Aquisgrán
Aachen (de) ![]() | |||||
Himno | Urbs Aquensis (1165) ![]() | ||||
---|---|---|---|---|---|
Localización | |||||
| |||||
Estado | Alemaña | ||||
Estado federado | Renania do Norte-Westfalia - Nordrhein-Westfalen | ||||
Rexión administrativa | Colónia (pt) ![]() | ||||
Asociación especial | Aachen cities region (en) ![]() ![]() | ||||
Capital de | |||||
Contén a división administrativa | |||||
Poboación | |||||
Poboación | 252.769 (2023) ![]() | ||||
Xeografía | |||||
Parte de | |||||
Superficie | 160,85 km² ![]() | ||||
Bañado por | Wurm ![]() | ||||
Altitude | 173 m-410 m-125 m ![]() | ||||
Comparte fronteira con | Herzogenrath Vaals (pt) ![]() Plombières (pt) ![]() Gulpen-Wittem (pt) ![]() Simpelveld (pt) ![]() Heerlen (pt) ![]() Kelmis Roetgen Würselen Raeren (pt) ![]() Eschweiler Stolberg Kerkrade (pt) ![]() ![]() | ||||
Datos históricos | |||||
Evento clave
| |||||
Santo padrón | Asunción de María ![]() | ||||
Organización política | |||||
• Oberbürgermeister (pt) ![]() ![]() | Sibylle Keupen (pt) ![]() ![]() | ||||
Membro de | Euregio Meuse-Rhine (en) ![]() Städtetag Nordrhein-Westfalen (pt) ![]() Q131586184 ![]() Landschaftsverband Rheinland (en) ![]() Alcaldes pola Paz (1986–) Climate Alliance of European cities with indigenous rainforest peoples (1991–) association for pedestrian and bicycle-friendly cities, townships and districts in North Rhine Westphalia (en) ![]() ![]() | ||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 52062, 52063, 52064, 52065, 52066, 52067, 52068, 52069, 52070, 52071, 52072, 52073, 52074, 52075, 52076, 52077, 52078, 52079 e 52080 ![]() | ||||
Fuso horario | |||||
Prefixo telefónico | 0241, 02403, 02405, 02407 e 02408 ![]() | ||||
Código NUTS | DEA21 ![]() | ||||
Clave de rexión en Alemaña | 053340002002 ![]() | ||||
Número de municipio alemán | 05334002 ![]() | ||||
Outro | |||||
Irmandado con | Liexa (1955–) Montebourg (1960–) Reims (1967–) Halifax (1979–) Toledo (1985–) Ningbo (1986–) Naumburg (Saale) (1988–) Condado de Arlington (1993–) Cidade do Cabo (2000–) Sarıyer (2013–) Cidade do Cabo (2017–) ![]() | ||||
Sitio web | aachen.de ![]() | ||||
![]() ![]() ![]() ![]() |
Aquisgrán[1] (en alemán: Aachen, [ˈʔaːxən] (AFI), escoitar, en fráncico ripuario: Oche, en francés: Aix-la-Chapelle, [ɛkslaʃapɛl] (AFI)) é unha cidade alemá do Land de Renania do Norte-Westfalia localizada xunto á fronteira con Bélxica e os Países Baixos, a 65 km de Colonia, constitúe a cidade máis ao oeste de Alemaña, e levántase a 191 metros sobre o nivel do mar, aínda que o seu punto máis alto é de 410. A poboación é de 260.454 (2011)
Historia
[editar | editar a fonte]Os romanos chamaron ás fontes termais sulfurosas da zona Aquis Granum , e canalizáronas para utilizalas como caldas. Tras a marcha dos romanos estiveron abandonadas ata o século VIII, aparecendo entón co nome de Aquis Villa. No ano 768, Carlomagno chegou a Aquisgrán pola primeira vez, gustoulle a zona e vinte anos despois comezou a construír un palacio, a súa capela palatina vaise converter na catedral de Aquisgrán que comezou a construírse no ano 796 e Carlomagno pasou a maioría dos invernos que van do ano 800 ata a súa morte acontecida en 814 en Aquisgrán para utilizar as caldas. Á súa morte soterrouse na capela.
No ano 936, coroaron a Odón I rei na catedral e desde entón Aquisgrán foi o lugar de coroamento dos reis do Sacro Imperio Xermánico durante os seguintes 600 anos, o último foi Fernando I en 1531. Durante toda a Idade Media Aquisgrán foi unha das cidades máis grandes do Imperio, en 1166 declarárona Cidade Libre Imperial separada do Ducado de Baixa Lorena. En 1668 asinouse o Tratado de Aquisgrán logo da Guerra de Devolución. Despois da Guerra dos Trinta Anos permaneceu tan só como unha cidade de importancia rexional. En 1801 pasou a ser anexionada por Francia pero o Congreso de Viena de 1815 asignouna a Prusia. Cara a 1880 a súa poboación era de 80.000 persoas e era un importante nó de comunicacións ferroviarias, converténdose nun núcleo manufactureiro onde se fabricaba ferro para os ferrocarrís e fibelas, botóns e agullas, destacando ademais en tabaco, e en tecidos de la e seda. Durante a segunda guerra mundial quedou moi danada, destruíndo os bombardeos dous terzos da cidade e foi, o 21 de outubro de 1944, a primeira cidade alemá ocupada polas tropas aliadas.
Economía
[editar | editar a fonte]Aquisgrán conta con plantas industriais, en especial téxtiles, siderúrxicas e químicas pero recentemente tamén se estableceron empresas tecnolóxicas so o pulo da Universidade Técnica de Aquisgrán, situándose nunha das rexións economicamente máis vigorosas da Unión Europea.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Forma empregada na Enciclopedia Galega Universal.