Ademaro de Salerno
Biografía | |
---|---|
Nacemento | século IX Geographical region of Italy (en) |
Morte | 861 |
Outro | |
Título | Prince of Salerno (en) (853–861) |
Pai | Pedro de Salerno |
Ademaro de Salerno foi o príncipe longobardo de Salerno, fillo e sucesor do príncipe Pedro de Salerno, quen a principios do 853 lle usurpara o trono ao menor de idade Sicón II, do cal era rexente.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Ademaro foi un soberano moi impopular e os territorios do seu principado, e mesmo a súa autoridade, se viron notabelmente reducidos polas presións independentistas do Principado de Capua. No 858 obrigárono a pedir a intervención de Guido I de Spoleto, que obtivo a cambio o val do río Liri. No 861 unha revolta popular guiada por Gaiferos, da estirpe dos Dauféridas (isto é, fillos de Dauferio Balbo), derrocou a Ademaro do trono e mandouno á cadea. Durante a súa reclusión sometérono a tortura e cegárono. Gaiferos foi escollido como príncipe no seu posto, instaurando a dinastía dos Dauféridas no trono de Salerno.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Catholic Encyclopedia. (en inglés) Encyclopedia Press, 1917.
- Nicola Cilento, «ADEMARIO (Ademaro)», en Dizionario Biografico degli Italiani, Istituto dell'Enciclopedia italiana Treccani (on line)