Torre de Collserola
Torre de Collserola | |
---|---|
Torre de Collserola | |
Coordenadas | 41°25′02″N 2°06′51″L / 41.417222222222, 2.1141666666667 |
[ editar datos en Wikidata ] |
A Torre de Collserola é unha torre de comunicacións situada no Pico da Vilana, preto do Tibidabo (serra de Collserola), no municipio de Barcelona.
Historia e características
[editar | editar a fonte]Foi construída entre febreiro de 1990 e xullo de 1992 con motivo dos Xogos Olímpicos de Barcelona 1992 e desde aí realízanse a maioría de enlaces audiovisuais da área metropolitana e a provincia. Esta torre de deseño futurista dispón dun miradoiro público no nivel 10 desde onde se divisa a cidade de Barcelona. Ten unha altura de 288,4 metros e foi deseñada polo arquitecto británico Norman Foster e os enxeñeiros de camiños Julio Martínez Calzón e Manuel Julià Vilardell, e construída por Cubiertas y MZOV, S.A..
Como peculiaridade cabe destacar que a Torre de Collserola posúe tamén servizos de cátering para empresas, onde se pode celebrar calquera evento. Dispón dunha sala de recepción e aperitivo, unha sala polivalente onde se poden participar en reunións de negocios ou empresariais e a planta miradoiro ten unha cabida de ata 100 comensais, onde calquera pode deleitarse coas súas vistas cara a Barcelona ou a comarca do Vallès Occidental.
A Torre de Collserola é membro da Federación Mundial de Grandes Torres.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]A Galipedia ten un portal sobre: Barcelona |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Torre de Collserola |