Clinton Davisson
Nome orixinal | (en) Clinton Joseph Davisson |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 22 de outubro de 1881 Bloomington, Estados Unidos de América (pt) |
Morte | 1 de febreiro de 1958 (76 anos) Charlottesville, Estados Unidos de América |
Educación | Universidade de Chicago Universidade de Princeton - Doutor en filosofía Bloomington High School (en) |
Director de tese | Owen Willans Richardson |
Actividade | |
Campo de traballo | Física |
Ocupación | físico, profesor universitario |
Empregador | Universidade de Princeton Universidade de Virxinia |
Membro de | |
Profesores | Owen Willans Richardson |
Obra | |
Doutorando | Lester Germer (pt) |
Familia | |
Cónxuxe | Charlotte Davisson |
Premios | |
Descrito pola fonte | Grande Enciclopedia Soviética 1969-1978, (sec:Дэвиссон Клинтон Джозеф) Enciclopedia soviética armenia, volume 3, (p.354) Physicists: Biographical Dictionary (en) , (p.108) |
Clinton Joseph Davisson, nado en Bloomington (Illinois) o 22 de outubro de 1881 e finado en Charlottesville o 1 de febreiro de 1958, foi un físico estadounidense, gañador do Premio Nobel de Física en 1937 xunto a George Paget Thomson.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]En 1902 graduouse na escola secundaria de Bloomington, e entrou, grazas a unha bolsa na Universidade de Chicago. Grazas á recomendación de Robert A. Millikan, en 1905 Davisson foi contratado na Universidade de Princeton como profesor de física. En 1908 obtivo o seu Bachelor of Sciences no cal traballou principalmente durante os veráns, xa que durante o resto do ano traballaba en Princetown. Mentres traballaba como mestre nesa mesma universidade, fixo a súa tese doutoral con Owen Richardson. En 1911 obtivo o seu doutoramento en física pola universidade de Princeton; o mesmo ano no que casou con Charlotte, irmá de Richardson coa que tivo catro fillos.
É coñecido polas investigacións que levou a cabo nos campos da electricidade, o magnetismo e a enerxía radiante.
De 1916 a 1946 traballou no departamento técnico de Telephone Bell Laboratories. En 1927, en colaboración con Lester Halbert Germer, descubriu a difracción dos electróns polos corpos cristalinos, o que serviu para confirmar experimentalmente as teorías da mecánica ondulatoria.
Por estes traballos foi galardoado en 1937 co premio Nobel de Física, compartido con George Paget Thomson.