Golfo de Adén
(ar) خليج عدن | |||||
Tipo | baía | ||||
---|---|---|---|---|---|
Parte de | Océano Índico | ||||
Localización | |||||
División administrativa | sen valor | ||||
| |||||
Comparte fronteira con | Bosaso | ||||
Características | |||||
Profundidade | 2.700 m | ||||
Atravesa | Iemen, Somalia e Djibuti | ||||
O golfo de Adén ou Aden[1] atópase no océano Índico, entre o Iemen (na costa sur da Península Arábiga) e Somalia (no leste de África). Polo noroeste está conectado co Mar Vermello a través do estreito de Bab-el-Mandeb.
A súa lonxitude é de 1000 km e a súa anchura varía entre 150 e 440 km. O golfo é unha vía moi importante para o transporte da produción do petróleo do Golfo Pérsico, o cal dálle unha notable importancia a nivel mundial. Ademais, encóntranse nel numerosas cantidades de peixes e corais, posto que as súas augas non foron contaminadas dun xeito apreciable. Os dous portos máis importantes están en Adén, no Iemen e en Bardhere e Bosaso, en Somalia.
Non é unha zona considerada segura, dada a inestabilidade de Somalia e a que o Iemen posúe forzas de seguranza insuficientes para a zona, existindo casos de piratería e de ataques terroristas.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Golfo de Adén |
- ↑ Benigno Fernández Salgado, ed. (2004). Dicionario Galaxia de usos e dificultades da lingua galega. Editorial Galaxia. p. 1303. ISBN 9788482887524.
Aden (Iemen)