Pedro de Salerno
Aparencia
Biografía | |
---|---|
Nacemento | século IX Italia |
Morte | 856 |
Outro | |
Título | Prince of Salerno (en) (853–853) |
Fillos | Ademaro de Salerno |
Pedro de Salerno (m. 853) foi un príncipe longobardo de Salerno no 853.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Titor e rexente do príncipe de Salerno Sicón II, que sucedera ao seu pai cando era aínda menor de idade, levou a rexencia do 851 ao 853, cando usurpou o trono e destituíu a Sicón, que se refuxiou no norte de Italia. A toma do poder foille confirmada en decembro do 853 polo emperador Lois II, pero Pedro morreu antes do fin dese ano. Deixou o principado ao seu fillo Ademaro.