Hortaleza
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | España | ||||
Comunidade autónoma | Comunidade de Madrid | ||||
Concello | Madrid | ||||
Contén a división administrativa | |||||
Poboación | |||||
Poboación | 198.391 (2023) (7.235,33 hab./km²) | ||||
Xeografía | |||||
Superficie | 27,419762496282 km² | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Creación | 2 de setembro de 1949 | ||||
Organización política | |||||
Órgano executivo | Xunta Municipal do Distrito de Hortaleza | ||||
• Concelleiro presidente | David Pérez García (2023–) | ||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 28050, 28055, 28042, 28033 e 28043 | ||||
Sitio web | madrid.es… | ||||
Hortaleza[1] é un distrito da cidade de Madrid situado no nordés da cidade.
Limita polo norte co concello de Alcobendas, polo leste co distrito de Barajas, polo sur co distrito de San Blas-Canillejas, polo oeste cos distritos de Ciudad Lineal e Fuencarral-El Pardo. Ten unha superficie de 27,42 km² e contaba con 198.391 habitantes no ano 2023.[2] Anexionáronse ao municipio de Madrid en 1949.[3]
Datos históricos
[editar | editar a fonte]Ocupa o extremo norte do concello. Comprende terreos dos antigos concellos de Canillas e Hortaleza.
A súa gran superficie está ocupada, en menos dunha terceira parte, por usos urbanos se que organizan en torno ao crecemento, apoiado nos antigos pobos rurais e nos seus primitivos camiños de acceso.
Antes da Guerra Civil, o único desenvolvemento na zona, propiamente urbano, foi o da Ciudad Lineal, que deu lugar ao Barrio de Portugalete.
Despois do Plan de Estabilización de 1959, nos anos setenta, desenvolvéronse na zona algunhas realizacións debidas á iniciativa oficial: poboados dirixidos, de absorción e unidades veciñais de absorción (U.V.A.) que tiveron un papel importante na colonización da periferia, inducindo a acción da iniciativa privada, que inicia un importante número de promocións de moi diversos niveis económicos, crecentes co tempo.
Finalmente, contorna a 1970 este proceso permite a construción de urbanizacións de maior nivel (El Bosque, La Piovera, Conde Orgaz, etc.) que dan como resultado unha área desordenada con barrios de moi diferentes características e densidades, faltos de coordinación entre si.[4]
Barrios
[editar | editar a fonte]Este distrito está dividido en seis barrios:[5]
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Referencias
[editar | editar a fonte]- ↑ "Distrito de Hortaleza (Madrid)".
- ↑ "Características xerais do distrito de Hortaleza".
- ↑ "DECRETO de 22 de julio dé 1949 por el que se dispone la anexión a Madrid del término municipal de Hortaleza" (PDF) (en castelán). 2 de setembro de 1949.
- ↑ "Datos históricos do distrito de Hortaleza".
- ↑ "Mapa Distrito 16 - Hortaleza" (PDF). xuño de 2022.
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Montero Alonso, José; Azorín García, Francisco; Montero Padilla, José (1997). Diccionario de Madrid (en castelán). Madrid: Rubiños. p. 512. ISBN 9788480410946.
- Martínez Canales, Francisco (2018). LA CREACIÓN DEL GRAN MADRID. ANEXIÓN DE MUNICIPIOS LIMÍTROFES (en castelán). Madrid: Rubiños. p. 251. ISBN 9788494047374.
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Hortaleza |