Provincia de Chanthaburi
จังหวัดจันทบุรี (th) ![]() | |||||
Lema | «น้ำตกลือเลื่อง เมืองผลไม้ พริกไทยพันธุ์ดี อัญมณีมากเหลือ เสื่อจันทบูร สมบูรณ์ธรรมชาติ สมเด็จพระเจ้าตากสินมหาราช รวมญาติกู้ชาติที่จันทบุรี» ![]() | ||||
---|---|---|---|---|---|
Localización | |||||
| |||||
Monarquía constitucional | Tailandia ![]() | ||||
Capital | Chanthaburi ![]() | ||||
Contén a división administrativa | Kaeng Hang Maeo (en) ![]() Khao Khitchakut (en) ![]() Khlung (en) ![]() Laem Sing (en) ![]() Makham (en) ![]() Mueang Chanthaburi (en) ![]() Na Yai Am (en) ![]() Pong Nam Ron (en) ![]() Soi Dao (en) ![]() Tha Mai (en) ![]() ![]() | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 535.559 (2020) ![]() | ||||
Lingua usada | Dialeto khmer setentrional (pt) ![]() Chong (en) ![]() ![]() | ||||
Xeografía | |||||
Superficie | 6.338 km² ![]() | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 22 ![]() | ||||
ISO 3166-2 | TH-22 ![]() | ||||
Sitio web | chanthaburi.go.th ![]() |
Chanthaburi (en tailandés: จันทบุรี) é unha provincia do leste da Tailandia. A súa capital é a cidade de Chanthaburi.
Limita coas provincias tailandesas de Trat, Rayong, Chonburi, Chachoengsao e Sa Kaeo; ao leste ten fronteira con Camboxa coas provincias Battambang e Pailin e ao suroeste ten o golfo de Tailandia. Etimoloxicamente o nome provén do sánscrito chandra (lúa) e puri (cidade), significando a Cidade da lúa.
Xeografía
[editar | editar a fonte]Se ben a zona sur da provincia está situada na costa do Golfo de Tailandia e está constituída por chairas aluviais costeiras, o interior da provincia é bastante montañoso. Nas montañas Cardamom no norte chégase á maior altitude da provincia, 1.556 metros de altura pico Soi Dao Nua. O principal río é o Chantaburi.
Xunto coa veciña provincia Trat, Chanthaburi é un centro tailandés na extracción de pedras preciosas, especialmente rubís e zafiros. As froitas tropicais tamén constitúen un produto importante da provincia.
Historia
[editar | editar a fonte]Tras a crise de Paknam en 1893, tropas coloniais francesas ocuparon Chanthaburi, regresando en 1905, cando Tailandia abandonou a propiedade da parte occidental de Camboxa. Unha minoría significativa dos habitantes son vietnamitas, que chegaron principalmente en tres momentos históricos: o primeiro tivo lugar no século XIX durante a persecución contra os católicos na Cochinchina e a conseguinte intervención franco-española; o segundo produciuse entre os anos 1920 a 1940, cando os vietnamitas fuxían da Indochina Francesa, e o terceiro foi despois da vitoria comunista no Vietnam en 1975. Tanta presenza de fuxidos católicos levou a que en 1944 se estabelecera a Diocese de Chanthaburi na capital.
Símbolos
[editar | editar a fonte]
O emblema provincial representa a lúa rodeada dunha aura. No interior do disco da lúa atópase un coello (na tradición tailandesa as áreas escuras da Lúa represéntanse coa forma deste animal). O selo simboliza a paz e a tranquilidade da provincia. A lúa tamén se encontra no nome da provincia: Cidade da Lúa. A bandeira tamén mostra no centro un coello branco sobre a lúa en ton marelo. O fondo da bandeira é de cor vermella, co nome da provincia escrito en amarelo. A árbore provincial é a diospyros decandra, e a flor unha orquídea.
Distritos
[editar | editar a fonte]
A provincia está subdividida en 9 distritos (amphoes) e 1 subdistrito (king amphoe). Os distritos e o subdistrito son á súa vez divididos en 76 comunas (tambons) e estas en 690 poboados (moobans). (muban).
Amphoe | King Amphoe | |
---|---|---|