2014
Aparencia
2014 | |||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Calendario gregoriano | 2014 MMXIV | ||||||||||||||||||
Ab urbe condita | 2767 | ||||||||||||||||||
Calendario armenio | 1463 | ||||||||||||||||||
Calendario chinés | 4710 – 4711 | ||||||||||||||||||
Calendario hebreo | 5774 – 5775 | ||||||||||||||||||
Calendario hindú | |||||||||||||||||||
· Vikram Samvat | 2069 – 2070 | ||||||||||||||||||
· Shaka Samvat | 1936 – 1937 | ||||||||||||||||||
· Kali Yuga | 5115 – 5116 | ||||||||||||||||||
Calendario persa | 1392 – 1393 | ||||||||||||||||||
Calendario musulmán | 1436 – 1437 | ||||||||||||||||||
Calendario rúnico | 2264 | ||||||||||||||||||
|
2014 é un ano común empezado en mércores segundo o calendario gregoriano.
Acontecementos
[editar | editar a fonte]Xaneiro
[editar | editar a fonte]- 1 de xaneiro:
- Grecia asume a súa quinta presidencia do Consello da Unión Europea.
- Ingreso na Eurozona de Letonia.[1]
- Comeza a venda legal de marihuana con fins recreativos no estado de Colorado, converténdose así no primeiro mercado público de marihuana dos Estados Unidos.[2]
- A empresa Fiat faise có control total da empresa Chrysler.[3]
- 4 de xaneiro: Comeza unha nova edición do Rally Dakar, con trazado Rosario - Salta - Valparaíso
- 20 de xaneiro: Catherine Samba-Panza ocupa de forma interina a presidencia da República Centroafricana, dez días despois da dimisión do presidente Michel Djotodia.[4]
- 23 de xaneiro: O goberno do Sudán do Sur e as forzas rebeldes firman un alto o fogo no conflito iniciado a mediados de decembro de 2013.[5]
Febreiro
[editar | editar a fonte]- 2 de febreiro: Ten lugar a 48ª edición da Super Bowl, celebrada no MetLife Stadium (East Rutherford, Nova Jersey)
- 7 de febreiro:
- Comezan os XXII Xogos Olímpicos de Inverno celebrados en Sochi, Rusia, que finalizarán o 23 de febreiro.
- O Tribunal Constitucional de Alemaña inhíbese en favor do Tribunal de Xustiza da Unión Europea sobre a legalidade do anuncio feito polo Banco Central Europeo no verán de 2012 de que mercaría de forma ilimitada débeda pública dos países europeos con problemas económicos, coma España ou Italia.[6][7]
- 9 de febreiro: Suíza aproba en referendo restrinxi-lo acceso ao país dos cidadáns da Unión Europea, o que supón o seu abandono de facto do acordo de Schengen.[8]
- 13 de febreiro:
- Dimite o ata entón primeiro ministro de Italia, Enrico Letta.[9]
- Bélxica convírtese no primeiro país do mundo en legalizar a eutanasia para pacientes de calquera idade con doenzas terminais.[10]
- 22 de febreiro: O presidente da Ucraína Victor Yanukóvich abandona Kíiv e o parlamento aproba a excarcelación de Yulia Timoshenko.[11]
Marzo
[editar | editar a fonte]- 1 de marzo: O Senado ruso autoriza ao presidente Vladimir Putin a empregar as Forzas Armadas rusas en Ucraína.[12]
- 2 de marzo: Celébrase a 86ª edición dos Oscar no Teatro Dolby dos Ánxeles, Estados Unidos de América.
- 7 de marzo: Comezan a 10ª edición dos Xogos suramericanos en Santiago de Chile.
