Casa das Artes
Casa das Artes | |
---|---|
Arquitecto Romualdo Madariaga Céspedes | |
País | Galicia, España |
Cidade | Vigo |
Inauguración | 1939 Como Banco de España 1990 Como Casa das Artes |
Na rede | |
http://hoxe.vigo.org/movemonos/m_artes.php?lang=cas e https://laxeiro.org | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
A Casa das Artes é o centro principal de exposicións temporais programadas pola unidade de cultura do concello de Vigo. Tamén é a sede da Fundación Laxeiro, do Arquivo Fotográfico Pacheco e da colección Luís Torras. Constitúe o principal espazo destinado a albergar exposicións temporais municipais.[1]
Historia
[editar | editar a fonte]A actual localización do museo ocupa o espazo do antigo Ministerio de Economía e Facenda, na rúa Policarpo Sanz, 15. O edificio, deseñado na década dos trinta, albergou a sede do Banco de España en Vigo dende 1939 ata mediados da década dos oitenta, cando o Ministerio de Economía e Facenda decidiu pechar tódalas sucursais do banco emisor que non estiveran en capitais de provincia.[1]
O proxecto, asinado por Romualdo de Madariaga en setembro do 1938, e a intención da súa edificación xa partía de antes do golpe de estado do 18 de xullo do 1936. O edificio caracterízase polo seu chafrán central, que constitúe a súa principal seña de identidade, co que rompe a esquina das rúas Rúa Reconquista e Policarpo Sanz. A planta atópase aliñada coa rúa de Policarpo Sanz, dándolle unha pequena elevación sobre a rasante, que se resolve cunha curta escalinata, de xeito que o soto reciba iluminación exterior das fiestras que se abren pola rúa Reconquista.
A Casa das Artes, de senlleira arquitectura, é dende 1990 a sede principal da programación cultural da área de Cultura do concello de Vigo. Cada ano, expóñense nas súas salas mostras de pintura, escultura, fotografía, e tamén de carácter científico e divulgativo, histórico, etnográfico e social. Destaca a exposición sobre Tamara de Lempicka que, por primeira vez en España, puido ser visitada nas salas deste centro, e que foi exposta no ano 2007.[2]
O inmoble
[editar | editar a fonte]Na planta baixa do centro atópase o arquivo fotográfico Pacheco, colección composta por 140.000 fotografías de Vigo feitas por Jaime de Sousa Guedes Pacheco e os seus fillos Jaime e Alberto dende o ano 1900 ata 1970.[3]
No segundo andar, exponse a Colección Torras formada por 50 cadros doados e 17 cedidos en réxime de depósito,[4] polo artista vigués Luís Torras.
No terceiro andar atópase a Fundación Laxeiro, onde se pode atopar a colección do pintor lalinense Xosé Otero Abeledo, coñecido como Laxeiro, un dos máis importantes expoñentes das vangardas históricas galegas. Ademais realízanse exposicións temporais de artistas contemporáneos.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 Cultura: Casa das Artes
- ↑ "Tamara Lempicka, a artista, a muller, a lenda". Arquivado dende o orixinal o 11 de xaneiro de 2012. Consultado o 16 de xuño de 2008.
- ↑ "El Archivo Pacheco de la Casa das Artes cuenta con un total de 140.000 fotografías, de las que 38.000 han sido digitalizadas". Arquivado dende o orixinal o 23 de marzo de 2005. Consultado o 16 de xuño de 2008.
- ↑ vigo-virtual.com
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Casa das Artes |
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- «Casa das Artes» en Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada.