6 de novembro
Aparencia
<< | Novembro | >> | ||||
Lu | Ma | Mé | Xo | Ve | Sá | Do |
1 | 2 | 3 | ||||
4 | 5 | 6 | 7 | 8 | 9 | 10 |
11 | 12 | 13 | 14 | 15 | 16 | 17 |
18 | 19 | 20 | 21 | 22 | 23 | 24 |
25 | 26 | 27 | 28 | 29 | 30 | |
2024 Todos os días |
O 6 de novembro é o 310º día do ano do calendario gregoriano (311º nos anos bisestos). Quedan 55 días para finalizar o ano.
Acontecementos
[editar | editar a fonte]- 355 - en Francia, o emperador romano Constancio II eleva ao seu primo Xuliano o Apóstata ao rango de César, dándolle o goberno da prefectura dos galos.
- 931 - É coroado na cidade de León Ramiro II, rei de Galiza.
- 1860 - Abraham Lincoln convértese no primeiro republicano en chegar a Presidente dos Estados Unidos.
- 1887 - Constitúese o Celtic F.C. coma consecuencia da plasmación dunha idea caritativa do Irmán Walfrid.
- 1906 - Créase en Palma o primeiro instituto de oceanografía cun laboratorio de bioloxía mariña.
- 1917 - Comeza a Revolución rusa (con loitas entre os bolxeviques coas tropas tsaristas rusas)
- 1918 - Proclámase a Segunda República Polaca.
- 1935 - Eduardo Blanco Amor deixa pechada, antes de embarcar rumbo a Bos Aires, a edición de Seis poemas galegos de Federico García Lorca.
- 1936 - A anarquista Federica Montseny é nomeada ministra de Sanidade da II República. Foi a primeira muller en ocupar un ministerio na historia de España.
- 1948 - Execución na Coruña dos guerrilleiros antifranquistas José Gómez Gayoso e Antonio Seoane.
- 1962 - A Asemblea Xeral da ONU aproba a Resolución 1761 condenando o apartheid surafricano.
- 1963 - Guerra de Vietnam
- 1975 - Comeza a Marcha Verde sobre o Sáhara Occidental.
- 1982 - Santiago Carrillo é substituído na Secretaría Xeral do PCE por Gerardo Iglesias. En 1985 será expulsado do partido.
- 1999 - Os australianos votan manter á Raíña Británica como cabeza do Estado.
Nacementos
[editar | editar a fonte]- 1754 - Léonard Bourdon, político revolucionario francés (m. 1807).
- 1796 - George Back navegante e explorador británico. (m. 1878)
- 1814 - Adolphe Sax, inventor de instrumentos musicais belga (m. 1894).
- 1822 - Eduardo Chao Fernández, naturalista, xornalista, historiador e político galego (m. 1887).
- 1835 - Cesare Lombroso, médico e criminólogo italiano (m. 1909).
- 1880 - Robert Musil, escritor austríaco (m. 1942).
- 1885 - Melchor Méndez Magariños, pintor e gravador galego-uruguaio (m. 1945).
- 1919 - Sophia de Mello Breyner, poetisa e escritora portuguesa (m. 2004).
- 1931 - Mike Nichols, director de cine estadounidense.
- 1940 - Clara Janés, poeta e tradutora catalá.
- 1942 - Félix Vidal Costa, físico e investigador galego.
- 1946 - Sally Field, actriz norteamericana.
- 1962 - Henrique Rabuñal, escritor e crítico literario galego.
- 1970 - Ethan Hawke, actor norteamericano.
Mortes
[editar | editar a fonte]- 1893 - Piotr Ilich Tchaikovski, compositor ruso (n. 1840).
- 1935 - Henry Fairfield Osborn, paleontólogo norteamericano (n. 1857).
- 1946 - Luís Cornide Quiroga, avogado, empresario e político galego (n. 1884).
- 1998 - Niklas Luhmann, sociólogo alemán (n. 1927).
- 1999 - Luis Moure Mariño, escritor galego (n. 1915).
- 2006 - Francisco Fernández Ochoa, esquiador español; gañador das olimpíadas do inverno no 1972.
- 2010 - Herminio Barreiro, docente e pedagogo galego (n. 1937).
- 2010 - Rogelio Arca Rivas, canteiro e miliciano anarquista galego (n. 1913).