Provincia de Bueng Kan
จังหวัดบึงกาฬ (th) ![]() | |||||
Lema | «ภูทอกแหล่งพระธรรม ค่าล้ำยางพารา งามตาแก่งอาฮง บึงโขงหลงเพลินใจ น้ำตกใสเจ็ดสี ประเพณีแข่งเรือ เหนือสุดแดนอีสาน นมัสการหลวงพ่อใหญ่ ศูนย์รวมใจศาลสองนาง» ![]() | ||||
---|---|---|---|---|---|
Epónimo | Mueang Bueng Kan (en) ![]() ![]() | ||||
Localización | |||||
| |||||
Monarquía constitucional | Tailandia ![]() | ||||
Capital | Bueng Kan ![]() | ||||
Contén a división administrativa | Bueng Khong Long (en) ![]() Bung Khla (en) ![]() Mueang Bueng Kan (en) ![]() Pak Khat (en) ![]() Phon Charoen (en) ![]() Seka (en) ![]() Si Wilai (en) ![]() So Phisai (en) ![]() ![]() | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 418.566 (2014) ![]() | ||||
Lingua usada | Língua nyah kur (pt) ![]() Phuan (en) ![]() Nyaw (en) ![]() ![]() | ||||
Xeografía | |||||
Superficie | 4.305 km² ![]() | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Creación | 23 de marzo de 2011 ![]() | ||||
Organización política | |||||
• Xefe do goberno | Chalothon Phakote (en) ![]() ![]() | ||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 38 ![]() | ||||
ISO 3166-2 | TH-38 ![]() | ||||
Sitio web | buengkhan.go.th ![]() |
Bueng Kan (en tai บึงกาฬ) é a 76ª provincia (changwat) da Tailandia, situada na Rexión Nordeste, en funcionamento desde o 23 de marzo de 2011. A provincia formouse a partir de distritos (amphoe) provenientes da Provincia Nong Khai. A súa capital é Bueng Kan.
Achantada no nordeste de Isan, limita polo norte e leste con Laos, co río Mekong. As provincias tailandesas coas que limita, de leste a oeste, son Nakhon Phanom, Sakon Nakhon, Udon Thani e Nong Khai
No distrito Bung Khla atópase o Santuario Phu Wua, protexendo un monte arborado a carón do río Mekong.
Historia
[editar | editar a fonte]En 1994, Sumet Phromphanhao, deputado na cámara baixa tailandesa da Provincia Nong Khai, propuxo a provincia de Bueng Kan composta polos amphoes de Bueng Kan, Seka, So Phisai, Bung Khla, Bueng Khong Long, Pak Khat, Phon Charoen e Si Wilai, todos amphoes da Provincia Nong Kha. Se se crease, a provincia tería 4.305 km2, cunha poboación duns 390.000 habitantes. Mais o Ministro de Interior non veu apropiado a creación dunha nova provincia e non prosperou a iniciativa no Consello de Ministros.
A proposta estivo no esquecemento durante até 2010, cando o Ministro de Interior a propuxo no Consello de Ministros. O 3 de agosto de 2010 o Consello resolveu presentar a proposta á Asemblea Nacional, citando como razóns principais o número axeitado de distritos e de poboación como o carácter especial da provincia, así como tamén que na provincia Nong Khai á beira do Mekong, era dificultoso o mantemento dunha seguridade axeitada por toda a extensa fronteira.
O 7 de febreiro de 2011 a Asemblea Nacional aprobou a proposición. O Primeiro Ministro Abhisit Vejjajiva presentoulla a Bhumibol Adulyadej quen a asinou o 11 de marzo de 2011. Publicouse na Diario Oficial o 22 de marzo de 2011 e entrou en efecto ao día seguinte.
Distritos
[editar | editar a fonte]A provincia subdivídese en oito distritos (amphoe):