20 de novembro
data
<< | Novembro | >> | ||||
Lu | Ma | Mé | Xo | Ve | Sá | Do |
1 | 2 | 3 | ||||
4 | 5 | 6 | 7 | 8 | 9 | 10 |
11 | 12 | 13 | 14 | 15 | 16 | 17 |
18 | 19 | 20 | 21 | 22 | 23 | 24 |
25 | 26 | 27 | 28 | 29 | 30 | |
2024 Todos os días |
O 20 de novembro é o 324º día do ano no Calendario Gregoriano e o 325º nos anos bisestos. Quedan 41 días para rematar o ano.
Acontecementos
editar- 284: en Roma, Diocleciano ė elixido emperador.
- 1520 - A expedición de Fernão de Magalhães remata a travesía do estreito que bautiza co seu nome.
- 1917 - Ucraína é declarada república.
- 1929 - Primeira exposición do pintor español Salvador Dalí en París.
- 1945 - Comezan os Xuízos de Núremberg contra 24 criminais de guerra nazis e 8 organizacións hitlerianas.
- 1959 - As Nacións Unidas aproban a Declaración dos Dereitos do Neno.
- 1962 - Remata a crise dos mísiles cubanos cando Rusia retira o seu armamento nuclear de Cuba.
- 1989 - As Nacións Unidas aproban a Convención sobre os Dereitos do Neno
- 1999 - A República Popular da China lanza ó espazo a primeira nave do Programa Shenzhou.
Nacementos
editar- 1602 - Otto von Guericke, inventor da bomba de baleiro (m. 1686).
- 1761 - Pío VIII, papa (m. 1830).
- 1841 - Victor D'Hondt, xurista belga (m. 1901).
- 1850 - Alfredo Vicenti, xornalista, médico e poeta galego (m. 1916).
- 1853 - Félix Estrada Catoyra, médico e ensaísta galego (m. 1938).
- 1886 - Karl von Frisch, zoólogo alemán (m. 1982).
- 1889 - Edwin Hubble, astrónomo (m. 1953).
- 1924 - Benoît Mandelbrot, creador da xeometría fractal (m. 2010).
- 1942 – Joe Biden, 46to presidente estadounidense.
- 1955 - Alicia Estévez Toranzo, microbióloga galega.
Mortes
editar- 1856 - Farkas Bolyai, matemático húngaro (n. 1775).
- 1910 - Lev Tolstoi, novelista ruso (n. 1828).
- 1936 - José Antonio Primo de Rivera, fundador de Falange Española, fusilado na cadea de Alacant polo bando republicano.
- 1936 - Buenaventura Durruti, líder anarquista español (n. 1896).
- 1952 - Benedetto Croce, escritor, filósofo e político italiano (n. 1866).
- 1952 - Edwin Conklin, biólogo norteamericano (n. 1863).
- 1955 - Salvador García-Bodaño Fernández, escritor e político galego (n. 1896).
- 1963 - Luis Cernuda, poeta español da Xeración do 27 (n. 1902).
- 1970 - María Barbeito, pedagoga galega (n. 1880).
- 1975 - Francisco Franco, ditador de España (n. 1892).
- 1978 - Giorgio de Chirico, pintor italiano (n. 1888).
- 1989 - Leonardo Sciascia, escritor italiano (n. 1921).
- 2006 - Robert Altman, director de cinema norteamericano (n. 1925).
- 2014 - Cayetana Fitz-James Stuart, aristócrata española (n. 1926).
Festas e celebracións
editar- Día Universal do Neno (tamén chamado Día Internacional dos Dereitos do Neno), en conmemoración da aprobación pola ONU da Declaración dos Dereitos do Neno, o 20 de novembro de 1959.
- Día da Industrialización de África
- Día da Revolución en México (1910)
- Día da Concienza Negra no Brasil.