1885
Aparencia
1885 | |||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Calendario gregoriano | 1885 MDCCCLXXXV | ||||||||||||||||||
Ab urbe condita | 2638 | ||||||||||||||||||
Calendario armenio | 1334 | ||||||||||||||||||
Calendario chinés | 4581 – 4582 | ||||||||||||||||||
Calendario hebreo | 5645 – 5646 | ||||||||||||||||||
Calendario hindú | |||||||||||||||||||
· Vikram Samvat | 1940 – 1941 | ||||||||||||||||||
· Shaka Samvat | 1807 – 1808 | ||||||||||||||||||
· Kali Yuga | 4986 – 4987 | ||||||||||||||||||
Calendario persa | 1263 – 1264 | ||||||||||||||||||
Calendario musulmán | 1302 – 1304 | ||||||||||||||||||
Calendario rúnico | 2135 | ||||||||||||||||||
|
1885 (MDCCCLXXXV) foi un ano común comezado en xoves segundo o calendario gregoriano.
Acontecementos
[editar | editar a fonte]- 5 de febreiro - O rei Leopoldo II de Bélxica establece o Estado Libre do Congo como unha posesión persoal.
- 22 de decembro - O samurai Ito Hirobumi convértese no primeiro Primeiro Ministro do Xapón.
- Louis Pasteur descobre a vacina contra a rabia.
Arte e cultura
[editar | editar a fonte]- 18 de febreiro - Primeira edición de As Aventuras de Huckleberry Finn de Mark Twain.
- 21 de marzo - Publícase "Germinal", novela de Zola, décimo terceira do ciclo "Les Rougon-Macquart".
- Andrés Martínez Salazar e mais Juan Fernández Latorre fundan "Biblioteca Gallega".
- Fúndase na Habana, A gaita gallega, primeira publicación monolingüe en galego na emigración.
Ciencia e tecnoloxía
[editar | editar a fonte]- 4 de xaneiro - O doutor William Grant realiza a primeira apendicectomía con éxito.
- Construción da primeira bicicleta por John K Starley.
Nacementos
[editar | editar a fonte]- 8 de xaneiro - John Curtin, primeiro ministro de Australia.
- 7 de febreiro - Sinclair Lewis, novelista estadounidense, premio Nobel de Literatura en 1930.
- 11 de febreiro - Wenceslao Fernández Flórez, escritor galego en castelán.
- 11 de marzo - José García Vidal, avogado e político galego (m. 1969).
- 18 de marzo - Carlos Sobrino Buhigas, pintor galego.
- 11 de abril - Telmo Bernárdez Santomé, médico e político galego (m. 1936).
- 13 de abril - Gyorgy Lukács, filósofo húngaro.
- 17 de abril - Isak Dinesen, escritora danesa.
- 22 de abril - Victoriano Taibo, escritor galego.
- 3 de maio - Max Volmer, químico alemán.
- 16 de maio - Aage Berntsen, médico, pintor, poeta e tirador de esgrima danés.
- 3 de xullo - Avelino Barrio López, médico galego (m. 1959).
- 5 de xullo - Blas Infante, precursor do nacionalismo andaluz.
- 8 de xullo - Ernst Bloch, filósofo alemán.
- 8 de xullo - Roberto Nóvoa Santos, médico e ensaísta galego.
- 1 de agosto - George de Hevesy, químico húngaro, premio Nobel de Química en 1943.
- 19 de agosto - Manuel Cordero Pérez, político socialista galego (m. 1944).
- 5 de setembro - Uxío Carré Alvarellos, escritor galego.
- 11 de setembro - D. H. Lawrence, escritor británico.
- 22 de setembro - Erich Von Stroheim, cineasta estadounidense de orixe austríaca.
- 7 de outubro - Niels Bohr, físico danés, premio Nobel de Física en 1922.
- 30 de outubro - Ezra Pound, escritor estadounidense.
- 2 de decembro - George Richards Minot, médico estadounidense, premio Nobel de Medicina en 1934.
- 21 de decembro - Vladimir Tatlin, artista ruso creador do Construtivismo.
Mortes
[editar | editar a fonte]- 8 de febreiro - Nikolai Severtzov, explorador e naturalista ruso.
- 30 de abril - J.P. Jacobsen, escritor e naturalista dinamarqués.
- 22 de maio - Victor Hugo, escritor francés.
- 30 de maio - Saturnino Álvarez Bugallal, avogado, xornalista e político galego (n. 1834).
- 15 de xullo - Rosalía de Castro, escritora galega.
- 23 de xullo - Ulysses S. Grant, xeneral e presidente dos Estados Unidos.
- 6 de setembro - Narcís Monturiol, enxeñeiro, intelectual e inventor catalán, que inventou o primeiro submarino tripulado con motor, bautizado como Ictíneo (n. 1819).
- 16 de novembro - Louis Riel, líder da tribo rebelde dos métis no Canadá, executado por alta traizón.
- 25 de novembro - Rei Afonso XII de España.
- 26 de novembro - Thomas Andrews químico e físico irlandés. (n. 1813).
- Gaudenzio Marconi - fotógrafo italiano (n. 1841).
Outros
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: 1885 |