Planta carnívora
Aparencia
Unha planta carnívora é calquera vexetal capaz de capturar presas e de asimilalas total ou parcialmente para satisfacer ás súas propias necesidades nutricionais, moitas veces de nitróxeno. Existen máis de 600 especies de plantas carnívoras coñecidas ata hoxe.
Medio natural
[editar | editar a fonte]Se ben un gran número de especies de plantas carnívoras se sitúa nas rexións tropicais, porén pódense atopar especies en case todas as latitudes. As plantas carnívoras que son capaces de capturar e de dixerir as presas distínguense do resto dos vexetais superiores.