Esta páxina ou sección está a editarse nestes intres. Para evitar posibles conflitos de edición, non edites esta páxina ou sección mentres vexas esta mensaxe. Revisa o historial de edicións para saber quen traballa nela. O usuario O Breixo (conversa·contribucións) realizou a última edición na páxina hai 4 días. O tempo máximo de presenza deste marcador é dun mes dende a última edición do usuario que o puxo; pasado ese tempo debe retirarse.
A arte (do latínars, artis, a través do seu acusativo singular artem) é entendida xeralmente como calquera actividade ou produto realizado polo ser humano cunha finalidade estética ou comunicativa, a través do que se expresan ideas, emocións ou, en xeral, unha visión do mundo, mediante diversos recursos, como as plásticos, lingüísticos, sonoros ou mixtos.
A estrutura destes concertos está escrita en tres movementos seguindo o esquema clásico: un primeiro movemento rápido (adoita ser un allegro), un segundo movemento lento (adoita ser un Adagio ou un andante) e un terceiro movemento rápido (normalmente, allegro, aínda que tamén aparece con indicacións de allegretto ou presto).[1] Polo que respecta á forma, os primeiros movementos sempre están compostos en forma bitemática tripartita ou forma sonata, o segundo movemento en forma sonata abreviada, mentres que o terceiro adoita ser un rondó.[1] Todos os concertos están escritos en tonalidades maiores, excepto dous: o n.º 20, en re menor, e o n.º 24, en dó menor. Os concertos presentan os seus segundos movementos na tonalidade da dominante, a excepción de sete: dous escritos en modo menor (números 20 e 24), nos que o segundo movemento está na tonalidade do VI, e outros cinco concertos, cuxos segundos movementos están escritos no relativo menor da tonalidade principal: o n.º 4 (KV 41), o n.º 9 (KV 271), o n.º 10 (KV 456), o n.º 22 (KV 482) e o n.º 23 (KV 488).[1] (Ler máis...)
Image 2
Wolfgang Amadeus Mozart compuxo 22 óperas en diferentes xéneros. As súas óperas van desde as obras a pequena escala –derivadas das que compuxo na súa xuventude– ás óperas de maior envergadura da súa madurez. Tres das obras foron abandonadas antes de rematar a súa composición e non foron representadas ata moitos anos despois da morte do compositor. Todas as súas óperas de madurez son consideradas obras clásicas e sempre formaron parte do repertorio dos teatros de ópera de todo o mundo.[2] Logo dalgunhas obras «menores» chegaron os seus grandes títulos, cultivou a ópera seria, a ópera cómica e o Singspiel. Na ópera cómica realizou un fondo estudo psicolóxico dos personaxes humanizándoos, destaca sobre todo a primeira grande opera buffaalemá; Le nozze di Figaro (As vodas de Fígaro, 1786), neste tipo de ópera destaca a colaboración do libretista Lorenzo da Ponte, froito disto foron Le nozze di Figaro, Così fan tutte (Así fan todas, 1790) e Don Giovanni. Dentro do singspiel destacan Idomeneo, re di Creta (Idomeneo, rei de Creta, 1781), Die Entführung aus dem Serail (O rapto no serrallo, 1782) e, sobre todo Die Zauberflöte (A frauta máxica, 1791), na que se reflicten os valores da Ilustración e da masonaría ao teatro musical. (Ler máis...)
Image 3
O enterro de videoxogos de Atari foi un soterramento masivo de cartuchos de videoxogos, consolas e computadoras nun vertedoiro de Novo México, levado a cabo pola compañía norteamericana Atari, Inc. no ano 1983. Entre os obxectos soterrados a crenza popular indicaba que se incluíran copias non vendidas de E.T. the Extra-Terrestrial, un dos maiores fracasos comerciais dos videoxogos e frecuentemente citado como un dos peores videoxogos da historia, así como cartuchos da adaptación do videoxogo Pac-Man para a Atari 2600, que si tivo éxito comercial pero recibira gran cantidade de críticas negativas.
