Saltar ao contido

Leon Lederman

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaLeon Lederman

Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(en) Leon Max Lederman Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento15 de xullo de 1922 Editar o valor en Wikidata
Nova York, Estados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
Morte3 de outubro de 2018 Editar o valor en Wikidata (96 anos)
Rexburg, Estados Unidos de América (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Causa da mortedemencia Editar o valor en Wikidata
RelixiónAgnosticismo Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade Columbia - física (–1951)
City College de Nova York
James Monroe High School (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Director de teseEugene Booth (pt) Traducir e Gilberto Bernardini (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoFísica Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónfísico de partículas, profesor universitario, físico Editar o valor en Wikidata
EmpregadorUniversidade de Chicago
Instituto de Tecnologia de Illinois (pt) Traducir
Universidade Columbia
Fermilab Editar o valor en Wikidata
Membro de
Carreira militar
Rama militarExército dos Estados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
Conflitosegunda guerra mundial Editar o valor en Wikidata
Deportexadrez Editar o valor en Wikidata
Obra
DoutorandoThomas W. L. Sanford (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Familia
FillosRena Lederman Editar o valor en Wikidata
Premios

Descrito pola fonteLeon Lederman, 96, Explorer (and Explainer) of the Subatomic World, Dies (en) Traducir
Physicists: Biographical Dictionary (en) Traducir, (p.159) Editar o valor en Wikidata
BNE: XX885076 WikiTree: Lederman-58 Find a Grave: 193714690 Editar o valor en Wikidata

Leon Max Lederman, nado en Nova York, EUA o 15 de xullo de 1922 e finado o 3 de outubro de 2018[1] foi un físico e profesor universitario estadounidense galardoado co Premio Nobel de Física do ano 1988 polos seus traballos sobre os neutrinos.

Apuntamentos familiares

[editar | editar a fonte]

Nado en Manhattan fillo de dous emigrantes xudeus rusos, Morris e Minna (Rosenberg) Lederman, cCasou con Ellen Carr Lederman, retirándose ambos nos últimos anos da súa vida a Idaho.[1]

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Naceu o 15 de xullo de 1922 na cidade norteamericana de Nova York. Graduouse na James Monroe High School no 1939. Estudou física na Universidade de Nova York (City College of New York), onde se licenciou en 1943. Tras participar na segunda guerra mundial, en 1951 conseguiu o doutoramento na Universidade de Columbia, onde se converteu en profesor en 1958 e onde posteriormente dirixiu o Laboratorio de Investigación Física entre 1961 e 1978.

Entre 1979 e 1989 dirixiu o Fermilab (Fermi National Accelerator Laboratory, en Batavia, Illinois, preto de Chicago), laboratorio de investigación do goberno dos Estados Unidos. Finalmente en 1989 dimitiu dos seus cargos e brevemente foi profesor na Universidade de Chicago antes de trasladarse ó Instituto Tecnolóxico de Illinois.

Difusor do ensino da física, tentou levar adiante o programa 'Physics First'. Asemade, foi quen nomeou ó Bosón de Higgs como 'a partícula de Deus'.[1]

Investigacións científicas

[editar | editar a fonte]

As súas investigacións científicas centráronse, xunto a Melvin Schwartz e Jack Steinberger, nun método de detección dos neutrinos que permitiu demostrar a dobre estrutura dos leptóns. Naquel momento, o descubrimento de dúas clases de neutrinos (hoxe coñécense tres) permitiu ós teóricos elaborar un esquema, coñecido como modelo estándar, para a clasificación de tódalas partículas elementais.

En 1977 conseguiu detectar unha nova partícula quark, o quark fondo.

Once anos máis tarde, en 1988, foi galardoado co Premio Nobel de Física, xunto ós seus compañeiros Melvin Schwartz e Jack Steinberger, polos seus traballos sobre o neutrino.

Publicacións

[editar | editar a fonte]
  • The God Particle: If the Universe Is the Answer, What Is the Question? (A partícula divina: Se o Universo é a resposta, cal é a pregunta?) (1993)
  • From Quarks to the Cosmos (Dos quarks ao cosmos)
  • Portraits of Great American Scientists (Retratos dos grandes científicos americanos)
  • Symmetry and the Beautiful Universe (A simetría e a beleza do universo) (2004)
  1. 1,0 1,1 1,2 "Leon Lederman, 96, Explorer (and Explainer) of the Subatomic World, Dies". The New York Times. Consultado o 4/10/2018. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]