31 de xaneiro
Aparencia
<< | Xaneiro | >> | ||||
Lu | Ma | Mé | Xo | Ve | Sá | Do |
1 | 2 | 3 | 4 | 5 | 6 | 7 |
8 | 9 | 10 | 11 | 12 | 13 | 14 |
15 | 16 | 17 | 18 | 19 | 20 | 21 |
22 | 23 | 24 | 25 | 26 | 27 | 28 |
29 | 30 | 31 | ||||
2024 Todos os días |
O 31 de xaneiro é o 31º día do ano do calendario gregoriano. Quedan 334 días para finalizar o ano, 335 nos anos bisestos.
Acontecementos
[editar | editar a fonte]- 1809 - As tropas de Napoleón ocupan a cidade de Vigo.
- 1906 - Ecuador: Un sismo de 8,8 rexistrado cerca da costa de Ecuador e Colombia xerou un forte tsunami que matou ata 1.000 persoas. Sentiuse o longo da costa pacífica de América Central ata San Francisco e tan lonxe coma no oeste do Xapón.
- 1915 - Primeira guerra mundial: os alemáns usan gas velenoso contra os rusos
- 1929 - Lev Trotski é exilado pola Unión Soviética
- 1999 - nos Estados Unidos, a cadea Fox difunde o primeiro episodio da serie animada Family Guy.
Nacementos
[editar | editar a fonte]- 1797 - Franz Schubert, compositor austríaco (n. 1828).
- 1820 - Concepción Arenal, escritora, pensadora e penalista galega (m. 1893).
- 1858 - Santiago Tafall, organista nado en Santiago de Compostela.
- 1867 - Manuel Portela Valladares, xornalista e político galego.
- 1867 - Manuel Amor Meilán, escritor e antropólogo galego.
- 1881 - Irving Langmuir, físico e químico estadounidense (m. 1957).
- 1898 - Xavier Bóveda, xornalista e escritor galego (m. 1963).
- 1902 - Alva Myrdal, diplomática sueca (m. 1986).
- 1908 - Atahualpa Yupanqui, músico e escritor arxentino (m. 1992).
- 1909 - Gabriel Pita da Veiga, militar e político galego (m. 1993).
- 1923 - Norman Mailer, xornalista e escritor estadounidense.
- 1925 - Manuel Jalón Corominas, enxeñeiro aeronáutico e inventor español que inventou e patentou a fregona en 1964 (m. 2011).
- 1937 - Philip Glass, músico estadounidense.
- 1937 - Luis del Olmo, xornalista de radio español.
- 1937 - Raúl Vázquez Gómez, profesor galego (m. 2000).
- 1940 - Xosé Lois Ripalda González, escritor galego.
- 1946 - Juan José Millás, escritor español.
- 1954 - Xosé Antonio Sánchez Bugallo, alcalde de Santiago de Compostela.
- 1956 - Artur Mas, economista e político catalán.
Mortes
[editar | editar a fonte]- 1580 - Henrique I, Rei de Portugal.
- 1632 - Joost Bürgi, matemático e reloxeiro suízo.
- 1665 - Johannes Clauberg, filósofo e teólogo alemán.
- 1686 - Jean Mairet, dramaturgo francés.
- 1729 - Jakob Roggeveen, explorador holandés.
- 1788 - Carlos Eduardo Estuardo, o Pretendente, aristócrata italiano.
- 1794 - Marriott Arbuthnot, almirante británico.
- 1866 - Friedrich Rückert, escritor e poeta alemán.
- 1888 - San Xoán Bosco, fundador da Orde dos Salesianos.
- 1933 - John Galsworthy, novelista e dramaturgo inglés, Premio Nobel de Literatura en 1932.
- 1944 - Jean Giraudoux, dramaturgo francés.
- 1954 - Edwin Armstrong, enxeñeiro e inventor estadounidense.
- 1955 - John Raleigh Mott, promotor da Asociación Cristiá de Mozos (YMCA) e Premio Nobel da Paz en 1946.
- 1956 - Robustiano Fernández Cochón, arquitecto galego (n. 1907).
- 1967 - Ulpiano Villanueva Castro, médico galego (n. 1900).
- 1971 - Viktor Maksimovich Zhirmunsky, historiador e lingüista ruso.
- 1972 - Xosé Velo, político galego (n. 1916).
- 1972 - Mahendra Bir Bikram Shah, rei do Nepal.
- 1973 - Ragnar Frisch, economista noruegués.
- 1974 - Samuel Goldwyn, produtor de cine estadounidense.
- 1994 - Erwin Strittmatter, escritor alemán.
- 1995 - George Robert Stibitz, científico estadounidense.
- 2001 - Manuel Molezún, primeiro atleta coruñés en participar nunhas olimpíadas e afamado pintor.
- 2018 - Domingos Merino, político galego (n. 1939).
- 2020 - Mary Higgins Clark, escritora estadounidense (n. 1927).
Festas e celebracións
[editar | editar a fonte]Outros
[editar | editar a fonte]- Santoral: San Xoán Bosco.