Casa Vicens
(ca) Casa Vicens | ||||
Tipo | casa museo | |||
---|---|---|---|---|
Epónimo | Manuel Vicens i Montaner (en) | |||
Parte de | Obras de Antoni Gaudí list of Modernista buildings in Barcelona (en) | |||
Localización | ||||
División administrativa | Vila de Gràcia, España | |||
Localización | Carrer de les Carolines, 18-24 | |||
| ||||
Características | ||||
Material usado | ladrillo vidrado (pt) | |||
Superficie | 1.200 m² Patrimonio da Humanidade: 0,12 ha zona de protección: 4,23 ha | |||
Parte dun sitio do Patrimonio da Humanidade | ||||
Data | 2005 (29ª Sesión) | |||
Identificador | 320-004 | |||
Ben Cultural de Interese Nacional | ||||
Tipo | Monumentos do patrimonio histórico de España | |||
Data | 24 de xullo de 1969 | |||
Codi BCIN | 52-MH-EN | |||
Codi BIC | RI-51-0003823 | |||
Id. IPAC | 56 | |||
Id. Barcelona | 2545 | |||
Ben de interese cultural | ||||
Identificador | RI-51-0003823 | |||
Historia | ||||
Cronoloxía | ||||
1883-1885 | construción | |||
1925 | ampliación | |||
Páxina web | casavicens.org… | |||
A Casa Vicens é unha vivenda unifamiliar deseñada polo arquitecto Antoni Gaudí e construída por Manuel Vicens entre os anos 1883 e 1888. Foi o primeiro deseño de Gaudí, considerado tamén a súa primeira realización arquitectónica, e está situada na Carrer de les Carolines, 18-24, no Barrio de Gràcia da Barcelona.
No tempo da súa construción a Casa tiña un amplo xardín, unha fonte e unha glorieta, pero agora debido ao ensanchamento da rúa atópase encaixoada por outras edificacións. Este temperán proxecto amosa moitas influencias, sendo a máis notabel a Mudéxar, moi evidente na parte alta da casa onde as torres lembran os miraretes dos templos musulmáns. A obra está construída de pedra espida, ladrillos vermellos, tellas coloreadas, e reixas e celosías de ferro forxado, nas que os motivos principais son as flores de palmito e xirasol. Ao ser un dos seus primeiros proxectos, aínda non aparecen nel as liñas curvas tan típicas e coñecidas da arquitectura gaudiniana, senón que a liña recta é predominante en todo o edificio. Os ladrillos e as tellas viñan da fábrica de cerámica da que era dono Manuel Vicens, empresario que tivo algunhas dificultades económicas durante a construción e por iso o remate se prolongou un pouco máis do acordado.
Esta primeira obra de Gaudí non só amosa a relación entre a natureza e a arquitectura, senón que, debido ao momento no que foi feita, supón unha referencia para os vindeiros arquitectos modernistas cataláns e unha gran contribución para o estilo internacional que máis tarde se coñecería como Art Nouveau.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]A Galipedia ten un portal sobre: Barcelona |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]