Sicixia (filme)
Aparencia
- Para ver o artigo sobre o fenómeno astronómico, véxase Sicixia
Sicixia | |
---|---|
Cartel publicitario na Coruña. | |
Ficha técnica | |
Título orixinal | Sicixia |
Director | Ignacio Vilar[1] |
Produtor | Marina Fariñas Ignacio Vilar[1] |
Guión | Ignacio Vilar[1] |
Intérpretes | Monti Castiñeiras Marta Lado Arantza Villar Artur Trillo Daniel Trillo[1] Sonia Castelo Tamara Canosa[2] |
Fotografía | Diego Romero Suárez-Llanos |
Montaxe | Fernando Alfonsín |
Estudio | Vía Láctea Filmes |
Estrea | 25 de novembro de 2016 |
Duración | 98 minutos |
Orixe | Galicia |
Xénero | Romántico |
Recadación | 68.507,12 €[3] |
Na rede | |
http://sicixia.gal/ | |
Sicixia é un filme galego dirixido por Ignacio Vilar que se estreou no 2016.[1]
Sinopse
[editar | editar a fonte]Xiao é un enxeñeiro de son que viaxa por Galicia rexistrando os sons da natureza e da xente. Cando chega á Costa da Morte coñece a Olalla, unha recolledora de algas que o guía para atopar os lugares máis interesantes dese lugar. En pouco tempo xorde entre eles unha grande atracción.[4]
Personaxes
[editar | editar a fonte]- Monti Castiñeiras como Xiao
- Marta Lado como Olalla
- Arantza Villar como Alís
- Artur Trillo como Tío de Olalla
- Daniel Trillo como Pedro
- Tamara Canosa como Doutora
Recepción
[editar | editar a fonte]Na súa primeira fin de semana na carteleira, Sicixia logrou posicionarse entre os cinco filmes máis vistos en Galicia.[5]
Galardóns e nomeamentos
[editar | editar a fonte]- 2016: 2016: Festival Cinespaña de Tolosa: Mellor actriz (Marta Ledo)[2]
- 2017: Mellor filme estranxeiro no Festival de Houston.[6]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 Web oficial da película
- ↑ 2,0 2,1 Ficha en Filmaffinity (en castelán)
- ↑ Catálogo ICAA (ed.). "Ficha da ICAA de Sicixia". Consultado o 2 de novembro de 2019.
- ↑ Vilar lleva a Cinespaña "Sicixia", un filme para ver con todos los sentidos Arquivado 17 de novembro de 2016 en Wayback Machine.(en castelán)
- ↑ "'Sicixia' entra no top 5 da carteleira galega". Sermos Galiza. 29 de novembro de 2016. Arquivado dende o orixinal o 29 de novembro de 2016. Consultado o 29 de novembro de 2016.
- ↑ O, M (30 de abril de 2017). ""Sicixia", Premio ao Mellor Filme Estranxeiro no WorldFest de Houston". Sermos Galiza. Arquivado dende o orixinal o 16 de setembro de 2019. Consultado o 2 de maio de 2017.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Sicixia |
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Páxina oficial
- Sicixia na IMDb (en inglés).