Hideki Shirakawa
Nome orixinal | (ja) 白川 英樹 |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 20 de agosto de 1936 (88 anos) Toquio, Xapón |
Residencia | Manchukuo (–1944) Takayama (1940, 1944–década de 1950) Taiwan sob domínio japonês (pt) (1939–1940) Prefectura de Toquio |
Educación | Tokyo Institute of Technology (pt) Universidade de Pensilvania |
Director de tese | Shū Kanbara (en) |
Actividade | |
Campo de traballo | Química |
Ocupación | químico, catedrático, enxeñeiro, académico |
Empregador | University of Tsukuba (en) |
Membro de | |
Influencias | |
Familia | |
Parentes | Naoko Takahashi |
Premios | |
|
Hideki Shirakawa (白川英樹?), nado o 20 de agosto de 1936 en Toquio, Xapón, é un químico e profesor universitario xaponés galardoado co Premio Nobel de Química do ano 2000.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Doutor en Química polo Instituto Tecnolóxico de Toquio en 1966. Ese mesmo ano ocupou a praza de profesor asociado no Instituto de Ciencias dos Materiais na Universidade de Tsukuba (Xapón). Desde 1982 é profesor numerario desa mesma institución, aínda que actualmente coa cátedra de profesor emérito.
Ademais, é parente de Naoko Takahashi, a gañadora do ouro do maratón feminino dos Xogos Olímpicos de Sidney 2000.
Investigacións científicas
[editar | editar a fonte]As súas investigacións no campo dos polímeros, especialmente do acetileno, leváronlle ao descubrimento, cando ocupaba a praza de investigador asociado no laboratorio de Química do Instituto Tecnolóxico de Tokio, das propiedades condutoras deste material ao ser contaminado con trazas doutras substancias.
Os descubrimentos de Shirakawa interesaron ao químico neozelandés Alan MacDiarmid e ao físico estadounidense Alan J. Heeger, cos que iniciou unha frutífera relación científica e investigadora que deu como resultado a publicación conxunta do artigo Síntese de polímeros orgánicos condutores da electricidade: derivados halógenos do poliacetileno (CH) n, no prestixioso Journal of Chemical Society no verán de 1977, no cal anunciaban o descubrimento do poliacetileno.
En 2000 recibiu o premio Nobel de Química, galardón que compartiu cos seus compañeiros de investigación Alan J. Heeger e Alan G. MacDiarmid, polo descubrimento e desenvolvemento dos polímeros condutores.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Páxina do Instituto Nobel, Premio Nobel de Química 2000 (en inglés)
- Autobiografía na páxina do Instituto Nobel 2000 (en inglés)
- Perfil de Hideki Shirakawa en NNDB (en inglés)
Predecesor: Ahmed H. Zewail |
Premio Nobel de Química 2000 con Alan J. Heeger e Alan MacDiarmid |
Sucesor: William Standish Knowles, Ryoji Noyori e K. Barry Sharpless |