Adén
عَدَن (ar) | ||||
Localización | ||||
---|---|---|---|---|
| ||||
Estado | Iemen | |||
Subdivisões (pt) | Áden (pt) | |||
Capital de | Iemen (2015–) | |||
Poboación | ||||
Poboación | 507.355 (2005) (667,57 hab./km²) | |||
Lingua oficial | lingua árabe | |||
Xeografía | ||||
Superficie | 760 km² | |||
Altitude | 6 m | |||
Datos históricos | ||||
Evento clave
| ||||
Identificador descritivo | ||||
Fuso horario | ||||
Prefixo telefónico | 967 | |||
Outro | ||||
Irmandado con | ||||
Adén[1] ou Aden[2] (árabe: عدن ʿAdan) é unha cidade do Iemen. Situada no Golfo de Adén, tiña 530 000 habitantes en 2003.
Historia
[editar | editar a fonte]Construíuse sobre un antigo lugar volcánico nos tempos do reino de Awsan entre o século V e VII a.C. A cidade foi visitada por Marco Polo e Ibn Baluta nos séculos XI e XII respectivamente. O seu porto, situado nunha zona estratéxica na ruta marítima entre a India e Europa fixo da cidade un botín desexable para as potencias marítimas. O 19 de xaneiro de 1839 a Compañía Británica das Indias Orientais atacou Adén para poñer fin aos ataques de piratas contra navíos británicos en ruta cara a India. Adén permaneceu baixo control británico ata 1967, gobernada como parte da India ata 1937 no que se converteu nunha Colonia da coroa británica. Despois da perda da Canle de Suez en 1956 Adén converteuse na principal base británica na rexión. O 18 de xaneiro de 1963 Adén incorpórase á Federación de Arabia do Sur. Foi a capital da República Democrática Popular do Iemen ata a unificación do Iemen do Norte e do Sur en 1990, nese ano a cidade foi declarada zona de libre comercio.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ «Adén». Diciopedia do século 21 1. Isaac Díaz Pardo, Víctor F. Freixanes, Antón Mascato (edición). Editorial Galaxia. 2007. p. 51.
- ↑ Benigno Fernández Salgado, ed. (2004). Dicionario Galaxia de usos e dificultades da lingua galega. Editorial Galaxia. p. 1303. ISBN 9788482887524.
Aden (Iemen)
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Adén |