Dende o momento en que a prensa deu a coñecer o enterro existiron dúbidas sobre a súa veracidade e alcance, facendo que habitualmente se desbotase o feito por considerarse unha lenda urbana. Porén, o evento converteuse nun símbolo cultural e nun recordatorio da crise norteamericana dos videoxogos de 1983, marcando a fin dun pobre ano fiscal para Atari, Inc., que acabaría sendo vendida pola súa empresa nai Warner Communications. Na crenza popular indicábase que dous millóns de copias de E.T. foran soterradas no vertedoiro, pero declaracións posteriores de empregados de Atari confirmaron que os números foran do arredor duns 700 000 cartuchos de varios títulos, incluíndo os de E.T. (Ler máis...)
Os aspectos creativos e de construción de Minecraft permítenlles ós xogadores construír elementos a partir de cubos con diversas texturas nun mundo en 3Dxerado por procedementos. Outras actividades do xogo inclúen a exploración, a recolección de recursos, a confección de obxectos e o combate. Dispón de varios modos de xogo, incluíndo un modo de supervivencia no que o xogador debe conseguir recursos para construír o mundo de xogo e manter a súa saúde, un modo creativo no que os recursos son ilimitados e o xogador ten a capacidade de voar, un modo de aventuras que permite xogar niveis e mapas creados por outros xogadores e un modo espectador no que os xogadores poden voar e observar o mundo pero sen interactuar con el. A versión para PC do xogo destaca pola súa comunidade de modding. (Ler máis...)
A cúpula ten unha forma apuntada e está formada por oito caras ou panos apuntados, cubertos con tella de barro vermello e bordeados por oito nervios de pedra branca. Toda a estrutura descansa sobre un tambor tamén octogonal, perforado por oito óculos para a iluminación do interior. Os nervios converxen nun anel octogonal superior, coroado por unha lanterna, elemento que tamén colabora na entrada de luz. O interior está constituído por dous casquetes ou domos, un interior e outro exterior, construídos con ladrillo disposto en forma de espiña de peixe. Están conectados entre si por medio dunha retícula interior formada por costelas e nervaduras, que sostén a cúpula e colabora na súa estabilidade. O oco que queda entre ambos os casquetes forma un espazo polo que se ascende ata a lanterna. O exterior do tambor está revestido con mármores polícromos e cunha balaustrada incompleta que só se construíu nunha das súas caras. A cara interna da cúpula está decorada con pinturas ao fresco e a temple que representan o Xuízo Final. (Ler máis...)
Image 6
Walter Bache, nado en Birmingham o 19 de xuño de 1842 e finado en Londres o 26 de marzo de 1888 foi un pianista e director de orquestrabritánico, destacado pola súa defensa da música de Franz Liszt e outros membros da Nova Escola Alemá en Inglaterra. Estudou de xeito privado con Liszt en Italia entre 1863 e 1865, sendo un dos poucos alumnos aos que llo permitiu, e continuou asistindo regularmente a clases maxistrais con el en Weimar (Alemaña) ata 1885, mesmo despois de iniciar a súa carreira como solista. Este período de estudo non foi igualado por ningún outro alumno de Liszt e deu lugar a un vínculo particularmente estreito entre ambos. Logo das dúbidas iniciais por parte dos críticos ingleses debido a que era alumno de Liszt, Bache foi aclamado publicamente pola súa destreza ao teclado,[3] mesmo cando partes do seu repertorio foran cuestionadas.
O seu principal logro foi o establecemento da música de Liszt en Inglaterra, ao que se adicou desinteresadamente entre 1865 e a súa morte en 1888.[4] Isto sucedeu cando a Guerra dos románticos estaba no seu apoxeo, cando as faccións musicais conservadoras e liberais discutían abertamente sobre o futuro da música clásica e os méritos das composicións escritas nas súas respectivas escolas. Bache programou varias das obras orquestrais e corais a través dunha serie anual de concertos, que financiou, organizou e promoveu en solitario. Do mesmo xeito, deu unha serie anual de recitais que incorporaba música para piano de Liszt.[5] (Ler máis...)
