Saltar ao contido

Mar do Labrador

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía físicaMar do Labrador
Imaxe
Tipomar
mar marxinal Editar o valor en Wikidata
Parte deocéano Atlántico Norte Editar o valor en Wikidata
Localización
País da cuncaCanadá, Groenlandia e Dinamarca Editar o valor en Wikidata
División administrativaTerra Nova e Labrador, Canadá e Kujalleq, Groenlandia Editar o valor en Wikidata
Mapa
 60°41′N 56°37′O / 60.68, -56.61
Composto por
Características
Profundidade1.898 m Editar o valor en Wikidata
Superficie841.000 km² Editar o valor en Wikidata

O mar do Labrador (en francés: mer du Labrador, en inglés: Labrador Sea e en dinamarqués: Labradorhavet) é un corpo de auga do océano Atlántico Norte localizado entre a península canadense de Labrador e a illa danesa de Groenlandia. Está flanqueado por terras continentais en todos os seus bordos e a súa profundidade é duns 3 km. As súas augas conectan ao norte coas da baía de Baffin, a través do estreito de Davis.[1]

Xeoloxía

[editar | editar a fonte]

O mar de Labrador formouse probablemente polo espazamento do fondo mariño que empezou a ocorrer hai ao redor de 61 millóns de anos e parou fai preto de 40 millóns de anos.

Hai unha historia máis recente achega da forma do mar, durante a idade do xeo, a folla de xeo norteamericana colapsouse repetidas veces mandando vagas de icebergs cara ao mar do Labrador, no fondo do mar do Labrador hai unha capa de pedras irregulares (Glacial errático), isto é cachos de pedra que non coinciden con tamaño e o tipo de pedra nativas da área na que se atopan, deixadas aí polos icebergs ao derreterse.

Unha das canles de turbidita máis grandes de mundo corre de norte a sur no medio do mar do Labrador. As avalanchas de turbidita corren esta canle por centenares de quilómetros, moitos delas terminando nas augas máis profundas de Nova Inglaterra.

Límites xeográficos

[editar | editar a fonte]

Segundo a Organización Hidrográfica Internacional («International Hydrographic Organization», IHO), na súa publicación Limits of oceans and seas (3ª edición de 1953),[2] o mar do Labrador (que ten o número de identificación 15A) ten os seguintes límites:

  1. Encyclopædia Britannica. "Labrador Sea". Consultado o 30 de xullo do 2016. 
  2. «Limits of oceans and seas», pax. 10.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]