidata
WikiTree: Nernst-1 Find a Grave: 37063044 Editar o valor en Wikidata

Walther Hermann Nernst, nado en Briesen, (Prusia, hoxe Wąbrzeźno) o 25 de xuño de 1864 e finado en Ober-Zibelle (Alemaña) o 18 de novembro de 1941, foi un físico e químico alemán, Premio Nobel de Química en 1920.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Nado na Prusia occidental, considerábase alemán, aínda que de nai polaca.

Estudou nas universidades de Zürich, Berlín, Graz e Würzburg. Tras traballar algún tempo en Leipzig, desde 1891 exerceu como profesor de física na Universidade de Gotinga, onde, en 1895, fundou o Instituto de Química, Física e Electroquímica.

Posteriormente, en 1905 trasladouse á Universidade Humboldt de Berlín como profesor e director do Instituto de Química Física. En 1922 foi nomeado presidente do Instituto Fisicotécnico de Berlín-Charlottenburg, cargo que deixou en 1933. Desde entón dedicouse ao estudo da electroacústica e astrofísica.

Casou con Emma Lohmeyer en 1892 con quen tivo dous fillos e tres fillas.[1]

Investigacións científicas

[editar | editar a fonte]
Segunda Congreso Solvay (1913), conferencias promovidas por Nernst e Max Planck. Podemos ver a Nernst, situado o primeiro pola esquerda da primeira fila, sentado á beira de Ernest Rutherford

Os seus traballos axudaron a establecer a moderna físico-química. Traballou nos campos da electroquímica, termodinámica, química do estado sólido e fotoquímica. Os seus descubrimentos inclúen a ecuación de Nernst.

Desenvolveu o chamado "teorema da calor", segundo o cal a entropía dunha materia tende a anularse cando a súa temperatura aproxímase ao cero absoluto, e que constitúe a Terceira Lei da Termodinámica. Recibiu o premio Nobel de Química, premio que foi anunciado o 10 de novembro de 1921 e entregado aquel mesmo ano.

Desenvolveu tamén unha teoría osmótica para explicar e determinar o potencial dos eléctrodos dunha pila de concentración e formulou a lei de distribución dunha materia entre dúas fases dadas.

Inventou a chamada lámpada de Nernst, cuxo filamento (constituído por óxidos de circonio e itrio) faise condutor ao quentarse, podendo alcanzar temperaturas superiores en máis de 1000 °C ás doutras lámpadas, máis eficaz que as antigas lámpadas de arco de carbón e que adoita empregarse como fonte de raios infravermellos.

A partir de 1933 dedicouse ao estudo da electroacústica e a astrofísica, inventou unha microbalanza, así como un piano eléctrico en colaboración coas compañías Bechstein e Siemens, e no que utilizou amplificadores de radio.

Recoñecementos

[editar | editar a fonte]

Na súa honra bautizouse ao asteroide (24748) Nernst descuberto o 26 de setembro de 1992 por Freimut Börngen e Ludtz D. Schmadel.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]
Predecesor:
Fritz Haber
Premio Nobel de Química

1920
Sucesor:
Frederick Soddy