Image 7
L'Orfeo (SV 318), ás veces chamada La favola d'Orfeo, é unha favola in musica ou ópera de finais do Renacemento/principios do Barroco, con música de Claudio Monteverdi e libreto en italiano de Alessandro Striggio. Está baseada na lenda grega de Orfeo, conta a historia do seu descenso ao Hades e o seu infrutuoso intento de devolver á súa muller morta Eurídice ao mundo dos vivos. Foi escrita en 1607 para unha representación na corte durante o Carnaval anual de Mantua. Mentres que Dafne de Jacopo Peri é xeralmente recoñecida como a primeira ópera, e Euridice de Peri a ópera máis antiga que sobreviviu, L'Orfeo é a máis antiga que se continúa a representar con frecuencia.
A principios do século XVII o intermedio—unha secuencia musical entre os actos dunha obra de teatro—estaba evolucionando cara á forma dun drama musical completo ou "ópera". L'Orfeo de Monteverdi sacou este proceso da súa era experimental e proporcionou o primeiro exemplo completamente desenvolvido do novo xénero. Logo da súa representación inicial, a obra foi posta en escena de novo en Mantua, e posiblemente noutros centros italianos nos seguintes anos. A súa partitura foi publicada por Monteverdi en 1609, e novamente en 1615. Logo da morte do compositor en 1643 a ópera deixou de representarse durante anos, e foi esquecida ata que no século XIX o interese nela viviu un renacemento que levou a novas edicións e representacións. Ao principio estas representacións tendían a ser versións de concerto (sen escenificación) dentro de institutos e sociedades musicais, mais despois da primeira dramatización moderna en París, en 1911, a obra comezou a verse nos teatros. Logo da segunda guerra mundial lanzáronse numerosas gravacións, e a obra incrementou a súa presenza nos teatros de ópera, aínda que se resistiron algunhas importantes salas. En 2007 o cuarto centenario da súa estrea celebrouse con representacións por todo o mundo. (Ler máis...)
Image 8
Heikki Theodor Suolahti, nado o 2 de febreiro de 1920 en Helsinqui (Finlandia) e finado na mesma cidade o 27 de decembro de 1936, foi un compositor finlandés, considerado un dos grandes talentos da historia da música do seu país. Nado nunha familia cultural da capital finlandesa, Suolahti formouse musicalmente na súa cidade natal e realizou viaxes por Europa. A pesar de que era un compositor practicamente autodidacta, a calidade da súa obra chamou a atención de Jean Sibelius.
Debido á súa prematura morte, Suolahti non puido presenciar a estrea de ningunha das súas composicións e a súa obra non é moi extensa. Con todo, puido finalizar a Sinfonia piccola, a súa obra máis coñecida, e bosquexara unha nova sinfonía e unha ópera no momento da súa morte. As súas composicións, encadradas dentro do romanticismo, están influenciadas pola música de Richard Wagner, de quen era admirador. (Ler máis...)
A idea dun filme de Conan propúxose a comezos da década de 1970; Pressman e o produtor asociado Edward Summer comezaron a sumar esforzos para sacar adiante o filme en 1975. Levoulles dous anos obter os dereitos do filme, despois do cal contactaron con Schwarzenegger para o papel principal e con Oliver Stone para crear o guión. Pressman carecía do capital preciso para levar a cabo o proxecto, e en 1979, logo de que as súas propostas para obter financiamento fosen rexeitadas polos grandes estudios, vendeu o proxecto a Dino De Laurentiis. Milius foi nomeado como director e reescribiu o guión de Stone. O guión definitivo integrou escenas das historias de Howard e de filmes como Kwaidan e Os sete samurais. A rodaxe fíxose en España durante cinco meses en localizacións de Madrid e Almería. Os escenarios, deseñados por Ron Cobb, estaban baseados nas culturas dos anos escuros e nos debuxos de Frank Frazetta sobre Conan. Milius evitou os efectos ópticos, preferindo realizar as súas ideas con construcións mecánicas e ilusións ópticas. Schwarzenegger realizou a maioría das súas escenas de acción, e dous tipos de espadas, cun valor de 10 000$ cada unha, foron forxadas para o seu personaxe. O proceso de montaxe demorouse máis dun ano e moitas escenas violentas foron eliminadas. (Ler máis...)
