Biblioteca Nacional Central de Florencia
Biblioteca Nacional Central de Florencia | |
---|---|
Acrónimo | BNCF |
Tipo | biblioteca pública estadual, United Nations Depository Library e biblioteca nacional |
Data de fundación | 1747 |
Director/a | Carla Guiducci Bonanni, Antonia Ida Fontana, Maria Letizia Sebastiani e Luca Bellingeri |
Organización matriz | Ministerio de Bens e das Actividades Culturais e do Turismo |
Localización | |
Enderezo | Piazza Cavalleggeri 1 - 50122 Firenze e Piazza Cavalleggeri 1, 50122 Firenze |
En | Florencia |
País | Italia |
43°46′01″N 11°15′44″L / 43.7670813, 11.2623479 | |
Na rede | |
https://www.bncf.firenze.sbn.it/ | |
[ editar datos en Wikidata ] |
A Biblioteca Nacional Central de Florencia (en italiano Biblioteca Nazionale Centrale dei Firenze) é unha biblioteca pública nacional e unha das dúas bibliotecas centrais de Italia, xunto coa Biblioteca Nacional Central de Roma. Atópase en Florencia.
Historia
[editar | editar a fonte]A biblioteca foi fundada en 1714 cando Antonio Magliabecchi, un famoso erudito italiano, legou a súa colección completa de libros, que comprende aproximadamente 30.000 volumes, á cidade de Florencia. Dende 1743 requírese que unha copia de cada obra publicada na Toscana sexa cedida á biblioteca. Orixinalmente coñecida como a Magliabechiana, a biblioteca abriuse ao público en 1747. As súas propiedades combínanse coas da Biblioteca Palatina, en 1861, e en 1885, a biblioteca foi rebautizada como Biblioteca Nacional Central de Florencia, ou BNCF. Desde 1870, a biblioteca recolleu as copias de todas as publicacións italianas.
Desde 1935, as coleccións están aloxadas nun edificio deseñado por César Bazzaniu e Vincenzo Mazzei, situado ó longo do río Arno de Santa Cruz. Antes disto, atopábanse en varias salas da Galería dos Uffizi.O Sistema Nacional de Bibliotecas (SBN), situado no BNCF, é responsable da automatización dos servizos de biblioteca e da indexación das explotacións nacionais.
O seu fondo bibliográfico consta de máis de cinco millóns de volumes, entre manuscritos, incunables, mapas xeográficos, partituras musicais e documentos autógrafos.[1]
Lamentablemente, unha gran inundación do río Arno en 1966 danou case un terzo dos fondos da biblioteca, en especial, as súas publicacións periódicas e coleccións Magliabechi e Palatino. O Centro de Restauración estableceuse posteriormente, ó que se atribúe a recuperación de moitos obxectos de valor incalculable. Con todo, aínda queda moito traballo por facer, e algúns artigos perdéronse definitivamente.
Xoias bibliográficas
[editar | editar a fonte]- O manuscrito Sidereus Nuncius, de Galileo.[2]
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]-
Cúpula da tribuna.
-
Fachada da biblioteca en 2008
-
Manuscritos da Biblioteca sendo lavados e secados na sala de caldeiras da estación de tren de Florencia, despois da inundación de novembro de 1966.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "florencia.es". Consultado o 23 de novembro de 2012.
- ↑ «elmundo.es»
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Biblioteca Nacional Central de Florencia |