- 8 de marzo: Voo 370 de Malaysia Airlines: Desaparece un avión de Malaysia Airlines con 239 pasaxeiros a bordo. Cinco países do sueste asiático comezan un operativo de busca entre as augas de Malaisia e Vietnam.[13]
- 11 de marzo: O parlamento de Libia destitúe ao primeiro ministro Ali Zeidan, quen abandona o país ao día seguinte.[14]
- 19 de marzo: O Parlamento europeo aproba a creación do Fondo Único de Resolución para a liquidación ou reestruturación dos bancos europeos con problemas, dotado con 55 000 millóns de euros.[15]
- 21 de marzo:
- En Turquía o primeiro ministro Recep Tayyip Erdogan ordena bloquear a rede social Twitter.[16]
- O Tribunal Constitucional de Tailandia anula as eleccións lexislativas do 2 de febreiro.[17]
- 23 de marzo: A Forza Aérea Turca derriba un avión sirio acusado de violar o seu espazo aéreo.[18]
- 24 de marzo – Rusia é suspendida temporalmente do G8 nunha reunión de emerxencia dos restantes países membros do grupo.[19]
Abril
[editar | editar a fonte]- 3 de abril: O goberno de Malí anuncia o descubrimento no seu país de tres casos sospeitosos de febres hemorráxicas asociadas ao virus Ébola.[20]
- 6 de abril: Eleccións lexislativas en Hungría, nas que o partido Fidesz de Viktor Orbán renova a maioría no parlamento.[21]
- 7 de abril: Microsoft deixa de dar soporte oficialmente para Windows XP SP3 e Office 2003.
- 10 de abril: Un sismo de 6,2° sacode os departamentos de León e Managua en Nicaragua.
- 19 de abril: Un meteorito impacta no oeste de Rusia sen que se produzan danos materiais.[22]
- 23 de abril: Al Fatah e Hamás anuncian o fin do conflito que mantiñan dende 2007 e a próxima formación dun goberno de unidade palestina encabezado por Mahmud Abbas, líder de Al Fatah e presidente da Autoridade Nacional Palestina (ANP).[23]
- 27 de abril: A Igrexa católica canoniza aos papas Xoán XXIII e Xoán Paulo II.[24]
- 29 de abril: Ten lugar unha eclipse solar anular.
Maio
[editar | editar a fonte]- 5 de maio:
- A Organización Mundial da Saúde identifica o avance da poliomielite en 10 países coma unha emerxencia sanitaria mundial.[25]
- Militantes de Boko Haram matan a unhas 300 persoas nun ataque en Gamboru Ngala.[26]
- 8 de maio: O ANC revalida a maioría absoluta nas eleccións xerais de Suráfrica.[27]
- 10 de maio: Final do Festival de Eurovisión 2014 en Dinamarca, gañado por Austria có tema Rise Like a Phoenix de Conchita Wurst.
- 13 de maio: Un accidente mineiro en Turquía causa 300 mortos, dando lugar a protestas pola falta de seguridade nas minas de todo o país.[28]
- 17 de maio: Día das letras galegas, dedicado ó poeta Xosé María Díaz Castro.
- 18 de maio: Ten lugar un asalto ao parlamento de Libia encabezado polo xeneral antiislamista Jalifa Hifter.[29]
- 26 de maio: Narendra Modi toma posesión coma primeiro ministro da India, trala vitoria do seu partido, o BJP, nas eleccións xerais dese ano.[30]
Xuño
[editar | editar a fonte]- 3 de xuño: Sony anuncia o cesamento das vendas da PSP.[31]
- 5 de xuño:
- O presidente do Banco Central Europeo Mario Draghi anuncia un plan para reactiva-la economía europea e facer fronte ao risco de deflación.[32]
- O grupo militante sunnita denominado Estado Islámico do Iraq e o Levante (coñecido coma ISIS) comeza unha ofensiva polo norte de Iraq intentando captura-la capital de Bagdad e dar un golpe de estado derrocando ao primeiro ministro Nouri al-Maliki.[33]
- 12 de xuño: Comeza no Brasil a 20ª Copa Mundial de Fútbol.
- 19 de xuño: O Rei Xoán Carlos I de España abdica no seu fillo Filipe VI de España.[34]
- 21 de xuño:
- Rexístranse manifestacións en España ao redor de cada un dos 17 parlamentos autonómicos en contra dos recortes económicos.[35]
- A UNESCO outorga á Rede Viaria Inca a designación de Patrimonio Cultural da Humanidade, na 38ª reunión do seu comité celebrado en Doha (Qatar).[36]
- 27 de xuño: NCG Banco muda a marca Novagalicia Banco por ABANCA.[37]
- 28 de xuño: celébrase o centenario do asasinato do arquiduque Francisco Fernando de Austria que desencadearía a primeira guerra mundial.