Image 11
A escultura románica, insírese en xeral, dentro das metas artísticas do movemento da arte románica, incluída a comunicación entre a Igrexa católica e os fieis, o que é o reino de Deus na terra e mailo templo. Así, a escultura tivo unha estreita relación coa arquitectura, inseríndose no seu lugar como un elemento complementario, e dedicouse principalmente ao ensino das escenas bíblicas con relevos de pedra que fosen comprensibles para os crentes laicos. Esta actividade desenvolveuse entre o século XI e, en correspondencia coas diferentes partes de Europa, o século XII ou a primeira metade do XIII.
É o románico do século XI, no que se dan a coñecer as primeiras obras de escultura monumental que se presentan dende o século V, período no que deixan de existir pezas de vulto redondo (pezas tridimensionais) e observan un aumento da produción de pequena escultura e traballos en metal, desenvolvidos durante o período prerrománico. (Ler máis...)
Image 12
Jane Marian Joseph, nada o 31 de maio de 1894 en Londres (Inglaterra) e finada na mesma cidade o 9 de marzo de 1929, foi unha compositora, arranxadora e profesora de música inglesa. Foi alumna e posteriormente compositora asociada de Gustav Holst, e estivo estreitamente implicada na organización e na xestión de varios festivais de música que Holst patrocinou. Moitas das súas obras foron compostas para ser interpretadas nestes festivais e en ocasións similares. A súa morte prematura, que impediu a plena realización do seu talento, foi considerada polos seus contemporáneos como unha perda considerable para a música inglesa.
Holst foi o primeiro en observar o potencial de Joseph cando estaba a ensinarlle composición na St Paul's Girls' School. Comezou a actuar como a súa copista en 1914, cando estaba a compoñer The Planets, a súa especial responsabilidade era a preparación da partitura do movemento "Neptune". Continuou a asistir a Holst con transcricións, arranxos e traducións, e foi a súa libretista para o ballet coral The Golden Goose. Durante a súa breve vida profesional converteuse en membro activo da Society of Women Musicians, foi a principal promotora do primeiro Kensington Musical Competition Festival, e axudou a fundar a Kensington Choral Society. Tamén ensinou música en escolas femininas, onde a filla de Holst, Imogen, foi unha das súas alumnas, e converteuse nunha das figuras máis importantes na vida musical do Morley College. (Ler máis...)
Garland comezou a escribir o guión do filme no 2006, aínda que o desenvolvemento desta nova adaptación de Judge Dredd, sen relación co filme homónimo de 1995, non se fixo público ata decembro do 2008. Producida polo estudio británicoDNA Films, a rodaxe comezou en novembro do 2010, facendo uso extensivo de cámaras 3D. As localizacións desta rodaxe foron en Cidade do Cabo e Xohanesburgo. (Ler máis...)
Image 14
O aspecto físico e a personalidade de Wolfgang Amadeus Mozart son obxecto de múltiples investigacións na actualidade. O feito de que non se puidesen exhumar os restos de Mozart, debido a que se descoñece o punto exacto no que se localiza a tumba comunitaria na que foi enterrado, nin se conserven máscaras ou moldes mortuorios, confire certo grao de incerteza á aparencia física do compositor. Aínda que existe un suposto cranio de Mozart, a súa autenticidade, máis que cuestionable, non se puido verificar ata o momento. Este cranio ten sido sometido a diversas probas de ADN, comparándoo cos das súas supostas sobriña e avoa materna, mais non só encontraron que o ADN do primeiro non coincidía co das súas dúas familiares, senón que os delas tampouco concordaban entre si. Así mesmo, preservouse un presunto mechón do seu pelo, tamén de dubidosa lexitimidade. Con todo, existen fontes e referencias fiables respecto tanto do seu aspecto e indumentaria como da súa personalidade. Esta información concrétase en obras plásticas, descricións e testemuños da época, que permiten facerse unha idea máis ou menos acertada de como era Mozart física e psicoloxicamente.
