Monti Castiñeiras
(2018) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1963 (60/61 anos) Santiago de Compostela, España |
Educación | Universidade de Santiago de Compostela |
Actividade | |
Ocupación | actor, actor de cinema, actor de televisión |
Premios | |
| |
Ramón Castiñeiras Rodríguez, nado en Santiago de Compostela o 6 de setembro de 1963, é un actor galego, máis coñecido como Monti Castiñeiras.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Formación
[editar | editar a fonte]Estudou Filoloxía Inglesa e Maxisterio na Universidade de Santiago de Compostela. En canto á súa formación como actor, estudou interpretación, danza, expresión corporal, ortofonía, dicción, canto, voz, narración oral etc. con Arnold Tarraborelli, Begoña Vale, Marta García, Jesús Aladrén, Ramón Bermejo, Vicente Fontes, Assumpta Serna, Scott Cleverdon ou José Campanari.
Actividade laboral
[editar | editar a fonte]Castiñeiras é un actor de extensa traxectoria profesional. Traballou en cinema, teatro, televisión e publicidade. Gran parte da súa carreira desenvolveuse en Galiza, onde traballou tanto en curtametraxes coma en longametraxes, amais de en diversas series emitidas pola TVG desde finais da década dos 90, ben con personaxes fixos ou a modo de colaboracións.
Tamén se lle viu en aparicións capitulares dalgunhas series de éxito a nivel estatal como Un paso adelante ou El comisario, entre outras, ademais do seu papel fixo na telenovela Géminis, venganza de amor.
No cinema traballou en 2 ocasións ás ordes de Antonio Mercero e en teatro foi autor e produtor, ademais de protagonista, dun dos seus últimos espectáculos, Borracheira de paixón.
É tamén actor de dobraxe, e dedícase a iso dende a década dos 90, aínda que hoxe en día segue en activo dobrando en galego series e filmes.
Televisión
[editar | editar a fonte]- A familia Pita (1997)
- Os vixilantes do camiño (1999)
- Nada es para siempre (1999)
- Pratos combinados (2000)
- Rías Baixas (2000)
- Mareas vivas (2000). Personaxe: Xurxo Vázquez
- Galicia Exprés (2001)
- Terra de Miranda (2001)
- Pequeno Hotel (2001)
- Abogados (2001)
- Fíos (2002)
- Géminis, venganza de amor (2002). Personaxe: Gustavo
- As leis de Celavella (2004)
- Libro de familia (2005). Personaxe: Telmo Seoane
- El comisario
- Matalobos (2009). Personaxe: Darío Vargas
- Los Misterios de Laura (2009-2011). Personaxe: Ismael
- Serramoura (2014-2020). Personaxe: Santos
- El final del camino (2017). TVG, RTVE, Voz. Personaxe: Satanás
- Fariña (2018), Antena 3. Personaxe: Colombo
- Néboa (2020), TVE. Personaxe: Cholo novo
- La unidad (2020). Movistar+. Personaxe: inspector de policía
- Auga seca (2020), TVG - RTP. Personaxe: Mauro Galdón
- A lei de Santos (2020-). Personaxe: Santos
Cine
[editar | editar a fonte]- Divinas palabras (1987), de José Luis García Sánchez.
- Vídeo doméstico (1995), de Chema Gagino (curtametraxe).
- Isolina do Caurel (1997), de Chema Gagino (curtametraxe).
- Os pocillos (1999), de Pedro C. Solla.
- Tanto ten (2000), de Pedro C. Solla (curtametraxe).
- Era outra vez (2000), de Juan Pinzás.
- Condenado a vivir (2001), Roberto Bodegas.
- Días de voda (2002), de Juan Pinzás.
- Ilegal (2003), de Igancio Vilar.
- O lapis do carpinteiro (2003), de Antón Reixa.
- Planta 4ª (2003), de Antonio Mercero.
- O trasto (2003), de Rafael Calvo.
- Secuestrados en Xeorxia (2003), de Gustavo Balza.
- Pataghorobí (2005), de Ricardo Llovo.
- Viure sense por (2005), de Carlos Pérez Ferré.
- Te quiero mal (2005), de Mireia Giró (curtametraxe).
- A Atlántida (2005), de Belén Macías.
- Os aires difíciles (2006), de Gerardo Herrero.
- A biblioteca da iguana (2006), de Antón Dobao.
- ¿Y tú quién eres? (2007), de Antonio Mercero.
- A mariñeira (2008), de Antón Dobao.
- O club da calceta (2009), de Antón Dobao.
- Conexão (2009), de Lionel Vieira.
- Dictado (2012), de Antonio Chavarrías.
- A esmorga (2014), de Ignacio Vilar.
- Sicixia (2016), de Ignacio Vilar.
- Os fillos do sol (2017). Telefilme. Como garda civil.
Galardóns e nomeamentos
[editar | editar a fonte]Ano | Categoría | Título | Resultado |
---|---|---|---|
2005 | Mellor actor secundario | Libro de familia | Nomeado |
2006 | Mellor actor secundario | Os aires difíciles | Proposto |
2009 | Mellor actor secundario | O Nordés | Proposto |
2014 | Mellor actor secundario | Serramoura | Nomeado |
2015 | Mellor actor secundario | Serramoura | Nomeado |
2016 | Mellor actor protagonista | Sicixia | Nomeado |
Mellor actor secundario | Serramoura | Gañador | |
2017 | Mellor actor secundario | Serramoura | Nomeado |
- Actores de Santiago de Compostela
- Actores de cine de Galicia
- Actores de dobraxe de Galicia
- Actores de televisión de Galicia
- Actores de teatro de Galicia
- Actores de voz de Galicia
- Nados en Santiago de Compostela
- Nados en 1963
- Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela
- Premio Mestre Mateo á mellor interpretación masculina secundaria