Xullo
[editar | editar a fonte]- 4 de xullo: O parlamento de Rusia condona o 90% da débeda contraída con Cuba coa extinta Unión Soviética, que ascendía a 35 000 millóns de dólares.[38]
- 5 de xullo: Unha avioneta estrélase na cidade polaca de Częstochowa cun resultado de 11 persoas falecidas e unha ferida.[39]
- 6 de xullo: Logran escapar 63 mulleres das 68 que foran secuestradas polo grupo terrorista Boko Haram en xuño na localidade de Damboa en Nixeria.[40]
- 9 de xullo: Investigadores das universidades de Pensilvania, Colorado e Brandon atopan no Parque Provincial de Driftwood Canyon (Columbia Británica) fósiles de ourizos arcaicos pertencentes ao período Eoceno, que reciben a denominación de Silvacola acares.[41]
- 13 de xullo: Alemaña gaña na final da Copa Mundial de Fútbol de 2014 a Arxentina cun resultado de 1-0 no tempo engadido.
- 15 de xullo: O goberno colombiano e as FARC reanudan os diálogos de paz tralas eleccións presidenciais no país.[42]
- 17 de xullo: O Voo 17 de Malaysia Airlines estrélase na cidade ucraína de Grabovo tras ser derribado por un mísil, resultando no falecemento de 298 persoas.[43]
- 18 de xullo: O parlamento de Xeorxia ratifica o Acordo de Asociación coa Unión Europea que firmara o 27 de xuño.[44]
- 23 de xullo: O Voo 222 de TransAsia Airways, con destino a Magong (Taiwán), estrélase nas Illas Pescadores ao tentar unha aterraxe de emerxencia. 48 persoas morreron no accidente e 10 resultaron feridas.[45][46]
- 24 de xullo: Estrélase ao norte de Malí o Voo 5017 de Air Algérie, que partira do aeroporto de Uagadugú en Burkina Faso con destino ao aeroporto Internacional Houari Boumedienne de Alxer.[47][48]
- 26 de xullo: Pedro Sánchez é elixido coma secretario xeral do Partido Socialista Obrero Español.[49]
Agosto
[editar | editar a fonte]- 6 de agosto: A sonda espacial Rosetta fai contacto có cometa 67P/Churyumov–Gerasimenko a uns 405 millóns de quilómetros da Terra e comeza as súas manobras de aproximación.[50]
- 16 de agosto: Comezan os II Xogos Olímpicos da Xuventude en Nanjing, China.[51]
- 20 de agosto: Descóbrese unha comunidade bacteriana nun lago subglacial na Antártida cun número aproximado de 4 000 especies distintas[52]
- 31 de agosto: Unha erupción do volcán Bardarbunga en Islandia levanta a alerta vermella en todo o país.[53]
Setembro
[editar | editar a fonte]Por favor, axuda na mellora deste artigo ou sección ampliando a información que achega. Se cadra, podes atopar máis información na páxina de conversa. |
Outubro
[editar | editar a fonte]Por favor, axuda na mellora deste artigo ou sección ampliando a información que achega. Se cadra, podes atopar máis información na páxina de conversa. |
Novembro
[editar | editar a fonte]- 9 de novembro: Celébrase a Consulta sobre a independencia de Cataluña.
Por favor, axuda na mellora deste artigo ou sección ampliando a información que achega. Se cadra, podes atopar máis información na páxina de conversa. |
Decembro
[editar | editar a fonte]Por favor, axuda na mellora deste artigo ou sección ampliando a información que achega. Se cadra, podes atopar máis información na páxina de conversa. |
Mortes
[editar | editar a fonte]- Artigo principal: Finados en 2014.
Premios Nobel
[editar | editar a fonte]- Premio Nobel de Física: Isamu Akasaki, Hiroshi Amano e Shuji Nakamura, pola invención dos LEDs de luz azul.
- Premio Nobel de Química: Eric Betzig, Stefan Hell e William Moerner, polo desenvolvemento da microscopia de superresoulción.
- Premio Nobel de Medicina: John O'Keefe, May-Britt Moser e Edvard Moser, polos seus descubrimentos en células do sistema de posicionamento no cerebro.
- Premio Nobel de Literatura: Patrick Modiano, novelista francés.
- Premio Nobel da Paz: Kailash Satyarthi e Malala Yousafzai, pola defensa dos dereitos do menor á educación.
- Premio Nobel de Economía: Jean Tirole, pola súa análise do poder de mercado e regulación do mercado.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Letonia entra en el euro a rastras". El País (en castelán). 2 de xaneiro de 2014.
- ↑ "Colorado inicia la venta legal de marihuana con fines recreativos". El País (en castelán). 2 de xaneiro de 2014.
