Saltar ao contido

Tetuán, Madrid

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaTetuán, Madrid
Imaxe

Localización
Editar o valor en Wikidata Mapa
 40°27′38″N 3°42′00″O / 40.46056, -3.7
EstadoEspaña
Comunidade autónomaComunidade de Madrid
ConcelloMadrid Editar o valor en Wikidata
Contén a división administrativa
Poboación
Poboación160.002 (2023) Editar o valor en Wikidata (29.769,34 hab./km²)
Xeografía
Superficie5,3747252500625 km² Editar o valor en Wikidata
Comparte fronteira con
Creación1955 Editar o valor en Wikidata
Organización política
Órgano executivoXunta Municipal do Distrito de Tetuán Editar o valor en Wikidata
• Concelleira presidenta Editar o valor en WikidataPaula Gómez-Angulo Amorós (2023–) Editar o valor en Wikidata
Identificador descritivo
Código postal28029, 28046, 28020, 28003, 28040 e 28039 Editar o valor en Wikidata

Sitio webmadrid.es… Editar o valor en Wikidata
BNE: XX451615

Tetuán[1] é un distrito da cidade de Madrid situado no centro da cidade.

Limita polo norte co distrito de Fuencarral-El Pardo, polo leste co distrito de Chamartín, polo sur co distrito de Chamberí, polo oeste co distrito de Moncloa-Aravaca. Ten unha superficie 5,37 km² e unha poboación de 160.002 habitantes no ano 2023.[2] En 1955 coa reorganización da división administrativa dos distritos, incluíronse ao distrito de Tetuán xunto cos outros 11 distritos que lle dividiron.[3]

Datos históricos

[editar | editar a fonte]

O seu núcleo inicial situado na glorieta de Cuatro Caminos, encrucillada en que as Roldas de 1860 - actuais rúas de Reina Victoria e Raimundo Fernández Villaverde- viñan cortar a Estrada de Francia, hoxe Bravo Murillo. Contorna a este cruzamento e ao fielato alí construído, foron xurdindo modestas vivendas de pequenos artesáns e hortelanos procedentes da serra. Da glorieta partían as dilixencias que unían Madrid coa fronteira francesa e algo máis tarde os tranvías que levaban ao centro urbano e aos pobos da periferia. En 1860 tras o triunfo español na guerra de África xurdiu outro núcleo de poboación bautizado co sonoro nome de Tetuán de las Vitorias, porque segundo algúns autores nel abundaban os soldados e comerciantes repatriados por aquelas datas do territorio marroquí.

A apertura da liña de metro Progreso - Cuatro Caminos en 1919, ampliada ata Tetuán un decenio máis tarde, impulsou o desenvolvemento do distrito que aos poucos foi quedando incorporado ao tecido urbano.

Nos anos vinte levantáronse en Cuatro Caminos os edificios xemelgos coñecidos popularmente como "Los Titanic", proxectados por Casto Fernández Shaw, a glorieta foi perdendo aos poucos o seu aire suburbial. A existencia de numerosos merenderos na zona, da Praza de Toros - destruída durante a Guerra Civil- e do campo de fútbol do Metropolitano, contribuía a crear un ambiente de gran animación os días festivos. Na folga de 1917 os enfrontamentos entre os veciños do distrito e os representantes da autoridade foron sanguentos. O cinema Europa, un dos de maior capacidade de Madrid, construído por Gutiérrez Soto foi escenario de mitins multitudinarios e a igrexa de San Francisco de Sales, serviu de cuartel ao Quinto Rexemento, durante a Guerra Civil.

Os anos transcorridos han cambiado a fisonomía do distrito: un eixo comercial apoiado en Bravo Murillo ata a Praza de Castilla; un barrio de modernos edificios residenciais e centros comerciais xorde contorna a Raimundo Fernández Villaverde, cara ao Leste e ao redor de Reina Victoria cara ao Oeste; Cuatro Caminos é na actualidade o punto de confluencia de varias liñas de metro e moitas liñas de autobuses que serven aos distintos barrios dormitorio da periferia (Peñagrande, Barrio de El Pilar, Villamil, Mirasierra, etc.)[4]

Este distrito está dividido en seis barrios:[5]

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Referencias

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]