Nico Rodríguez
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (es) Nicolás Rodríguez García-Paz 30 de abril de 1991 (33 anos) Vigo |
País de nacionalidade | Galicia |
Actividade | |
Ocupación | regatista |
Deporte | Vela |
Participou en | |
Vela nos Jogos Olímpicos de Verão de 2020 - 470 masculino (pt) (3º) | |
Premios | |
Nicolás Rodríguez García-Paz, nado en Vigo o 30 de abril de 1991, é un deportista galego que compite en vela, na clase 470.[1]
Gañou unha medalla de bronce nos Xogos Olímpicos de Toquio 2020, tres medallas no Campionato Mundial de 470 entre 2018 e 2021 e outras tres no Campionato Europeo de 470 entre 2017 e 2021.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Neto dun comandante da Mariña, comezou a practicar vela aos 8 anos, no Real Club Náutico de Vigo.[2] Gañou títulos galegos en Optimist e foi dúas veces campión de España de 420,[3] pasando logo á vela olímpica, primeiro na clase 49er e logo na 470.
En 2013 comezou a competir con Nahuel Rodríguez en 470, pero pouco despois deixou o deporte e emigrou aos Países Baixos para exercer como odontólogo, carreira que estudou na Universidade de Santiago de Compostela.[3][4] En 2016, o regatista catalán Jordi Xammar, que viña de competir nos Xogos Olímpicos de Río de Xaneiro, chamouno para ofrecerlle preparar xuntos o seguinte ciclo olímpico.[3][5]
Xunto a Xammar, foi en 2018 medalla de bronce no Campionato Mundial de 470.[6] En 2019 foi subcampión do mundo e en 2021 volveu ser medalla de bronce.[7][8] En 2017 gañou a medalla de bronce no Campionato de Europa, en 2019 a prata e en 2021 de novo a prata.[9][10][11]
Participou con Xammar nos Xogos Olímpicos de Toquio 2020, na clase 470. Gañaron dúas das regatas e remataron na terceira posición, conseguindo a medalla de bronce por detŕas da embarcación australiana e da sueca.[12] Converteuse así no quinto regatista galego cunha medalla olímpica, despois de que o conseguisen antes Antón Paz, Fernando Echávarri, Támara Echegoyen e Sofía Toro.
Palmarés internacional
[editar | editar a fonte]Xogos Olímpicos | |||
---|---|---|---|
Ano | Lugar | Medalla | Clase |
2021 | Toquio | Bronce | 470 |
Campionato Mundial | |||
Ano | Lugar | Medalla | Clase |
2018 | Aarhus | Bronce | 470 |
2019 | Enoshima | Prata | 470 |
2021 | Vilamoura | Bronce | 470 |
Campionato Europeo | |||
Ano | Lugar | Medalla | Clase |
2017 | Mónaco | Bronce | 470 |
2019 | San Remo | Prata | 470 |
2021 | Vilamoura | Prata | 470 |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Tokio a la vista". Faro de Vigo (en castelán). 30 de decembro de 2018. Consultado o 23 de xullo de 2021.
- ↑ "Nico Rodríguez: Tras esa llamada, si me veo subido a un podio olímpico me tiro por la ventana". El Correo Gallego (en castelán). 11 de agosto de 2019. Consultado o 23 de xullo de 2021.
- ↑ 3,0 3,1 3,2 Davila, Juan (23 de maio de 2018). "Un vigués navega hacia Tokyo" (en castelán). Consultado o 23 de xullo de 2021.
- ↑ "Nico Rodríguez: «He sacrificado muchas cosas para llegar hasta aquí»". ABC (en castelán). 2 de maio de 2020. Consultado o 24 de xullo de 2021.
- ↑ "Nico Rodríguez: "A día de hoy, el objetivo es el oro olímpico en Tokio"" (en castelán). 17 de maio de 2021. Consultado o 23 de xullo de 2021.
- ↑ "Mas-Cantero, plata en el 470 femenino, y Xammar-Rodríguez, bronce en masculino". Marca (en castelán). 9 de agosto de 2018. Consultado o 23 de xullo de 2021.
- ↑ "Jordi Xammar y Nicolás Rodríguez, Plata en el Campeonato del Mundo de 470". ABC (en castelán). 9 de agosto de 2019. Consultado o 23 de xullo de 2021.
- ↑ Bernad Suelves, Marc (13 de marzo de 2021). "Xammar y Rodríguez logran el bronce en el Mundial de 470". As (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 23 de xullo de 2021. Consultado o 23 de xullo de 2021.
- ↑ "Jordi Xammar y Nico Rodríguez, bronce en el Campeonato de Europa de 470". ABC (en castelán). 13 de maio de 2017. Consultado o 23 de xullo de 2021.
- ↑ Pomar, Luis (14 de maio de 2019). "Jordi Xammar y Nicolás Rodríguez, plata en el Campeonato de Europa de 470". ABC (en castelán). Consultado o 23 de xullo de 2021.
- ↑ Bernad Suelves (7 de maio de 2021). "Xammar y Rodríguez no fallan y se cuelgan la medalla de plata". As (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 25 de setembro de 2021. Consultado o 23 de xullo de 2021.
- ↑ "Terceira medalla para Galicia: o vigués Nico Rodríguez, bronce na clase 470 de vela". CRTVG. 4 de agosto de 2021. Consultado o 4 de agosto de 2021.