En relación á súa indumentaria e efectos persoais, estudos baseados en documentos como a Orde de Suspensión redactada logo da súa morte ou o rexistro dos recibos de compra de traxes, contribuíron moito a esclarecer os gustos de Mozart relativos á roupa. (Ler máis...)
Como primeiro episodio da serie, introduce o mundo e os personaxes principais da serie. O episodio céntrase na familia Stark, e en como o seu señor, Eddard "Ned" Stark, se ve involucrado na política logo de que o rei o escolla para substituír o seu administrador ("Hand of the King") que morreu recentemente. O episodio recibiu valoracións moi positivas, e foi visto inicialmente por 2,2 millóns de espectadores nos Estados Unidos. Unha semana antes da estrea do episodio, HBO fixo que os 15 primeiros minutos da serie estiveran dispoñibles para velos en liña. (Ler máis...)
Georg Friedrich Händel, nado en Halle o 23 de febreiro de 1685 e finado en Londres o 14 de abril de 1759, foi un compositor musical de orixe alemá nacionalizado inglés, considerado un dos cumes do Barroco e un dos mellores compositores da música occidental. É, na historia da música, o primeiro compositor moderno en adaptar e enfocar a súa música para satisfacer os gustos e necesidades do público, en vez dos da nobreza e dos mecenas.
Está considerado o sucesor e continuador de Henry Purcell, e marcou toda unha era na música inglesa, sendo o compositor máis importante entre Purcell e Elgar en Inglaterra. Foi o primeiro gran mestre da música baseada na técnica da homofonía, así como da ópera seria italiana e o oratorio. (Ler máis...)
Magdalena del Carmen Frida Kahlo Calderón, nada en Coyoacán (Cidade de México) o 6 de xullo de 1907 e finada o 13 de xullo de 1954, foi unha recoñecida pintora e poetisa mexicana. Kahlo naceu e morreu en Cidade de México, no seu fogar coñecido como "La casa azul". A súa obra é considerada emblemática en México pola tradición indíxena. Igualmente, é valorada polo feminismo debido á súa comprometida representación da forma e da experiencia feminina. A súa vida estivo cruzada polo infortunio dunha enfermidade infantil, a poliomielite, e por un grave accidente na súa mocidade que a mantivo prostrada durante longos períodos. De feito, chegou a someterse até a 32 operacións cirúrxicas. Levou unha vida pouco convencional, foi bisexual e entre os seus amantes atopábase Lev Trotski. A súa obra pictórica xira tematicamente en torno á súa biografía e ao seu propio sufrimento.
En 1939 expuxo as súas pinturas en Francia grazas a unha invitación de André Breton. Este tentou convencela de que eran «surrealistas», aínda que Kahlo dicía que esta tendencia non correspondía coa súa arte, xa que ela non pintaba soños senón a súa propia vida. Unha das obras desta exposición (Autorretrato-O marco, que actualmente se atopa no Centro Georges Pompidou), converteuse no primeiro cadro dun artista mexicano adquirido polo Museo do Louvre. Até entón, Frida Kahlo pintara só no ámbito privado, e custoulle admitir que a súa obra puidese ter interese xeral. Aínda que gozou da admiración de destacados pintores e intelectuais da súa época como Pablo Picasso, Vasili Kandinski, André Breton ou Marcel Duchamp, a súa obra alcanzou fama e verdadeiro recoñecemento internacional despois da súa morte, especialmente a partir da década de 1970. (Ler máis...)
Frecuentemente descrito como un arquetipo e símbolo do home do Renacemento, xenio universal, ademais de filósofohumanista cuxa curiosidade infinita só pode ser equiparable á súa capacidade inventiva, Leonardo da Vinci é considerado como un dos máis grandes pintores de tódolos tempos e, probablemente, é a persoa co maior número de coñecemento en múltiples disciplinas que xamais existiu. (Ler máis...)
