Ángel del Castillo
Ángel del Castillo López, nado na Coruña o 24 de xaneiro de 1886 e finado na mesma cidade o 14 de marzo de 1961, foi un historiador e arqueólogo galego, cronista oficial da Coruña. Foi membro de varias academias, fundacións e institucións culturais de diversa índole.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 24 de xaneiro de 1886 A Coruña, España |
Morte | 14 de marzo de 1961 (75 anos) Circunscrición electoral da Coruña, España |
Gobernador civil da provincia de Pontevedra | |
Datos persoais | |
Educación | Universidade de Santiago de Compostela |
Actividade | |
Campo de traballo | Estudo da historia da arte e arqueoloxía |
Ocupación | escritor, historiador da arte, arquitecto |
Membro de | |
Familia | |
Cónxuxe | Obdulia García Cerdido |
Fillos | seis |
Traxectoria
editarFoi un erudito de tardía formación, pois non puido iniciar a formación universitaria até cumpridos os corenta anos. Gran parte da súa vida estivo adicada á docencia, exercéndoa na Escola de Comercio, academias particulares e a Universidade de Santiago de Compostela. En 1905 foi elixido membro adxunto da Real Academia Galega, integrándose coma membro numerario en 1927. En 1924 entrou a formar parte do Seminario de Estudos Galegos.
Militante de Acción Republicana, na República foi nomeado gobernador civil de Pontevedra o 22 de maio de 1932, permanecendo no cargo ata o 14 de setembro de 1933.
A súa achega á defensa, clasificación e preservación do patrimonio artístico galego é de grande importancia, destacando a súa obra Inventario de la riqueza monumental y artística de Galicia[1] (Editorial de los Bibliófilos Gallegos 1972, reeditado en 1987 e en 2008),[2] con introdución e bibliografía de José Filgueira Valverde.
Ademais, escribiu unha novela curta A Dona das Torres, Lénda Galega,[sic] de 21 páxinas, publicada o 22 de agosto de 1925 no número 12 da revista Lar. Trátase dunha lenda ambientada no século XV, con notas históricas e documentais que aumentan o atractivo da narración, transformándoa nun relato pseudohistórico.
Desde 1946 foi o cronista oficial da cidade da Coruña e desde 1951 tamén da provincia homónima.[3]
Predecesor: César Vaamonde Lores |
Cronista Oficial da Coruña 1942 - 1961 |
Sucesor: Juan Naya Pérez |
Recoñecementos
editarFoi nomeado Cabaleiro da Lexión de Honra polo goberno francés en 1934.[4]
Galería de imaxes
editar-
Elección de Eladio Rodríguez como presidente da Real Academia Galega, A Coruña, 20 de novembro de 1926.
-
Fotografía de grupo, de 1928.[5]
Notas
editar- ↑ Castillo, Ángel del (1987) [1972]. Inventario de la riqueza monumental y artística de Galicia (2ª ed.). A Coruña: Fundación Pedro Barrié de la Maza. ISBN 84-85728-62-9.
- ↑ «La Barrié reedita el inventario de patrimonio artístico gallego de Ángel Castillo »
- ↑ Troyano Viedma, José Manuel. "Cronistas oficiales de las comunidades autónomas de Cantabria, Cataluña, Extremadura y Galicia (España)". Real Asociación Española de Cronistas Oficiales (en castelán).
- ↑ El Pueblo Gallego, 28-7-1934, p. 8.
- ↑ Nela aparecen: César Otero, José Berguer, Pardo, Liste Mourenza, Abelaira, Salvador Mosteiro, Manuel Cabanillas, Calviño Domínguez e A. Villar Ponte. Laureano Alonso, Eladio Rodríguez, Pedrayo, Risco, del Castillo e Rafael González.
- ↑ De pé, de esquerda a dereita: Sebastián González, Eladio Rodríguez González, Enrique Peinador, Gonzalo López Abente, Pura González Varela (muller de Lugrís), Celia Brañas Fernández, Otero Pedrayo, David Fernández Diéguez, Ángel del Castillo e Fernando Cortés Bugía. Sentados: Fernando Martínez Morás, Castelao, Manuel Lugrís Freire, Antón Villar Ponte e Félix Estrada Catoyra.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Ángel del Castillo |
Bibliografía
editar- AAVV (2006). Diciopedia do século 21. Do Cumio, Galaxia e do Castro. ISBN 978-84-8288-942-9.
- Castillo, Ángel del (1987) [1972]. Inventario de la riqueza monumental y artística de Galicia (2ª ed.). A Coruña: Fundación Pedro Barrié de la Maza. ISBN 84-85728-62-9.
- Serrallonga i Urquidi, Joan (2007). "El aparato provincial durante la Segunda República. Los gobernadores civiles, 1931-1939" (PDF). Hispania Nova (7): 48. Consultado o 21 de xaneiro de 2013.
- Vilavedra, D., ed. (1995). Diccionario da Literatura Galega. I. Autores. Galaxia. p. 125. ISBN 84-8288-019-5.