Saltar ao contido

Teresa Vicente

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaTeresa Vicente
Biografía
Nacemento1962 Editar o valor en Wikidata (62/63 anos)
Lorca, España Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade de Murcia - doutoramento en Dereito (valor descoñecido–1992)
Universidade de Murcia - licenciatura en Dereito (1981–valor descoñecido) Editar o valor en Wikidata
Director de teseMariano Hurtado Bautista Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónavogada (1987–1994), profesora de dereito Editar o valor en Wikidata
EmpregadorUniversidade de Murcia, Profesor titular de universidade (2011–)
Universidade de Murcia, Profesor titular de escola universitaria (1999–2011) Editar o valor en Wikidata
Premios

BNE: XX1058790 Dialnet: 51912

María Teresa Vicente Giménez, nada en Lorca en 1962, é unha académica española. É profesora titular de Filosofía do Dereito e directora da cátedra de dereitos humanos e dereitos da natureza da Universidade de Murcia.[1]

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Logo de exercer a avogacía dende 1987 até 1994, as súas investigacións e publicacións académicas centráronse na xustiza ecolóxica, os dereitos sociais, o feminismo xurídico e os dereitos da infancia.[2]

Dende o ano 2019 promoveu, xunto a un grupo de xuristas, científicos e activistas, a iniciativa lexislativa popular para que se recoñeza a personalidade xurídica do Mar Menor da Rexión de Murcia e darlle á lagoa dereitos propios.[3] Esta iniciativa acadou en outubro de 2021 o medio millón de sinaturas preciso para que a súa proposición de lei fose debatida no Congreso dos Deputados.[4]

En 2023 recibiu a Medalla de Honra do Voluntariado do Consello de Europa.[5] En 2024 foi gañadora por Europa do Premio Medioambiental Goldman.[6]

Publicacións salientables

[editar | editar a fonte]
  • Justicia y derecho ambiental: para un modelo de la justicia ecológica. Universidade de Murcia. 1995
  • La exigibilidad de los derechos sociales. Editorial Tirant lo Blanch. 2006
  • Coordinación de Los derechos de los niños, responsabilidad de todos. Publicaciones Universidad de Murcia. 2007
  • Edición de Justicia ecológica en la era del Antropoceno. Editorial Trotta. 2016
  • Justicia ecológica y derechos de la naturaleza. Editorial Tirant. 2023