- ↑ "Fiat redobla su apuesta global al culminar la absorción de Chrysler". El País (en castelán). 5 de xaneiro de 2014.
- ↑ BBC, ed. (20 de xaneiro de 2014). "Central African Republic MPs elect Catherine Samba-Panza" (en inglés). Consultado o 20 de xaneiro de 2014.
- ↑ "Gobierno y rebeldes do Sudán del Sur firman un acuerdo de alto el fuego". El País (en castelán). 23 de xaneiro de 2014. Consultado o 25 de xaneiro de 2014.
- ↑ "El TC alemán claudica y renuncia a vetar las compras de deuda del BCE". La Vanguardia (en castelán). 8 de febreiro de 2014.
- ↑ Xavier Vidal-Folch (8 de febreiro de 2014). "Una bofetada al Bundesbank". El País (en castelán).
- ↑ "Suiza da un portazo a la Unión Europea". El País (en castelán). 10 de febreiro de 2014.
- ↑ "Letta pierde una guerra fratricida". El País (en castelán). 14 de febreiro de 2014.
- ↑ "Belgium's parliament votes through child euthanasia" (en inglés). BBC News. 13 de febreiro de 2014. Consultado o 13 de febreiro de 2014.
- ↑ "La calle derriba al régimen ucranio". El País (en castelán). 23 de febreiro de 2014.
- ↑ "En defensa de la sangre rusa". El País (en castelán). 2 de marzo de 2014.
- ↑ Watkins, Tom; Carter, Chelsea J. (8 de marzo de 2014). "Search intensifies for Malaysian airliner and 239 people, rescue ships head to sea" (en inglés). CNN. Consultado o 8 de marzo de 2014.
- ↑ "El desgobierno en Libia convierte al país en un polvorín sobre un pozo de petróleo", El País, 14 de marzo de 2014.(en castelán)
- ↑ "Europa apuntala la unión bancaria", El País, 20 de marzo de 2014.(en castelán)
- ↑ "Golpe de Erdogan contra las redes sociales", El País, 22 de marzo de 2014 (en castelán)
- ↑ "El Constitucional anula los comicios de febrero", La Vanguardia, 22 de marzo de 2014. (en castelán)
- ↑ bbc.com. "Turkey downs Syria military jet 'in airspace violation'" (en inglés).
- ↑ Acosta, Jim (25 de marzo de 2014). "U.S., other powers kick Russia out of G8" (en inglés). CNN. Consultado o 25 de marzo de 2014.
- ↑ "El Ébola se extiende a Malí y pone en alerta al aeropuerto de París", El País, 5 de abril de 2014. (en castelán)
- ↑ "Victor Orban consolida su poder sobre Hungría en las urnas", El País, 7 de abril de 2014. (en castelán)
- ↑ Hubo un destello se ha producido en la localidad de Murmansk, cerca de la frontera con Finlandia. ABC, 20 de abril de 2014 (en castelán)
- ↑ "Los partidos palestinos Al Fatah y Hamás anuncian su reconciliación", El País, 24 de abril de 2014. (en castelán)
- ↑ Smith-Spark, Laura; Gallagher, Delia; Wedeman, Ben (27 de abril de 2014). "Sainthood for John Paul II and John XXIII, as crowds pack St. Peter's Square" (en inglés). CNN. Consultado o 27 de abril de 2014.
- ↑ Maria Cheng (5 de abril de 2014). "UN: Spread of Polio is a World Health Emergency" (en inglés). The Huffington Post. Consultado o 5 de abril de 2014.
- ↑ "Boko Haram Attack Kills Hundreds In Border Town" (en inglés). The Huffington Post. Consultado o 7 de maio de 2014.
- ↑ "El partido de Mandela revalida la mayoría absoluta", El País, 9 de maio de 2014. (en castelán)
- ↑ "La tragedia minera reabre la fuerte fractura social de Turquía", El País, 18 de maio de 2014. (en castelán)
- ↑ "Un general libio contra el islamismo", El País, 25 de maio de 2014. (en castelán)
- ↑ "Modi: 'Voy a trabajar sin miedo ni odio y voy a hacer justicia para todos'", El País, 27 de maio de 2014. (en castelán)
- ↑ "Sony anuncia que dejará de vender su consola portátil PSP". EMOL (en castelán). 3 de xuño de 2014. Consultado o 5 de xuño de 2014.
