O Xabarín Club é un programa infantil e xuvenil da TVG que comezou a emitirse o 18 de abril de 1994. O protagonista do programa é o personaxe animado do "Xabarín", un xabaril antropomorfo deseñado por Miguelanxo Prado e ao cal dá voz Juanillo Esteban. O "Xabarín" realiza a función de presentador do programa, o cal inclúe un club de socios, a emisión de series de debuxos animados, videoclips de grupos musicais e espazos de produción propia, como Xabarín News ou Os vixilantes do Camiño, a única serie animada de produción galega que emitiu o Xabarín Club. Dende o 2 de febreiro de 2009, é transmitido pola tvG2, e dende decembro de 2016 conta cunha app específica e canle en liña, a Xabarín TV que funciona como unha lista de reprodución cos contidos do programa na páxina web da CRTVG.
No ano 2021, o Xabarín Club chegou á cifra récord de 146 000 socios. Segundo os rexistros históricos do programa, entre 1994 e 2021 arredor dun 30% dos nenos galegos son ou foron socios.
Serie destacada
editar
Mandril e donicela (en inglés: I Am Weasel) é unha serie de televisión estadounidense creada por David Feiss para Cartoon Network, no estudio de Hanna-Barbera, sendo o cuarto dos Cartoon Cartoons. A serie céntrase na personaxe de I. M. Weasel, un intelixente, adorada e exitosa donicela, e I. R. Baboon, un parvo e perdedor mandril que sente envexa do éxito de donicela e constantemente tenta amolalo, mais sen conseguilo.
Orixinalmente formou parte da serie Vaca e polo entre 1997 e 1999, sendo estreado normalmnete como o terceiro segmento dun episodio (agás nunha ocasión na que foi emitido entre os dous segmentos de Vaca e polo). Eventualmente, Mandril e donicela converteuse nunha serie de seu, que se emitiu entre o 10 de xuño de 1999 e comezos de 2000. Conta cun total de 79 episodios producidos, incluíndo aqueles creados como parte de Vaca e polo.
Estreouse en galego a través da TVG no espazo infantil e xuvenil Xabarín Club.
Categorías
editar
Queres atopar artigos relacionados co Xabarín Club? Proba buscando nas seguintes categorías:
Artigos de calidade (0)
Artigos bos (1)
Grupo destacado
editar
Siniestro Total é un grupo de música punk-rock galego, formado en Vigo en 1981 por Germán Coppini, Miguel Costas, Alberto Torrado e Julián Hernández. Tras pasar por varias formacións, a actual ficou con Julián Hernández, Javier Soto, Óscar G. Avedaño, Ángel González e Jorge Beltrán. No outono de 1981 a banda comezou a ensaiar, a gravar temas e a promocionarse, pero faltáballes un vocalista. Atoparon a Germán Coppini, quen aceptou ocupar o posto do cantante en Siniestro Total. A finais de ano o grupo tiña catorce temas e empezou a publicitarse como "un grupo vigués cunha concepción iconoclasta e neo- dadaísta nos textos: punk-rock galego contra o aburrimento xeral", ou, tal como os definiría Antón Reixa nunha das primeiras gravacións das que se ten constancia, como un grupo de "esquizorock celta", e distribuíu a maqueta que tiñan gravada. Jesús Ordovás, que daquela dirixía o programa radiofónico Esto No Es Hawaii en Radio 3, interesouse por ela. Ordovás comezou a pinchar os seus temas e a promocionar a Siniestro Total dende o seu espazo radiofónico. Deste xeito, a banda acadou unha enorme sona entre os oíntes, quen comezaron a pedir máis material do grupo.
Sabías que...?
editar
- ...A cantar con Xabarín é unha serie de 5 CDs con cancións gravadas por grupos galegos, portugueses, africanos e casteláns e que foi recompilada en 2004 nos volumes VI e VII, un CD con 23 temas e un DVD con 48 videoclips?
- ...Arquivo
Portais relacionados
editar
Outros portais relacionados
|