Parc Güell
Obras de Antoni Gaudí | |
---|---|
Parque Güell | |
Patrimonio da Humanidade - UNESCO | |
País | |
Localización | Coordenadas: 41°24′49″N 2°09′10″L / 41.413611111111, 2.1527777777778 |
Tipo | Cultural |
Criterios | I, II, IV |
Inscrición | 1984 (rev. 2005) |
Rexión da UNESCO | Europa e América do Norte |
Identificador | 320-001 |
O Parc Güell (en galego: Parque Güell) é un parque público con xardíns e elementos arquitectónicos situado na parte superior da cidade de Barcelona, en Cataluña.
É o resultado actual dunha infrutuosa operación urbanística que tentaba crear unha cidade xardín ao estilo inglés de acordo coas tendencias do momento que procuraban o contacto coa natureza. Foi deseñado por Antoni Gaudí, máximo expoñente do modernismo catalán, por encargo do empresario Eusebi Güell.
Historia
[editar | editar a fonte]O proceso iniciouse no 1899 coa compra dos terreos de Can Montaner por parte do financeiro Eusebi Güell, e un ano máis tarde coa encarga do estudo desta iniciativa a Antoni Gaudí, seguindo no 1902 coa compra dunha segunda parcela, propiedade de Ramón Coll i Pujol.
A construción do parque tivo lugar entre os anos 1901 e 1904, ocupando unha superficie dunhas 15 hectáreas de terreo aproximadamente e nunha localización situada entre 150 m. e 200 m. de altitude cunha topografía moi accidentada. Adquirido polo Concello de Barcelona foi convertido en parque público o 1922, declarado de interese artístico no 1969 e patrimonio mundial por parte da UNESCO o ano 1984.
Características
[editar | editar a fonte]O parque Güell é o proxecto de zona residencial impulsado polo mecenas e grande amigo de Gaudí, Eusebi Güell. Seguindo o modelo das cidades-xardín, de moda en Gran Bretaña, constrúen os equipamentos e zonas verdes de sesenta vivendas que nunca se levaron a cabo.
En honor á paixón de Güell pola mitoloxía, Gaudí deseñou aquel contorno como unha nova Delfos grega. Así, a gran praza descuberta, destinada a ser o centro da vida social emula un teatro grego. A súa forma vén definida por unha varanda-banco que se curva en innumerables lugares e que permite, segundo a persoa, sentar na zona cóncava ou convexa, estando só ou en grupo.
Gaudí, no seu profundo respecto pola natureza, negouse a aplanar o terreo daquela leira árida e pedregosa, e someteu a súa arquitectura ós ditados da paisaxe para trazar tres quilómetros de paseos e viadutos.
A meticulosidade de Gaudí en tódolos detalles era tal que tivo en conta a acústica: os viadutos recubertos de materiais irregulares, situados xunto á zona residencial, absorberían o ruído das carruaxes; en cambio, a sala hipóstila, foco de vida social, está revestida de materiais duros, como o trencadís, onde se reflicte o son e produce un efecto de eco.
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]-
Vista de Barcelona desde o Calvario.
-
Teatro grego.
-
Banco.
-
Pórtico da Lavandeira.
-
Novo tramo do Pórtico da Lavandeira.
-
Escultura da Lavandeira.
-
Segunda fonte da escalinata.
-
Terceira fonte da escalinata.
-
Viaduto do Museo.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Parc Güell |
A Galipedia ten un portal sobre: Barcelona |