Saltar ao contido

Iemen

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaIemen
الجمهوريّة اليمنية (ar) Editar o valor en Wikidata
Imaxe

HimnoAl-jumhuriyatu l-muttahida (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata

Lema«الله ،الوطن، الثورة، الوحدة»
«God, Country, Revolution, Unity»
«Бог, държава, революция, единство»
«Duw, Gwlad, Chwyldro, Undod» Editar o valor en Wikidata
Símbolo oficialÁguia (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Localización
Editar o valor en Wikidata Mapa
 15°30′N 48°00′L / 15.5, 48
CapitalAdén
Saná (1990–) Editar o valor en Wikidata
Contén a división administrativa
'Amran (pt) Traducir
Abyan (pt) Traducir
Ad Dali' (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata../... 22+
Poboación
Poboación28.250.420 (2017) Editar o valor en Wikidata (50,9 hab./km²)
Lingua oficiallingua árabe Editar o valor en Wikidata
RelixiónIslam Editar o valor en Wikidata
Xeografía
Parte de
Superficie555.000 km² Editar o valor en Wikidata
Lonxitude da costa2.500 km Editar o valor en Wikidata
Bañado porMar Vermello e Mar Arábigo Editar o valor en Wikidata
Punto máis altoJabal an Nabi Shu'ayb (pt) Traducir (3.666 m) Editar o valor en Wikidata
Punto máis baixoMar Arábigo (0 m) Editar o valor en Wikidata
Comparte fronteira con
Datos históricos
Precedido por
Creación1990 Editar o valor en Wikidata
Día festivo
Organización política
Forma de gobernorepública
presidencialismo Editar o valor en Wikidata
• Presidente Editar o valor en WikidataRashad al-Alimi (pt) Traducir (2022–) Editar o valor en Wikidata
Órgano executivoGovernment of Yemen (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
• Anexo:Lista (pt) Traducir Editar o valor en WikidataMaeen Abdulmalik Saeed (pt) Traducir (2018–) Editar o valor en Wikidata
Órgano lexislativoParliament of Yemen (en) Traducir , Editar o valor en Wikidata
Máxima autoridade xudicialQ12192498 Traducir Editar o valor en Wikidata
Membro de
MoedaRial iemení Editar o valor en Wikidata
Identificador descritivo
Fuso horario
Dominio de primeiro nivel.ye Editar o valor en Wikidata
Prefixo telefónico+967 Editar o valor en Wikidata
Teléfono de emerxencia199 (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Código de paísYE Editar o valor en Wikidata

Páxina webyemen.gov.ye Editar o valor en Wikidata
BNE: XX455830

O Iemen[1] é un país árabe que ocupa o extremo suroeste da Península da Arabia. Limita ao norte coa Arabia Saudita, ao leste co Omán, ao sur co mar de Arabia e mailo golfo de Adén, e a oeste polo estreito de Bab el-Mandeb e polo mar Vermello. O Iemen inclúe tamén algunhas illas situadas ó longo do chamado Corno de África, das cales a máis grande é Socotora.

O Iemen é un dos centros máis antigos de civilización do Oriente Próximo. A súa terra, relativamente fértil nalgúns vales, e o seu clima húmido permitiron o desenvolvemento dunha poboación estable. Os seus habitantes, nómades, dedicáronse durante toda a época antiga á gandería e á cría de aves.

Política

[editar | editar a fonte]

Abdul Qadir Bajamal do Congreso Xeral Popular foi primeiro ministro dende o 31 de marzo de 2001 até o 7 de abril de 2007.

Xeografía

[editar | editar a fonte]

Algo meirande ca España en superficie (527.970 km²) e sito no extremo suroeste da Península Arábiga, e polo tanto considerado un país do Oriente Próximo, con todo algúns xeógrafos, como Carlos Garijo, coidan que o Iemen é un país africano, apoiándose tanto na súa posición xeográfica como na súa cultura, mais non é unha opinión xeral.

Fisiográficamente, o país consta de partes diferenciadas que gañan altura desde a costa para logo descender no interior. O litoral constitúe unha franxa estreita, denominado Tihamah; a continuación, en poucos quilómetros, levántanse unha serie de montañas de altura intermedia e vales, que constitúen a transición ás chamadas terras altas, que ocupan unha anchura maior no oeste do país, en paralelo ao Mar Vermello; neste último territorio sitúase a maior altura do Iemen, o Jabal an Nabi Shu'ayb, de 3.760 m. Nun planalto da zona está localizada a capital iemení, Saná, a máis de 2.200 m. No extremo sur do país, no Bab el-Mandeb, o estreito que comunica o océano Índico e o mar Vermello, montañas elevadas chegan até cerca da costa (Jabal Sabir, 3.006 m). Pasadas as terras altas, o territorio descende en altura cada vez máis cara ao leste, na zona fronteiriza con Arabia Saudita e Omán, máis xa tamén próximo ao temido deserto de Rub al-Khalí, que chega a alcanzar o centro norte do país. As costas alcanzan un total de 1.906 km de lonxitude.

O clima é practicamente desértico. Moi cálido é húmido na costa oeste, temperado nas montañas occidentais tamén afectadas polos monzóns; seco e frío nas terras altas. O deserto do centro e leste do país é moi cálido e seco.

O país sofre os efectos da desertización e da falta de auga. Os cursos de auga son torrentes (wadi, ramlat), só animados con auga durante as tormentas e os monzóns. Os ventos do nordeste son os responsábeis da aridez xeral do país e causantes das frecuentes tormentas de area.

Economía

[editar | editar a fonte]
Artigo principal: Economía do Iemen.

É o país máis pobre do Oriente Medio. Produce principalmente petróleo, pero nos anos da década de 1990 ao non apoiar o goberno o ataque sobre Iraq, subsecuente á invasión deste país sobre Kuwait, causou problemas de illamento do país e máis de 1 millón de emigrantes iemenís tiveron que volver ao país expulsados en represalia.

Cifras económicas xerais

[editar | editar a fonte]

O Produto Interior Bruto (PIB) creceu en 2004 sobre un 2,7 %. Ao sector primario correspondeulle un 14 % do PIB, a industria ou sector secundario un 38 % e ao sector servizos un 49 % do PIB. No ano 1999 un 48,5 % da poboación activa dedicábase á agricultura, un 15,1 % traballaba no sector industrial e un 36,4 % estaba ocupada no sector servizos. O desemprego acadaba en 2003 unha media do 25 % da poboación activa, mentres que a inflación era do 17,7 %. En 2003 un 5,5 % do PIB foi dedicado a servizos de saúde, un 9,6 % á Ensinanza e un 7,1 % a gastos militares.

Mapas e imaxes

[editar | editar a fonte]
  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para iemení.