Muíño das Maquías
Aparencia
Muíño das Maquías | |
---|---|
O muíño das Maquías | |
Presentación | |
Localización | Zamáns, Vigo |
Propietario | Público |
O muíño das Maquías[1] é un muíño que se localiza no leito do río de Zamáns, na parroquia de Zamáns, no concello de Vigo.[2] [3]
Historia
[editar | editar a fonte]O nome de muíño das Maquías indica que nel se adoitaba pagar unha porción de gran ou de fariña ao muiñeiro por cada vez que se moía.[4][3]
Despois da construción do encoro de Zamáns, o caudal de auga reduciuse considerabelmente.[1] A finais do século XX, foi reconstruído.[2]
Construción
[editar | editar a fonte]Funcionaba como muíño, mais tamén como vivenda.[2] Ten dúas plantas e un pórtico de pedra, apoiado sobre catro columnas.[2] Na planta inferior atópanse dúas moas, ademais do sistema de captación e uso da auga.[5] Consta tamén dun pozo e dunha levada.[5] Tamén existía un alboio anexo, hoxe desaparecido.[5]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 "Muíño das Maquías - 272439". galicianomeada.xunta.gal. Consultado o 2023-10-25.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 2,3 Máxica, Galicia (2016-03-03). "Molinos - Muíño das Maquias y de Seoane". Galicia Máxica. Turismo (en castelán). Consultado o 2023-10-25.
- ↑ 3,0 3,1
- Muíño das Maquías na páxina web colaborativa Patrimonio Galego.
- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para maquía.
- ↑ 5,0 5,1 5,2 descubreasriasbaixas (2019-04-10). "Conjunto etnográfico Muíño de Maquías". descubreasriasbaixas.com. Consultado o 2023-10-25.