Image 7
Alberto Durero ou Albrecht Dürer, nado en Núremberg o 21 de maio de 1471 e finado na mesma cidade o 6 de abril de 1528, foi un pintor, gravador e matemático alemán. As súas impresións estableceron a súa reputación por toda Europa cando aínda non cumprira os 30 anos, e foi tradicionalmente considerado xa dende entón como un dos máis importantes artistas do renacemento nórdico. A súa vasta obra abrangue retablos e traballos relixiosos, numerosos retratos e autorretratos e gravados en cobre e madeira. Exerceu unha decisiva influencia nos artistas do século XVI, tanto alemáns coma dos Países Baixos, e chegou a ser admirado por mestres italianos como Rafael Sanzio. Os seus gravados alcanzaron gran difusión e inspiraron a múltiples artistas posteriores, incluíndo os nazarenos do século XIX e os expresionistas alemáns de principios do século XX.
As súas obras máis amplamente coñecidas son a Apocalipse de 1498 e as súas dúas series da crucifixión de Cristo, a Gran Paixón (1498–1510) e a Pequena Paixón (1510–1511). (Ler máis...)
Liszt é o pai da técnica pianística moderna e do recital. El está na orixe do impresionismo pianístico, do piano orquestral (en Mazeppa, o cuarto estudo de execución transcendente) e do piano literario (Ans de pélérinage, baseada na obra de GoetheWanderjahre) Con Frédéric Chopin é fundamental para a aparición de toda unha liña de compositores: Maurice Ravel, Serguei Rachmaninov, Scriabin. (Ler máis...)
Nomeado como representante especial da UNICEF o 3 de abril de 2001, dedicouse a facer crónicas sobre a vida das persoas excluídas, traballo do cal xurdiron dez libros e varias exposicións. (Ler máis...)
Beauvoir escribiu novelas, ensaios, biografías, autobiografías e monografías sobre filosofía, política e temas sociais. Foi coñecida sobre todo polo seu "labor pioneiro na filosofía feminista", O segundo sexo (1949) é unha análise detallada da opresión da muller e un tratado fundacional do feminismo contemporáneo. Tamén foi coñecida polas súas novelas, as máis famosas das cales foron L'Invitée (1943) e Os mandaríns (1954). A súa contribución máis duradeira á literatura son as súas memorias, en particular o primeiro volume, Mémoires d'une jeune fille rangée. (1958), que ten calor e poder descritivo. Tamén foi moi galardoada, entre os premios máis notables destacan o Prix Goncourt de 1954, o Premio Xerusalén de 1975 e o Premio Estatal Austríaco de Literatura Europea de 1978. A súa vida non estivo exenta de polémica: perdeu brevemente o seu posto de profesora tras ser acusada de abusar sexualmente dalgúns dos seus alumnos. Xunto co seu amante de moitos anos, Jean-Paul Sartre, e outros moitos intelectuais franceses, fixo campaña a favor da liberación dos condenados por delitos sexuais contra menores e asinou unha petición a favor da abolición das leis sobre a idade de consentimento en Francia. (Ler máis...)
Henri Cartier-Bresson, nado o 22 de agosto de 1908 en Chanteloup-en-Brie e finado o 3 de agosto de 2004 en Montjustin, foi un célebre fotógrafofrancés considerado por moitos o pai do fotorreportaxe. Predicou sempre coa idea de atrapar o instante decisivo, versión traducida das súas "images a la sauvette", que veñen a significar con máis precisión "imaxes a hurtadillas". Tratabase, pois, de poñer a cabeza, o ollo e o corazón no mesmo momento no que se desenvolve o clímax dunha acción. (Ler máis...)
Foi considerada unha das grandes actrices do teatro e o cinema francés e apareceu en clásicos como Les enfants du paradis, especialmente durante as décadas de 1940 e 1950. (Ler máis...)