- ↑ "El BCE inyectará 400.000 millones de euros para reactivar el crédito", El País, 6 de xuño de 2014. (en castelán)
- ↑ "Witness claims ISIS flag flies over key Iraq refinery, Baghdad says soldiers still hold it" (en inglés). Fox News. 19 de xuño de 2014. Consultado o 20 de xuño de 2014.
- ↑ "Las Cortes prevén proclamar a Felipe VI como rey de España el 18 de junio", "La Vanguardia", 8 de junio de 2014.
- ↑ Miles de personas rodean parlamentos autonómicos contra los recortes y la pobreza. Consultado el 21 de xuño de 2014 (20minutos de España). (en castelán)
- ↑ Unesco declara el Camino del Inca como Patrimonio de la Humanidad. Consultado el 23 de xuño de 2014 (BBC Mundo). (en castelán)
- ↑ "Novagalicia cambia su nombre por el de Abanca para empezar de cero". Diario de Ferrol (en castelán). 27 de xuño de 2014. Consultado o 9 de abril de 2015.
- ↑ "Rusia condona a Cuba el 90% de la deuda de los tiempos de la URSS", El País, 6 de xullo de 2014. (en castelán)
- ↑ Al menos once muertos al estrellarse una avioneta en el suroeste de Polonia. 20minutos (en castelán)
- ↑ Escapan 63 mujeres y niñas secuestradas en junio por Boko Haram. Arquivado 12 de xullo de 2014 en Wayback Machine. Lainformación (en castelán)
- ↑ Hallan fósiles de mamíferos tropicales en Canadá. Arquivado 16 de abril de 2015 en Wayback Machine. Consultado el 12 de xullo de 2014 El Economista (en castelán)
- ↑ Gobierno y FARC retoman diálogos el 15 de julio en La Habana. Arquivado 14 de xullo de 2014 en Wayback Machine. TerraColombia. (en castelán)
- ↑ "Malaysia Airlines Flight 17: Officials say plane shot down over Ukraine" (en inglés).
- ↑ El Parlamento de Georgia ratificará el acuerdo con la UE la próxima semana. Arquivado 14 de xullo de 2014 en Wayback Machine. РИА Новости. (en ruso)
- ↑ "TransAsia Plane Crash Landing 'Kills 51'" (en inglés). Sky News. 23 de xullo de 2014. Consultado o 23 de xullo de 2014.
- ↑ "48 dead, 10 injured in Penghu plane crash: reports". Taiwan News (en inglés). 23 de xullo de 2014. Arquivado dende o orixinal o 23 de xullo de 2014. Consultado o 23 de xullo de 2014.
- ↑ "Desaparece un vuelo de Air Algerie sobre el desierto del Sahel". El Mundo (en castelán). 24 de xullo de 2014.
- ↑ Ahmed, Hamid Ould (24 de xullo de 2014). "Missing Air Algerie plane from Burkina Faso has crashed: Algerian official" (en inglés). Reuters. Arquivado dende o orixinal o 24 de xullo de 2014. Consultado o 24 de xullo de 2014.
|urlarquivo=
e|url-arquivo=
redundantes (Axuda);|dataarquivo=
e|data-arquivo=
redundantes (Axuda) - ↑ EFE (27 de xullo de 2014). "Pedro Sánchez, elegido por aclamación secretario general del PSOE". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 9 de abril de 2015.
- ↑ Fischer, D. (6 de agosto de 2014). "Copia arquivada". The Planetary Society. Arquivado dende o orixinal o 06 de agosto de 2014. Consultado o 09 de abril de 2015.
|title=
e|título=
redundantes (Axuda);|archiveurl=
e|urlarquivo=
redundantes (Axuda);|archivedate=
e|dataarquivo=
redundantes (Axuda);|accessdate=
e|data-acceso=
redundantes (Axuda) - ↑ www.olympic.org (ed.). "Nanjing 2014" (en inglés). Consultado o 9 de abril de 2015.
- ↑ Michael D. Lemonick (20 de agosto de 2014). National Geographic, ed. "Microbes Discovered in Subglacial Antarctic Lake May Hint at Life in Space" (en inglés). Consultado o 9 de abril de 2015.
- ↑ BBC.com, ed. (31 de agosto de 2014). "Iceland issues new Bardarbunga volcano alert" (en inglés). Consultado o 9 de abril de 2015.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: 2014 |