Saltar ao contido

Ernest Lawrence

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaErnest Lawrence

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(en) Ernest Orlando Lawrence Editar o valor en Wikidata
8 de agosto de 1901 Editar o valor en Wikidata
Canton, Estados Unidos de América (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Morte27 de agosto de 1958 Editar o valor en Wikidata (57 anos)
Palo Alto (Estados Unidos de América) Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaChapel of Memories Columbarium and Mausoleum (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
ResidenciaBerkeley
Estados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade Yale
Universidade da Dakota do Sul (pt) Traducir
St. Olaf College (pt) Traducir
Universidade de Minnesota (pt) Traducir
Universidade de Chicago
Augustana Academy (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Director de teseWilliam Francis Gray Swann Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoFísica Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónfísico, científico nuclear, profesor universitario Editar o valor en Wikidata
EmpregadorUniversidade de California, Berkeley Editar o valor en Wikidata
Membro de
Participou en
1939Proxecto Manhattan Editar o valor en Wikidata
Obra
DoutorandoEdward J. Lofgren (pt) Traducir, Milton Stanley Livingston, Chien-Shiung Wu, Robert Rathbun Wilson (pt) Traducir, Kenneth Ross MacKenzie (pt) Traducir, David H. Sloan (en) Traducir, John Reginald Richardson (en) Traducir e Milton G. White (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Familia
CónxuxeMary K. Blumer Editar o valor en Wikidata
IrmánsJohn H. Lawrence Editar o valor en Wikidata
Premios
Sinatura Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteGrande Enciclopedia Soviética 1969-1978, (sec:Лоуренс Эрнест Орландо)
Enciclopedia soviética armenia
Obálky knih, Editar o valor en Wikidata
Musicbrainz: e3158070-93e4-4f62-8f78-ea1d5eb3eccd WikiTree: Lawrence-12045 Find a Grave: 2218 Editar o valor en Wikidata

Ernest Orlando Lawrence, nado en Canton (Dacota do Sur) o 8 de agosto de 1901 e finado en Palo Alto (California) o 27 de agosto de 1958, foi un físico estadounidense laureado co Premio Nobel de Física e coñecido sobre todo pola invención, utilización e mellora do ciclotrón, e polo seu traballo posterior en separación de isótopos de uranio no Proxecto Manhattan. Estivo ligado durante moito tempo coa Universidade de California, onde impartía clases de física. En 1939, outorgouse o Premio Nobel Lawrence polo seu traballo no ciclotrón. O elemento químico número 103 recibe o nome de "laurencio" na súa honra.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Lawrence asistiu a clases no St. Olaf College de Minnesota, pero foi transferido á Universidade de Dacota do Sur tras o primeiro ano. Conseguiu o título de bacharelato en 1922. Recibiu a súa tese doutoral en física pola Universidade Yale en 1925. Permaneceu en Yale como profesor dando clases de efecto fotoeléctrico, pasando a ser profesor asistente en 1927.

De esquerda a dereita, Robert Oppenheimer, Enrico Fermi e Ernest Lawrence.

En 1928 foi nomeado profesor asociado de física na Universidade de California e dous anos máis tarde conseguiu unha praza de profesor, o máis novo de Berkeley. Alí recibiu o sobrenome de "Atom Smasher" (destrozador de átomos); o home que "tiña a clave" da enerxía atómica. "Quería facer 'física grande', o tipo de traballo que só podes facer a grande escala con moita xente involucrada" dixo Herbert York, o primeiro director do laboratorio Lawrence Livermore, como se di na páxina oficial do laboratorio.

A invención que lle reportou fama mundial partiu dun esbozo nun anaco de papel. Mentres estaba sentado na biblioteca unha tarde, Lawrence ollou un artigo e quedou intrigado ao ver un dos diagramas. A idea era producir as partículas de moi alta enerxía necesarias para a desintegración atómica mediante unha sucesión de "empuxóns" pequenos. Lawrence díxolles aos seus colegas que atopara un método para obter partículas de moi alta enerxía sen necesitar altas voltaxes.

Diagrama dunha operación de ciclotrón de Lawrence

O primeiro modelo de ciclotrón estaba feito de arame e cera, e probablemente custaba menos de 25$ en total. E funcionou: cando Lawrence aplicou 2.000 voltios de electricidade ao seu ciclotrón artesanal obtivo proxectís de 80.000 voltios. Mediante máquinas cada vez maiores, Lawrence foi capaz de proporcionar o equipamento necesario para os experimentos de física de altas enerxías. Ao redor deste dispositivo, Lawrence construíu o seu laboratorio de radiación, que sería un dos laboratorios máis avanzados no tocante á investigación en física. Recibiu a patente do ciclotrón en 1934, que concedeu á Research Corporation. En 1936 pasou a ser director do laboratorio de radiación da universidade, cargo que exercería ata a súa morte.

En novembro de 1939 Lawrence gañou o Premio Nobel de Física polo seu traballo no ciclotrón e as súas aplicacións. A cerimonia celebrouse en Berkeley (California) debido á segunda guerra mundial. Lawrence recibiu a súa medalla do Cónsul Xeral de Suecia en San Francisco.

Plantas de calutron xigantes desenvolvidas no laboratorio de Lawrence que se usaron no Oak Ridge National Laboratory durante a segunda guerra mundial para purificar uranio para o seu uso na primeira bomba atómica.

Durante a segunda guerra mundial, Lawrence axudou en gran medida nas investigacións estadounidenses das armas nucleares. O seu laboratorio sería un dos centros principais para a investigación de armamento nuclear, e sería Lawrence o que introduciu a Robert Oppenheimer no Proxecto Manhattan.

Tras a guerra, Lawrence fixo campañas a favor das subvencións estatais aos grandes proxectos científicos. Lawrence era un forte defensor da "Gran ciencia", que necesita de grandes máquinas e moito diñeiro.

En xullo de 1958, o Presidente Eisenhower enviou a Lawrence a Xenebra para negociar a suspensión das probas nucleares coa Unión Soviética. Lawrence enfermaría en Xenebra, e foi obrigado a volver a Berkeley. Falecería un mes máis tarde en Palo Alto, California.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]