Portal:Feminismo
Artigo destacado
Femen (en ucraíno: Фемен), estilizado como FEMEN, é un grupo activista franco-ucraíno de feminismo radical que loita para protexer os dereitos da muller. A organización fíxose internacionalmente coñecida por realizar protestas controvertidas espidas contra o turismo sexual, as institucións relixiosas, o sexismo, a homofobia e outros temas sociais. Fundado en Ucraína, o grupo ten a súa sede en París.
A organización descríbese a si mesma como "loitadora contra o patriarcado e as súas tres manifestacións - a escravitude sexual das mulleres, as ditaduras e a relixión" e declarou que o seu obxectivo é o "sextremismo a prol de protexer os dereitos das mulleres". As activistas de Femen teñen sido detidas pola policía por mor das súas protestas. Imaxe destacada
Sabías que...?
Categorías
Biografía destacada
Andrea Dworkin, nada en Camden, Nova Jersey, o 26 de setembro de 1946 e finada en Washington, D.C. o 9 de abril de 2005, foi unha ensaísta estadounidense, teórica do feminismo radical. Foi coñecida sobre todo pola súa crítica da pornografía, que comparou coa violación e outras formas de violencia contra as mulleres.
Militante antibelicista e achegada ao anarquismo de fins dos anos 1960, Dworkin escribiu máis dunha decena de libros sobre a teoría e a práctica do feminismo radical. A finais dos anos 1970 e 1980, gañou sona nacional como portavoz do movemento feminista antipornografía e polos seus escritos sobre pornografía e sexualidade, particularmente polos libros Pornography: Men Possessing Women (1979) e Intercourse (1987), as súas dúas obras máis coñecidas. A súa personalidade e as súas posicións categóricas sobre a sexualidade e a pornografía foron admiradas e aplaudidas por numerosas feministas, así como tamén foron o punto de mira de críticas, sobre todo por parte de feministas liberais. Cita destacada
Artigos de calidade e bos
Proxectos relacionados
Portais relacionados
Proxectos irmáns
|