Image 2
Manuel María Fernández Teixeiro, nado en Outeiro de Rei o 6 de outubro de 1929 e finado na Coruña o 8 de setembro de 2004, foi un poeta, narrador, dramaturgo e académico da lingua galega, destacado polo seu carácter combativo e máis polo seu compromiso político. O 19 de abril do ano 1970 foi elixido membro correspondente da Real Academia Galega, mais renunciou en 1975 ao entender que a institución non estaba á altura que esixía o momento histórico.
Nas eleccións municipais de 1979 presentouse como cabeza de lista á alcaldía de Monforte de Lemos, e foi nomeado concelleiro de Augas e Recollida do lixo. Tras non ser elixido nas eleccións ao Senado de 1982 en representación do BNG, abandonou a militancia política para se dedicar por completo á actividade literaria e cultural. Volveu ingresar na RAG, desta volta como membro de número, o 15 de febreiro de 2003, por proposta de Xosé Luís Franco Grande, Ramón Lorenzo Vázquez e Xosé Luís Méndez Ferrín, pronunciando o discurso A Terra Chá: poesía e paisaxe. (Ler máis...)
Foi un dos líderes do Grupo Antroido, a primeira compañía teatral galega profesional, e con ela realizou unha gran cantidade de funcións, desenvolvendo diferentes tarefas como director, escritor, actor e iluminador, ademais de moitas outras. Escribiu preto de 30 obras de teatro e recibiu numerosos premios e recoñecementos polo seu traballo, o premio Abrente, o premio Álvaro Cunqueiro, o Rafael Dieste, o Eixo Atlántico e o Tirso de Molina, entre outros. Tamén participou en diferentes filmes e series de televisión, tanto como actor coma actor de dobraxe, axudando a dar pulo ós comezos do audiovisual galego. (Ler máis...)
Image 6
O Itinerario de Exeria, tamén coñecido como Itinerarium Egeriae, Peregrinatio Aetheriae ou Peregrinatio ad Loca Sancta, é un conxunto de textos en latín escritos por Exeria relatando a súa peregrinación dende a Gallaecia ata Terra Santa entre os anos 381 e 384.
Como libro de viaxes, é unha fonte importante para coñecer a situación naquel momento das zonas percorridas. Nel detállanse costumes dos nativos, crenzas populares, rituais relixiosos e expresións da fala vernácula. Está redactado en primeira persoa no latín coloquial utilizado na vida diaria, cunha espontaneidade natural que difire do estilo solemne propio da lingua escrita. O seu valor é filolóxico, sociolóxico e literario. (Ler máis...)
Image 7
Manuel Quiroga Losada, nado en Pontevedra o 15 de abril de 1892 e finado na mesma cidade o 19 de abril de 1961, foi un reputado violinista, compositor e debuxante galego, posiblemente o músico galego que acadou maior renome internacional, sendo considerado un dos violinistas máis importantes do seu tempo. Foi anunciado en numerosas ocasións por parte dos críticos como "o mellor sucesor de Pablo Sarasate", e ás veces é referido como "o herdeiro espiritual de Sarasate".
José Ventura Eduardo Gregorio Valdomir (sic)[6] ou Xosé Baldomir Rodríguez, máis coñecido como Xosé Baldomir, nado na Coruña o 26 de novembro de 1865 e finado na mesma cidade o 1 de febreiro de 1947, foi un compositor, pianista, director coral e profesor que desenvolveu case todo o seu labor na súa cidade natal. Entre a súa obra, cunha importante influencia da música popular, salientan as súas melodías galegas, xénero iniciado por un dos seus mestres, Marcial del Adalid, e que Baldomir levou ao máximo nivel artístico, acadando no seu tempo difusión universal con obras que permaneceron na memoria colectiva.
Ademais de como compositor, Baldomir destacou tamén como director de corais, estando á fronte de agrupacións como o Orfeón Brigantino ou a Coral Polifónica El Eco, tendo realizado con esta última numerosas e exitosas xiras por España e o resto do mundo. (Ler máis...)