John Milius
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 11 de abril de 1944 (80 anos) St. Louis, Estados Unidos de América |
Educación | Universidade do Sur de California USC School of Cinematic Arts (en) Steamboat Mountain School (en) |
Actividade | |
Ocupación | director de cinema, produtor de cinema, guionista, realizador |
Período de actividade | 1966 - |
Partido político | Partido Republicano |
Membro de | |
Familia | |
Fillos | Amanda Milius |
John Frederick Milius, nado o 11 de abril de 1944, é un guionista, produtor e director estadounidense. Foi un dos guionistas dos dous primeiros filmes da saga Harry o sucio. Recibiu un nomeamento ós Oscar como guionista de Apocalypse Now, e escribiu e dirixiu O vento e o león, Conan o bárbaro e Amencer vermello.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Na década de 1960 intentou alistarse no exército pero foi rexeitado por problemas de saúde. Comezou a súa carreira no mundo do cinema a partir dun concurso de filmes de estudantes en 1967, no cal gañou o primeiro premio co filme I'm So Bored. Comezou a traballar noutros filmes de pequenos orzamentos e finalmente en producións meirandes. Malia ter comezado como guionista, decidiu traballar como director ó quedar satisfeito coas modificacións feitas ós seus guións para The Life and Times of Judge Roy Bean e As aventuras de Jeremiah Johnson (1972).[1] Fascinado pola guerra de Vietnam, escribiu con Francis Ford Coppola o guión de Apocalypse Now en 1979, polo cal foi nomeado ó Oscar ó mellor guión adaptado.[2] O seu filme máis coñecido como director, Conan o bárbaro (1982), é considerado unha ilustración nietzschiana das ideas persoais do seu autor, e lembrado polo protagonista do filme, Arnold Schwarzenegger, como unha experiencia traumática.[3] Traballou tamén como conselleiro de guións en diversos filme, como Tiburón e The Hunt for Red October.
En 2005, creou con William J. MacDonald, para a canle inglesa BBC e para a estadounidense HBO, a serie de televisión Rome. En 2009, participou no guión do videoxogo Homefront de Kaos Studio.[4] En 2010, participou como guionista e director no desenvolvemento do proxecto da serie de televisión Pharaoh, semellante a Rome, pero esta volta ambientada no Antigo Exipto.[5]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Ken Plume. IGN, ed. "An Interview with John Milius p8". Arquivado dende o orixinal o 08 de xuño de 2010. Consultado o 21 de abril de 2012. (en inglés)
- ↑ Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas (ed.). "Oscar History 1980". Consultado o 21 de abril de 2012.
- ↑ G, Víctor López (2023-12-31). ""Me obligó a hacer mierdas terribles". Arnold Schwarzenegger recuerda el tortuoso rodaje de 'Conan', que incluyó morder buitres y suturas de 40 puntos entre otras lindezas". Espinof (en castelán). Consultado o 2024-01-03.
- ↑ Jake Gaskill. G4tv, ed. "'Apocalypse Now' And 'Red Dawn' Scribe John Milius Writing THQ's 'Homefront'". Arquivado dende o orixinal o 23 de xullo de 2012. Consultado o 21 de abril de 2012. (en inglés)
- ↑ Keslassy, John Hopewell,Elsa; Hopewell, John; Keslassy, Elsa (2010-04-09). "Milius moves back in time with ‘Pharaoh’". Variety (en inglés). Consultado o 2022-04-14.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- John Milius na IMDb (en inglés).