Saltar ao contido

Slow food

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Logotipo do concepto de slow food nun Restaurante de Santorini.

O Slow Food é a tradución literal do inglés Comida lenta e identifica un movemento gastronómico fundado polo cociñeiro italiano Carlo Petrini en 1986 que propón un sistema de alimentación enfocado ao sabor e ao pracer.

Slow Food foi fundada por Carlo Petrini no 1986, converténdose no 1989 nunha asociación internacional sen ánimo de lucro. Actualmente conta con 83.000 membros, con sedes (por orde de nacemento) en Italia, Alemaña, Suíza, Estados Unidos, Francia, Xapón ou Reino Unido, e asociados en 122 países.

Ideoloxía

[editar | editar a fonte]

O principio básico do movemento é o dereito ao pracer da alimentación. Incita á preparación de alimentos utilizando produtos artesanais de calidade, producidos de forma sustentable para o medio ambiente e de forma xusta. Este movemento oponse á tendencia de uniformación do alimento no Mundo, e defende a necesidade de que os consumidores estean ben informados da súa elaboración e a transparencia dos seus ingredientes. Sosteñen que Comer é fundamental para vivir. A forma como nos alimentamos ten profunda influencia no que nos rodea (na paisaxe, na biodiversidade da terra e nas súas tradicións. Para un gastrónomo é importante coñecer as relacións entre o prato e o planeta. Alén diso, este movemento defende a importancia de mellorar a calidade da nosa alimentación e tomar tempo para saboreala, sendo esta unha forma sinxela de tornar ao noso de acotío máis pracenteiro.

Pautas do movemento

[editar | editar a fonte]
  • Defensa da biodiversidade

Preténdese gozar de excelentes alimentos e bebidas dun modo xeneralizado, esforzándose en protexer os diversos grans, vexetais, froitas e produtos animais tradicionais que están a desaparecer deixando paso aos alimentos producidos por agro-negocios. Slow Food pretende protexer o patrimonio culinario, para o que creou unha fundación para a conservación da biodiversidade.

  • Educación do sabor

Slow Food axuda ás persoas a redescubrir o pracer de se alimentar e comprender a importancia de coñecer de onde procede a comida, quen a fai e como se elabora.

Slow Food organiza feiras, mercados e eventos locais e internacionais onde os consumidores poden atopar os produtores, alén de probar alimentos de excelente calidade.

Correntes de oposición

[editar | editar a fonte]

Os críticos coa organización alegan que este é un movemento elitista, en canto que descarta maneiras alternativas baratas de preparar os alimentos. Ante estas opinións, Slow Food alega que traballa a prol da produción e consumo locais, que no final tornaríanse máis baratos por depender menos do transporte e das tecnoloxías e produtos químicos para a conservación dos alimentos.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Artigos de interese

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]