Saltar ao contido

Movistar Plus+

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Movistar+»)
Logo de Movistar Plus+

Movistar Plus+ (anteriormente Movistar+) é o nome comercial da televisión dixital interactiva que ofrece Movistar. Para a distribución, utilízase a tecnoloxía IPTV de transmisión de televisión sobre redes IP.

Historia e características

[editar | editar a fonte]

Este servizo non só opera en España, senón que dende mediados de 2007 opera tamén en Chile e comercialízase como un complemento aos actuais servizos que Movistar Chile ofrece mediante a súa plataforma de satélite. Este servizo tamén está en fase de probas na Arxentina.[cando?]

A oferta básica consta de 65 canles de televisión e 15 canles de son con emisión en aberto.

Ademais, en modalidade de pago por visión, ofrécense distintos eventos deportivos e películas de estrea. Estas últimas ofrécense na modalidade de vídeo baixo demanda. Tamén se ofrecen series, noticias, documentais e videoclips.

O 7 de maio de 2013, Telefónica modificou o seu servizo de televisión de pago, que pasou a chamarse Movistar TV, xubilando a marca Imagenio.[1]

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]