Saltar ao contido

Xoán Bosco

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaXoán Bosco

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(it) Giovanni Melchiorre Bosco Editar o valor en Wikidata
16 de agosto de 1815 Editar o valor en Wikidata
Castelnuovo Don Bosco (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Morte31 de xaneiro de 1888 Editar o valor en Wikidata (72 anos)
Turín (Reino de Italia) Editar o valor en Wikidata
Reitor-Mor da Congregação Salesiana (pt) Traducir
1874 – 1888 Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeReino de Italia (1861–1888)
Reino da Sardenha (pt) Traducir (–1861) Editar o valor en Wikidata
RelixiónCatolicismo Editar o valor en Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Turín Editar o valor en Wikidata
OcupaciónSacerdote católico de rito romano Editar o valor en Wikidata
LinguaLingua italiana Editar o valor en Wikidata
Orde relixiosaSalesianos Editar o valor en Wikidata
Enaltecemento
Día de festividade relixiosa31 de xaneiro
31 de xaneiro
31 de xaneiro
31 de xaneiro Editar o valor en Wikidata
Familia
Cónxuxesen valor
PaisFrancesco Bosco Editar o valor en Wikidata  e Margherita Occhiena (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Premios

BNE: XX1053161 WikiTree: Bosco-61 Find a Grave: 14503750 Editar o valor en Wikidata

Xoán Bosco, nado en I Becchi en 1815 e finado o 31 de xaneiro de 1888 en Valdocco, foi o fundador da orde dos salesianos. Corenta e seis anos despois do seu pasamento foi canonizado por Pío XI. A súa festa celébrase o 31 de xaneiro. Está considerado como patrón dos editores.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Foi o fillo máis novo dunha familia labrega piemontesa. Seu pai morreu cando tiña dous anos. Xoán aprendeu a ler cando viviu cunha tía que traballaba na casa dun sacerdote. Aos dezaseis anos ingresou no seminario de Chieri. Tras ser ordenado diácono, entrou no seminario maior de Turín.

Nesa época empezou a reunir a nenos que vivían na pobreza e na marxinalidade, para o cal recibiu axuda de persoas destacadas, como Xosé Cafasso ou da marquesa de Barola. Fundou unha serie de escolas nocturnas nos barrios desfavorecidos de Turín, nas que aplicaba o seu propio sistema pedagóxico, o chamado Sistema Preventivo, sobre o cal escribiu unha obra como alternativa ó sistema represivo. En 1853 comezou a crear obradoiros de xastrería e zapatería onde os rapaces aprendían o oficio.

Fundación da Orde Salesiana

[editar | editar a fonte]

Nun clima anticlerical no Piemonte, en pleno período de configuración da nova Italia, coa expulsión dos xesuítas e outras ordes, o seu carácter aberto e o seu labor social propicioulle a Xoán Bosco o apoio do ministro Urbano Rattazzi, político anticatólico. Este aconselloulle a formación dunha sociedade que sorteara as prohibicións ás que estaban sometidas as ordes relixiosas.

En 1859, Xoán Bosco e 22 colaboradores formaron unha congregación relixiosa inspirada na espiritualidade de San Francisco de Sales (de aí o nome de salesianos) e comprometida cos desfavorecidos e a educación da infancia marxinal. Un grupo de mulleres que cooperaban na formación de nenas fundou a congregación paralela de Fillas de María Auxiliadora no ano 1872 dirixida por María Dominga Mazzarello.

A fundación da orde suscitou o entusiasmo das xentes de clases baixas, tanto en Italia como en Francia, a onde se desprazou na busca de apoio. A primeira casa fundada en Francia se estableceu en Niza en 1875. Pese ás simpatías do papa Pío IX, as reservas da xerarquía vaticana demoraron por 15 anos a aprobación definitiva da congregación.

A súa orde conta con máis de 15.000 membros, 1.300 escolas e máis de 300 parroquias espalladas en 105 países.