Saltar ao contido

Hospital do Meixoeiro

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Revisión feita o 1 de setembro de 2023 ás 09:04 por Estevoaei (conversa | contribucións) ({{Edificio}})
(dif) ← Revisión máis antiga | Revisión actual (dif) | Revisión máis nova → (dif)
Hospital do Meixoeiro
En primeiro plano e de esquerda á dereita: entrada ao almacén, edificio de cociña e laboratorios e entrada a urxencias
Coordenadas42°12′53″N 8°41′04″O / 42.21472222, -8.68444444
editar datos en Wikidata ]
Hospital do Meixoeiro visto dende a rúa Ramón Nieto e debaixo del está o Parque Comercial Meixueiro.

O Hospital do Meixoeiro é un centro hospitalario público da cidade de Vigo. Está situado no lugar do Meixoeiro, en terreos das parroquias de Lavadores (zona de urxencias) e Bembrive (zona hospitalaria), e foi inaugurado o 30 de novembro de 1989. É un hospital xeral, é dicir, que ofrece todos ou case todas as especialidades médicas e cirúrxicas, aínda que tamén é centro de referencia en certas especializades de oncoloxía e cardioloxía e outras enfermidades tropicais coma o ébola ou o zika, nestes casos é centro de referencia para toda Galicia. Forma parte do Complexo Hospitalario Universitario de Vigo e no ano 2015 foi galardoado co premio Vigués distinguido.

Estrutura

[editar | editar a fonte]

O conxunto foi deseñado polos arquitectos Aurelio Botella, Joaquín Vaamonde e Julián Arranz. O Hospital consta de catro edificios, tres anexos e dúas naves[1].

O edificio principal ten 7 plantas ademais do baixo e dous sotos onde se atopan os servizos de hospitalización e servizos centrais, laboratorios e quirófanos de ciclo rápido. O segundo edificio aloxa os servizos de urxencias, bloque cirúrxico, urxencias, anatomía patolóxica e cociña. O terceiro edificio consta de dúas plantas,un baixo e un soto nos que se atopan os servizos centrais e vestiarios, radioloxía e rehabilitación. O cuarto edificio, aloxa a cafetería e a biblioteca do centro.

No anexo 1 están salón de actos, dirección e a Escola Universitaria de Enfermaría, que depende da Universidade de Vigo. O anexo 2 acolle as instalacións de alta tecnoloxía de Galaria (o antigo MEDTEC) de cardioloxía e oncoloxía, ademais do almacén xeral do hospital. No anexo 3 están a área ambulatoria, consultas externas e probas ambulatorias. A nave industrial aloxa as instalacións de lavandaría de todo o CHUVI e as salas de instalacións industriais (climatización, xeradores eléctricos...). A nave de servizos acolle os talleres de mantemento, almacén temporal de residuos e almacén de lavandaría

  1. "Estrutura do Complexo hospitalario". Arquivado dende o orixinal o 04 de marzo de 2012. Consultado o 02 de xaneiro de 2012. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]