7 de setembro
Aparencia
<< | Setembro | >> | ||||
Lu | Ma | Mé | Xo | Ve | Sá | Do |
1 | ||||||
2 | 3 | 4 | 5 | 6 | 7 | 8 |
9 | 10 | 11 | 12 | 13 | 14 | 15 |
16 | 17 | 18 | 19 | 20 | 21 | 22 |
23 | 24 | 25 | 26 | 27 | 28 | 29 |
30 | ||||||
2024 Todos os días |
O 7 de setembro é o 250º día do ano do calendario gregoriano e o 251º nos anos bisestos. Quedan 115 días para finalizar o ano.
Acontecementos
[editar | editar a fonte]- 1191 - na actual Israel as forzas de Ricardo I de Inglaterra vencen ás tropas de Saladino na batalla de Arsuf.
- 1822 - Pedro I declara o Brasil independente de Portugal
- 1885 - Día no que en principio ía morrer Doc en Retorno ao futuro 3, segundo se vías na lápida que Marty atopa ao comezo do filme.
- 1912 - Xógase a maior parte da final da copa Concurso España, entre Deportivo e Vigo, que remataría ao día seguinte co primeiro título oficial do único equipo galego de fútbol con títulos.
Nacementos
[editar | editar a fonte]- 1533 - Isabel I, raíña de Inglaterra e de Irlanda (m. 1603).
- 1707 - Georges-Louis Leclerc, conde de Buffon, naturalista, matemático, cosmólogo e escritor francés (m. 1788).
- 1791 - Giuseppe Gioachino Belli, poeta italiano en lingua romanesca (m. 1863).
- 1829 - August Kekulé, químico orgánico alemán, descubridor da estrutura do benceno (m. 1896).
- 1832 - Emilio Castelar, político e escritor español (m. 1899).
- 1870 - Alexander Kuprin, escritor ruso (m. 1938).
- 1880 - Adelardo Novo Brocas, xornalista e político galego (m. 1939).
- 1909 - Elia Kazan, director de cine estadounidense, de orixe grega (m. 2003).
- 1914 - James Van Allen, físico estadounidense (m. 2006).
- 1917 - Xerardo Fernández Albor, médico e político galego, presidente da Xunta de Galicia de 1982 a 1987 (m. 2018).
- 1930 - Balduíno I, rei de Bélxica (m. 1993).
- 1936 - Buddy Holly, músico pioneiro do rock and roll e cantante estadounidense (m. 1959).
- 1940 - Dario Argento, director, produtor e guionista de cine italiano.
- 1941 - César Cunqueiro, escritor galego.
- 1955 - Xosé Manuel Olveira "Pico", actor galego (m. 2013).
- 1972 - Paula Carballeira, escritora, contacontos e actriz galega.
Mortes
[editar | editar a fonte]- 1312 - Fernando IV, rei de León e Castela (n. 1285).
- 1566 - Suleimán o Magnífico, sultán do Imperio Otomán (n. 1494).
- 1644 - Guido Bentivoglio, cardeal e diplomático italiano (n. 1579).
- 1940 - Aurelio Ribalta, escritor e xornalista galego (n. 1864).
- 1936 - Rosendo Vila Fernández, político galego, alcalde de Monforte de Lemos (n. 1886).
- 1961 - Pieter Sjoerds Gerbrandy, avogado e político neerlandés (n. 1885).
- 1962 - Karen Blixen (coñecida como Isak Dinesen), escritora dinamarquesa (n. 1885).
- 1962 - José Clemente Orozco, muralista e litógrafo mexicano (n. 1883).
- 1978 - Keith Moon, músico Inglés, batería do grupo The Who (n. 1946).
- 1980 - José Ortiz Echagüe, enxeñeiro militar, piloto de aviación, presidente da SEAT e fotógrafo español (n. 1886).
- 1981 - Laureano Santiso Girón, avogado, xornalista e político galego (n. 1899).
- 1984 - Yosyf Slipyi, eclesiástico grecocatólico, Arcebispo Maior de Lviv (n. 1892).
- 1985 - George Pólya, matemático húngaro (n. 1887).
- 1991 - Edwin Mattison McMillan, químico e profesor universitario estadounidense, Premio Nobel de Química en 1951 (n. 1907).
- 1994 - Terence Young, cineasta británico (n. 1915).
- 1997 - Mobutu Sese Seko, presidente de Zaire (n. 1930).
- 2009 - José Manuel Pita Andrade, historiador da arte, catedrático de universidade e museógrafo galego, (n. 1915).
- 2010 - Joaquín Soler Serrano, locutor de radio e xornalista español (n. 1919).
- 2015 - José María Ruiz-Mateos, empresario español, fundador de Rumasa (n. 1931).
Festas e celebracións
[editar | editar a fonte]- Santoral: Santa Rexina
Outros
[editar | editar a fonte]O grupo Mecano ten unha canción titulada así: El siete de setiembre [1]