Adam Riess
(2011) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 16 de decembro de 1969 (54 anos) Washington, D.C., Estados Unidos de América |
Educación | Universidade Harvard Universidade de California, Berkeley Instituto de Tecnoloxía de Massachusetts Watchung Hills Regional High School (en) |
Director de tese | Robert Kirshner (pt) e William H. Press (pt) |
Actividade | |
Campo de traballo | Astrofísica |
Ocupación | astrónomo, físico, catedrático, astrofísico |
Empregador | Universidade Johns Hopkins Universidade de California, Berkeley Space Telescope Science Institute (pt) |
Membro de | |
Familia | |
Irmáns | Gail Saltz |
Premios | |
| |
Adam Riess, nado en Washington, D.C. en decembro de 1969, é un astrofísico estadounidense, coñecido polas súas investigacións en cosmoloxía a través do estudo das supernovas. Membro da Universidade Johns Hopkins e do Instituto de Ciencias do Telescopio Espacial (Space Telescope Science Institute). Riess é Premio Nobel de Física 2011 xunto con Saul Perlmutter e Brian Schmidt polos seus traballos que demostran a aceleración da expansión do universo. Tamén en 2006 foi galardoado co premio Shaw de astronomía por esta mesma causa.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Riess graduouse no Instituto de Tecnoloxía de Massachusetts en 1992. Doutorouse en Física pola Universidade Harvard en 1996 e a súa tese foi supervisada por Robert Kirshner e presentou os resultados nas medidas de ó redor dunha vintena de estrelas supernova clase Ia situadas no universo profundo, realizando un método para calcular distancias, así como a súa calibración, desa forma, axudou a corrixir a extinción lumínica como consecuencia da densidade de po estelar, medindo inhomoxeneidades no tecido cosmolóxico e en consecuencia chegou á conclusión de que o universo en expansión está a ser acelerado desde hai polo menos dez mil millóns de anos.
Traballos de investigación
[editar | editar a fonte]Riess foi bolseiro Miller na Universidade de California (Berkeley) antes de ingresar no Instituto de Ciencias do Telescopio Espacial (Space Telescope Science Institute) en 1999. Chegando en 2005 á súa posición actual na Universidade Johns Hopkins.
Riess iniciou as súas investigacións en 1998 no equipo de investigación High-Z Supernova onde achegou evidencias de que a expansión do universo estase a acelerar, corroborado posteriormente polo proxecto Supernova de Cosmoloxía (Supernovae Cosmology Proyect) liderado por Perlmutter.
Riess liderou o equipo de investigación antes mencionado para traballar co telescopio espacial Hubble para obter datos dunha vintena das supernovas máis distantes.
O seu equipo indagou até profundidades de máis de 10 000 millóns de anos-luz. O obxectivo foi atopar e detectar nunha fase temperá algún decaemento na expansión cósmica a través da observación de estrelas supernovas distantes para comparar os seus brillos relativos e a extinción do brillo destas. Desta forma confírmase a interpretación do modelo teórico sobre a existencia de enerxía e materia escura.
Premios e distincións
[editar | editar a fonte]- 1999 - Galardón Trumpler da Sociedade Astronómica do Pacífico.
- 2001 - Premio Bok da Universidade Harvard.
- 2003 - Premio Helen B. Warnet da Sociedade Astronómica Americana.
- 2004 - Premio Sackler de Raymond e Beverly polo descubrimento da aceleración cósmica.
- 2006 - Premio Shaw de Astronomía (dotado con 1 millón $ -USD-) e compartido con Saul Perlmutter e Brian P. Schmidt pola súa contribución ó descubrimento da aceleración cósmica, o mesmo equipo que obtivo o premio Nobel de Física 2011.[1]
- 2008 Mención como "Xenio" do Premio MacArthur.
- 2009 Elixido para a Academia Nacional de Ciencias dos Estados Unidos.[2]
Schmidt e todos os membros do equipo High-Z (definidos como co-autores dos traballos de Riess en 1998) compartiron o Premio Gruber 2007 en Cosmoloxía dotado con medio millón de dólares norteamericanos, xunto co equipo de investigación Proxecto Supernova Cosmoloxía (o equipo definido como co-autores de Perlmutter en 1999) polos seus descubrimentos na aceleración da expansión do universo.
- 2011 - Foi mencionado para obter a Medalla Albert Einstein xunto con Saul Perlmutter
Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Dark Energy Co-Discoverer Adam Riess Shares Shaw Prize in Astronomy for 2006 (en inglés).
- Nobel Prize in Physics 2011 Announcement (en inglés).
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Adam Riess |