Saltar ao contido

Real Club Náutico de Vigo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Real Club Náutico de Vigo
Tipoclub de remo
Deporteremo
Data de fundación1906
EnVigo
PaísGalicia
42°14′29″N 8°43′29″O / 42.241423, -8.724641
Na rede
http://rcnauticovigo.com/es/index.php
Facebook: Real-Club-Náutico-De-Vigo-394129630695243 Editar o valor en Wikidata
editar datos en Wikidata ]
Sede do club, do arquitecto Castro Represas.

O Real Club Náutico de Vigo é un club náutico da cidade de Vigo. O seu club de remo compite actualmente na Liga Galega de Traiñeiras, competición que gañou no 2008.

Escudo do club en versión SVG e o da fachada da sede.

O 17 de abril de 1906 fúndase o Real Club Náutico de Vigo coa ilusión principal dos seus fundadores de aglutinar aos deportes náuticos na cidade. A filosofía daqueles deportistas de principios de século era que unha cidade como Vigo, que vivía do mar e cara ao mar, esixía e merecía ter un Club Náutico. O seu primeiro Presidente foi Antonio Conde quen ofreceu ao rei Afonso XIII a presidencia de Honra do novo Club Náutico de Vigo. O 7 de agosto daquel mesmo ano aceptou, polo que se incorporou o termo Real ao nome do club.

Entre 1926 e 1929 a sede do club foi un gran barco de tres paus e 800 toneladas de rexistro, chamado Klosofic, fondeado fronte ao peirao actual. Nas súas cubertas celebrábanse festas de alto nivel social, e nas adegas gardábanse as embarcacións.

O 4 de agosto de 1945 inaugurouse o seu edificio social no centro da cidade ao lado do mar. Os arquitectos da sede social foron Francisco Castro Represas e Pedro Alonso Pérez. En 1967 o Náutico abre a súa piscina cuberta climatizada, a primeira de Galiza. A nova piscina dá un enorme impulso ao deporte de natación e wáter-polo no club permitindo aos deportistas adestrar todo o ano.

Fotografía antiga do RCNV.

En 1987 o club amplía as súas instalacións ao comprar o antigo Club chamado Los Abetos no Concello de Nigrán. O maior éxito da súa sección de remo foi o título da Liga Galega de Traiñeiras acadado en 2008, mais non puido acadar o ascenso á Liga ACT no play-off.

Ademais varios dos seus membros participaron nos Xogos Olímpicos en diferentes modalidades, tales son os casos dos remeiros Emilio García Bengoechea, Alberto Valtierra, Franco Cobas, José Luis Méndez, Armando González, Baltasar Márquez, José Manuel Bermúdez e Juan Zunzunegui, a nadadora Susana Garabatos ou os regatistas Alfredo Vázquez e Nico Rodríguez.

Entre as numerosas regatas que organiza, destacan as seguintes:

Palmarés

[editar | editar a fonte]

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]