Saltar ao contido

Portal:Jazz

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O jazz é un estilo musical nado en Nova Orleáns (Louisiana, Estados Unidos) a principios da década de 1900, que mestura unha rítmica propia dos afroamericanos cunha instrumentación e unha tímbrica xenuínas das bandas da rúa (trompeta, corneta, clarinete, trombón, tuba, contrabaixo, bombo e pratos).

Cando estes conxuntos estabilizáronse, substituíron a tuba polo contrabaixo, o bombo e os pratos pola batería e engadiuse o piano. Esta era a formación da Original Dixieland Jass Band, un grupo branco que empregou a palabra jazz por primeira vez, en 1917. Tanto polo repertorio como pola instrumentación, harmonía, e sobre todo pola improvisación (base característica do jazz) foise evolucionando ata chegar nas décadas de 1980 e 1990 a unha fusión de estilos moi diversos.

Co estilo chamado "Chicago" - ou hot jazz - enriquecéronse as improvisacións e incorporáronse novos instrumentos como o saxofón (principalmente tenor e alto), a guitarra e o violín. Así mesmo, as persoas cantantes, tan importantes xa dende os inicios do blues, adoptaron a linguaxe nova e a partir da década de 1930 incorporáronse ao jazz. Outro elemento distintivo deste xénero son as jam sessions, encontros de músicos ao final dos concertos nos que todas as persoas improvisan a partir dunha melodía.

Logo da segunda guerra mundial iniciouse o estalido do bebop, que revolucionou os xeitos de improvisar, achegándose case ás vangardas, e tamén o tipo de sonoridades. O bop é a base do que se coñece habitualmente como jazz moderno, en oposición ao mainstream, máis clásico, que seguiuse a interpretar sen interrupción. Entre os derivados do bop encóntranse o cool, o estilo west coast, o hard bop, o third stream e, finalmente, o free-jazz, no que non se segue ningún patrón harmónico nin melódico, e só importa a tímbrica, a experimentación cos instrumentos e a descontinuidade rítmica.

Artigo destacado

editar

O jazz de vangarda (tamén coñecido pola súa denominación en inglés avant-garde jazz ou avant-jazz) é un estilo de música e improvisación que combina a música culta de vangarda e a composición co jazz. O jazz de vangarda soa semellante ao free jazz, pero difire en que, malia renegar tamén da harmonía tradicional, ten unha estrutura predeterminada sobre a que a improvisación pode ter lugar. Esta estrutura pode estar previamente composta parcial ou incluso completamente.

As orixes do jazz de vangarda están nas innovacións dos discípulos de Charlie Parker. Con base en Nova York, músicos non canónicos como Charles Mingus, Miles Davis e John Coltrane introduciron a improvisación modal e experimentaron coa atonalidade e a disonancia. O jazz de vangarda foise desenvolvendo nas décadas seguitnes, inspirándose en correntes da música clásica do seu tempo como o serialismo ou a música aleatoria.


Imaxe destacada

editar

Sarah Vaughan, posiblemente no Café Society de Nova York, en 1946.
Vexa o artigo jazz vocal.


Sabías que...?

editar

A Original Dixieland Jazz Band.


Categorías

editar

Queres atopar artigos relacionados co jazz? Proba buscando nas seguintes categorías:

Biografía destacada

editar

Michel Camilo, nado o 4 de abril de 1954 en Santo Domingo (República Dominicana), é un pianista e compositor dominicano. Destaca principalmente no latin jazz, sendo un pianista de gran virtuosismo que adereza as súas interpretacións de jazz tradicional con ritmos do seu Caribe natal, acompañados dun velocísimo estilo. Camilo cita entre as súas principais influencias a Chick Corea, Keith Jarrett, Oscar Peterson, Bill Evans e Art Tatum.

Michel Camilo comezou a súa formación pianística no seu país natal, estudando no Conservatorio Nacional de Música, e posteriormente trasladouse a Nova York (Estados Unidos), onde continuou súa formación no Mannes College e na prestixiosa Juilliard School.

Ademais da súa traxectoria como intérprete, Michel Camilo é invitado frecuentemente a dar conferencias e a actuar en numerosas universidades e centros de ensinanza nos Estados Unidos tales como a Universidade de Nova York, o Berklee College of Music de Boston, o M.I.T., entre outros, así como en Dinamarca, España e Suíza. Ten participado tamén nos filmes do gañador dun Oscar Fernando Trueba Two Much e Calle 54.

Cita destacada

editar

Duke Ellington en 1965.
Non significa nada, se non ten ese swing.
Son destacado

editar

Versión instrumental de "I'm Just Wild About Harry". 78RPM, Eubie Blake


Artigos de calidade e bos

editar

Artigos de calidade (1)

Artigos bos (0)


Proxectos relacionados
Portais relacionados

editar

Música
Música

Música

Proxectos irmáns

editar

Wikimedia Commons
Wikimedia Commons

en Commons