Saltar ao contido

Jacobus Henricus van 't Hoff

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Jacobus Henricus van't Hoff»)
Modelo:BiografíaJacobus Henricus van 't Hoff

Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(nl) Jacobus van 't Hoff Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento30 de agosto de 1852 Editar o valor en Wikidata
Rotterdam, Países Baixos Editar o valor en Wikidata
Morte1 de marzo de 1911 Editar o valor en Wikidata (58 anos)
Berlín, Alemaña Editar o valor en Wikidata
Causa da mortetuberculose Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaCemitério de Dahlem (pt) Traducir, 001/296 Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade de Leiden
Universidade de Utrecht
Rheinische Friedrich-Wilhelms-Universität Bonn
Universidade Técnica de Delft
Universidade de París Editar o valor en Wikidata
Director de teseEduard Mulder Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoFisicoquímica e química orgánica Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónquímico, xeólogo, profesor universitario, enxeñeiro, catedrático, físico, stereochemist (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
EmpregadorUniversidade de Ámsterdam, Dutch ordinary professor (en) Traducir. Faculty of Mathematics and Physics (en) Traducir (1878–1895)
Universidade de Ámsterdam, lecturer (en) Traducir. Faculty of Mathematics and Physics (en) Traducir (1877–1878)
Universidade de Utrecht, universitair docent (en) Traducir (1874–1878)
Universidade de Frederico-Guilherme (pt) Traducir
Universidade Humboldt de Berlín Editar o valor en Wikidata
Membro de
ProfesoresFriedrich August Kekulé von Stradonitz e Eduard Mulder Editar o valor en Wikidata
AlumnosErnst Julius Cohen (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Obra
DoutorandoErnst Julius Cohen (pt) Traducir, Harold A. Wilson (pt) Traducir, Pieter Coenraad Frederik Frowein (en) Traducir, Albertus van Bijlert (en) Traducir, Gerrit Hondius Boldingh (en) Traducir, Johannes Jacobus van Laar (en) Traducir e Wilder Dwight Bancroft (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Arquivos en
Familia
CónxuxeJohanna Francina Mees Editar o valor en Wikidata
Premios

Descrito pola fonteGrande Enciclopedia Soviética 1969-1978, (sec:Вант-Гофф Якоб Хендрик)
Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron
Enciclopedia de Otto Editar o valor en Wikidata
BNE: XX1311631 WikiTree: Van_'t_Hoff-7 Find a Grave: 179490161 Editar o valor en Wikidata

Jacobus Henricus van 't Hoff, nado en Rotterdam o 30 de agosto de 1852 e finado en Berlín o 1 de marzo de 1911, foi un químico neerlandés que recibiu o primeiro Premio Nobel de Química da Historia, o 1901. Os seus estudos concentráronse na cinética química, no equilibrio químico, na presión osmótica e na cristalografía.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Fillo dun médico, desde mozo interesouse pola ciencia e, en contra dos desexos do seu pai, estudou química no entón Instituto Politécnico de Delft, posteriormente na Universidade de Leiden, na de Bonn (onde coincidiu con Friedrich Kekulé), na de París onde estudou con Charles Adolphe Wurtz, recibindo o doutoramento na Universidade de Utrecht en 1874. En 1878 van 't Hoff casa con Johanna Francina Mees coa que tivo dúas fillas, Johanna Francina (n. 1880) e Aleida Jacoba (n. 1882), e dous fillos, Jacobus Hendricus (n. 1883) e Govert Jacob (n. 1889).

Posteriormente foi profesor nas universidades de Ámsterdan e Berlín, onde faleceu o 1 de marzo de 1911.

Investigacións científicas

[editar | editar a fonte]

Considerado un dos precursores da estereoquímica, a fin de explicar as dúas formas isómeras do ácido tartárico e outros casos de isomería óptica, propuxo en 1874, ao mesmo tempo que o francés Joseph A. Le Bel, a hipótese do carbono tetraédrico asimétrico.

Posteriormente levou a cabo estudos sobre afinidade química e sobre cinética das reaccións. Mediante a aplicación de conceptos termodinámicos ao estudo dos equilibrios químicos, determinou a relación entre constante de equilibrio e temperatura absoluta (ecuación ou isocora de Van’t Hoff).

Fixo ademais investigacións sobre o comportamento de disolucións diluídas, evidenciando certas analoxías cos gases, e introduciu o concepto de presión osmótica.

Recoñecementos

[editar | editar a fonte]

En 1901 foi galardoado co Premio Nobel de Química polo descubrimento das leis da dinámica química e da presión osmótica nas solucións químicas, converténdose no primeiro premiado nesta categoría dos Premios Nobel instaurados aquel ano.

Na súa honra bautizouse o cráter Van' t Hoff sobre a superficie da Lúa.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]
Predecesor:
1º nomeado
Premio Nobel de Química

1901
Sucesor:
Hermann Emil Fischer